Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Música

Panxoliñas tubulares

 

30/12/2020

Moi boas! Os últimos días do primeiro trimestre, o alumnado de 4º de ESO coa materia de Música gravou dúas cancións de Nadal. Como podedes ver, están interpretadas con boomwackers (uns tubos de plástico que están afinados coas notas musicais). Aquí tedes os vídeos (grazas a Ángel Carrera por cedernos a súa cámara).

Desexámosvos unhas felices festas, e coma sempre... que a música vos acompañe! Collede forzas que nos vemos á volta!

Alba Alonso

Novos vídeos de 4º de ESO na materia de Música

07/12/2020

O pasado 22 de novembro, celebrouse a festividade de Santa Cecilia (patroa dos músicos). Na clase de música, festexámolo interpretando dúas pequenas pezas musicais (non podería ser doutro xeito!). Deixámosvos aquí os vídeos que fixemos na materia de Música en 4º de ESO.

A familia Addams no Feal

01/11/2020

Chegou Halloween! Este ano dun xeito un pouco distinto, xa que non o celebraremos como nos gustaría. Mais siempre nos queda a música, así que collede un vaso de plástico e a gozar!

Moitas grazas ao alumnado de música de 4º de ESO, que como podedes comprobar fixo un gran traballo, e ao profesor de tecnoloxía Ángel Carrera, que editou o vídeo. Bo Halloween a todo@s!"

Alba Alonso

Exposición de instrumentos musicais prehistóricos

Instrumentos prehistóricos 2019Preme para ver máis fotos

11/12/2019

Estes días temos unha exposición de instrumentos musicais prehistóricos na nova biblioteca de Infantil e Primaria. Estes instrumentos (de percusión e vento) foron elaborados polo noso alumnado de 3º de ESO na materia de Música, con materiais da natureza (ósos, cunchas, ramas...). Os autores/as organizarán unha visita guiada para 6º de Primaria durante a próxima semana.

O alumnado de 4º de ESO ensina Música aos máis pequenos do Feal

4º de ESO cos pequenos en MúsicaFai clic para ver máis fotos

07/11/2019

Estes días, o alumnado do 1º de Primaria e de Infantil asistiu á representación dun conto musicado (A Casa encantada de Mickey Mouse), realizada por vari@s alumn@ de 4º de ESO, na sesión de Educación Musical.

Pasámolo xenial escoitando como @s alumn@s mais maiores do cole ambientaban o conto con sons de diferentes instrumentos musicais, como as cunchas, o piano, frautas, etc...

Moi bo traballo rapaces/as!!

Xurxo Souto no Feal

Xurxo Souto no Feal

02/06/2018

O pasado luns 28 de maio tivemos a visita do polifacético Xurxo Souto. O autor da Oda ó futbolín e tantas outras pezas festivas, ofreceu unha intensa charla ao alumnado de 2º de ESO A, centrada na historia do rock en galego.

Unha sesión non foi suficiente para o seu torrente verbal, pero quedámonos co seu entusiasmo contaxioso, e coa idea de que os adolescentes non deberían ser meros espectadores do mundo cultural, senón tamén protagonistas, creando música, vídeos, literatura, aparellos... e o que faga falta. Grazas, Xurxo!

Xurxo Souto no Feal

 

Álex López coa súa guitarra

22/12/2017

O noso alumno de 4º de ESO Alejandro López Yáñez, trouxo onte a súa guitarra eléctrica co seu ampli, e estivo tocando para os seus compañéir@s na aula de Música. No vídeo, podedes velo cunha peza de Sleeping with sirens ("If I'm James Dean, you're Audrey Hepburn"). Se no fondo só aparecen dúas compañeiras, é porque o resto prefería non verse en Internet. Moitas grazas a Álex pola súa iniciativa!

O ritmo de 4º de ESO no Auditorio de Ferrol

01/07/2017

Tiñamos este vídeo no conxelador desde o pasado 25 de abril, cando parte do noso alumnado de 4º de ESO (dirixido por Alba Alonso) participou no Encontro de Música celebrado no Auditorio de Ferrol.

O vídeo non se publicou ata agora porque estaba previsto repetir esta actuación no festival de fin de curso, e finalmente non foi posible.

VI Encontro de Música no auditorio de Ferrol

VI Encontro de Música

Fai clic para ampliar a foto

14/05/2017

O pasado martes 25 de abril, o alumnado de 3° e 4° de ESO coa materia de Música asistiu ao VI Encontro de Música no auditorio de Ferrol. Alí gozou dun concerto no que actuaron os diferentes centros participantes (de toda Galicia), e o noso estaba representado polo grupo de 4° de ESO con Música, que sorprendeu cunha divertida actuación de ritmo. Despois do concerto, todos os participantes pasárono en grande nos obradoiros programados: beat box, hip hop, técnica vocal e percusión, para rematar cun xantar común no Odeón. Foi un gran día no que aprenderon música, puideron gozar de diferentes actuacións musicais, e coñecer a xente nova.

As profesoras acompañantes (Alba Alonso e Eva Loureiro) queremos destacar o bo comportamento do alumnado e felicitar á organización do encontro, así como sinalar o alto nivel musical e o bo facer dos compañeiros/as na materia de Música.

E grazas á Asociación Asomúsica, que foi a que fixo posible este encontro. Agora a polo VII!!

VI Encontro de Música

Fai clic para ampliar a foto

Love is in the air

Love is in the airFai clic para ampliar a foto

13/02/2017

O amor... sen dúbida a temática máis empregada polos músicos nas súas cancións. Podemos atopar cantos ao amor platónico, ao desamor, hai cancións alegres, amargas... centos delas que cantan a tódolos sentimentos que provoca o amor. Aquí tes un novo xogo, adiviña cal é a mensaxe das cancións do mural e poderás gañar un premio!! Anímate e participa!

Nota: Graciñas ao alumnado de 4° de ESO que colaborou na realización do mural.

Alba Alonso

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido