Francés

INFORMACIÓN SOBRE O 'DELF SCOLAIRE' EN GALICIA [CURSO 2016/2017]

Nesta ligazón podes consultar a circular publicada pola Consellería de Educación para informar sobre a obtención do Diploma de estudos en lingua francesa –DELF escolar. Estes diplomas son expedidos polo Ministerio de Educación de Francia, teñen recoñecemento internacional e validez indefinida. O nivel B1 é obrigatorio en España para obter o grao universitario. Poderán presentarse ás probas todos aqueles alumnos e alumnas que cursen estudos en centros públicos de ensino secundario de Galicia e que estuden a materia de francés.

PREMIOS XORNADAS GASTRONÓMICAS FRANCESAS 2016

Os gañadores das Xornadas Gastronómicas Francesas deste curso foron:

GALERÍA DE FOTOS DAS "XORNADAS GASTRONÓMICAS FRANCESAS"

E así transcorreron as "Xornadas Gastronómicas Francesas 2016":

NOVAS SOBRE "AS XORNADAS GASTRONÓMICAS FRANCESAS"

XORNADAS GASTRONÓMICAS FRANCESAS

O venres 15 de abril desenvolveranse na Biblioteca e no corredor as Xornadas Gastronómicas Francesas. Dende as 12:25 e até as 12:55 poderemos degustar no corredor todos os pratos elaborados; non as perdades, haberá moitos e variados pratos!

DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Visita do alumnado francés

No mes de maio un grupo formado por 49 estudantes de secundaria, acompañados de catro profesores, procedentes de Quimper na Bretaña francesa visitaron o noso centro e participaron ao longo dunha mañá en diversas actividades comunicativas cos grupos de 2º, 3º e 4 de ESO. Previamente e, ao longo dos últimos meses, houbo unha correspondencia entre o noso instituto e o colexio de l`Aulne.

O sábado 9 de maio un grupo de alumnas do IES do Milladoiro axudaron aos seus compañeiros bretóns á resolución de dez enigmas no casco histórico de Santiago.

Xornadas Gastronómicas Francesas


Día: 16 de abril

Hora: 11.30-12 horas

Lugar: Biblioteca e corredor

No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro.

Desenvolvemento da actividade:

1.- Os alumnos e alumnas deberán escoller unha receita en francés; as receitas serán facilitadas xunto coa súa correspondente tradución (para o alumnado ou profesorado que o precise)

2.- A receita será posta en práctica na casa o día anterior, é dicir, o 15 de abril, en grupos de dúas a tres persoas. Excepcionalmente os grupos poderán estar formados por máis persoas e admítese a participación individual.

3.- O día 16 de abril encargarémonos de colocar os pratos na biblioteca á primeira hora da mañá para seren expostos e valorados polo Xurado.

Teatro para o alumnado de francés:¨Le Fantôme de l'Opéra¨ en Santiago

Actividades Extraescolares - Departamento de Francés

Distribuir contido