Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Día de Rosalía 2024

Rosalía de CastroPreme para ver máis imaxes

26/02/2024

Co gallo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI do Feal celebrou un concurso de lettering no que podía participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO. Hoxe recolleron os premios as gañadoras e os gañadores:

  • Antía Paniagua Martínez (6º de EP B)
  • Aitana Montero Vilasuso (6º de EP B)
  • Iván Díaz Funcasta (2º de ESO B)
  • Sofía Martínez Miragaya (2º de ESO C)
  • Manuel Freire Cagiao (4º de ESO B)
  • Naomi Jhubicsa Pérez Suárez (4º de ESO C)

Por outra parte, o noso alumnado de Infantil e Primaria dedicoulle unha flor a Rosalía no día do seu nacemento.

Tedes fotos de todo isto no álbum "Día de Rosalía 2024" da nosa Galería.

Que viva Rosalía!

Día da Candelaria 2024

Candelaria 2024

03/02/2024

O EDLG, para celebrar o día da Candelaria, convidou a todo o alumnado de quinto e sexto de Primaria e todos os grupos da ESO a participar na escrita dunha carta de agradecemento, amizade, amor ou gratitude para calquera persoa do centro. A Candelaria é unha tradición pagá moi antiga que marcaba o comezo dunha nova etapa do ano. Hoxe en día dise que o 2 de febreiro casan os paxariños.

Aprendendo a arte da regueifa

Regueifa - 2/2/2024

03/02/2024

O pasado venres, o alumnado de terceiro da ESO aprendeu a arte da regueifa con Lupe Blanco, grazas ao SNLG do Concello de Narón en colaboración co EDLG do CPI do Feal.

Calendario 2024 e postal de Nadal

Calendario do Feal 2023Preme para ver o calendario completo

19/12/2023

O noso calendario de 2024 está dedicado a actrices galegas.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Secundaria:

Hai Yue Liu
1º de ESO A Xaneiro
Pablo Feáns Galdo
1º de ESO B Febreiro
Martín Meizoso González 1º de ESO C Marzo
Carmela García López
1º de ESO D Abril
Icía Fernández Páez
2º de ESO A Maio
Iván Díaz Funcasta
2º de ESO B Xuño
Sofía Martínez Miragaya
2º de ESO C Xullo
Daniel Santos Lago
3º de ESO A Agosto
Tania López Pazos
3º de ESO B Setembro
Tania Pérez Franco
4º de ESO A Outubro
Lucía Pereira Pena
4º de ESO B Novembro
Leontine Diatta Diatta
4º de ESO C Decembro

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Lucía Perez Ledo
6º de EI
Sara Yáñez Freire
6° de EP C

 

Postal 2022Preme para ver a postal completa

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Boas festas e feliz 2024!

Concurso de microrrelatos terroríficos na ESO

Microrrelatos de terror 2023Preme para ampliar a foto

06/11/2023

O alumnado da ESO participou nun Concurso de microrrelatos terroríficos co gallo da celebración do Samaín no noso centro. Aquí vos deixamos unha fotografía das gañadoras e gañadores. Parabéns!

Xa podes descargar A Tribo 2023

Logo

A Tribo 20 - 2023A Tribo 2023

20/06/2023

Aquí tedes o número 20 da nosa revista A Tribo. Seguimos sen volver ao papel, pero isto permite publicar moitos máis contidos. Grazas especiais a Rosalía Ferreiro García (que se trasladará a un novo centro en breve), polo seu traballo de coordinación e deseño, e en xeral a toda a xente colaboradora.

Premios de Intercentros 2023

16/05/2023

O pasado 11 de maio celebrouse no Pazo da cultura do Narón a entrega de premios do XXXII Certame Intercentros. Co gallo das Letras Galegas 2023, dedicadas a Francisco Fernández del Riego, todos os centros educativos públicos do concello participaron no certame celebrado os días 18 e 19 de abril.

O alumnado de Educación Infantil, 2º e 3º de Primaria actuou na categoría de canción, levando cadanseu premio por participación e un accésit de 50€ no caso dos grupos de 3º. Canto ao alumnado de Secundaria, cinco alumnas de 1º de ESO presentáronse na categoría de expresión oral contando lendas tradicionais da nosa comarca, mentres que alumnado de 2º de ESO A interpretou unha canción tradicional galega e mais tres obras teatrais. Como resultado destas actuacións, levaron un total de dous premios de 100€ nas súas categorías e tres accésits de 50€.

No que respecta a traballos escritos, o CPI do Feal foi o centro con maior número de textos entregados a concurso e o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO foi vencedor nun total de cinco categorías. Parabéns a todo o alumnado participante e ánimo para o ano que vén!

Podedes consultar a listaxe de premiad@s na imaxe que achegamos.

Carteis para apoiar o galego

Carteis para apoiar o galegoPreme para ver máis carteis

07/03/2023

Os grupos de 2º ESO estiveron traballando o texto publicitario nas aulas de lingua galega e, aproveitando estes coñecementos, crearon carteis para concienciar e promover a nosa lingua e cultura. Velaquí unha pequena mostra dos seus deseños!

Día de Rosalía 2023

25/02/2023

O 23 de febreiro (polo aniversario do seu nacemento), celébrase o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida).

O pasado venres 24, clase por clase, o noso alumnado de Infantil e Primaria colocou as flores no xardín de Rosalía. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos conversaron. Como agradecemento, Rosalía recitoulles algún dos seus poemas. Grazas por facelo tan fermoso!

Para completar este artigo, engadimos diversos recursos educativos sobre o tema recompilados polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido