Saltar navegación.
Inicio

Xeografía e Historia

Visita ao Centro de Interpretación de Caldoval

Museo de CaldovalFai clic para ampliar a foto

07/06/2019

O pasado 6 de xuño, o alumnado de 1º de ESO, acompañado por Luisa Agulló, Cristina Meitín e Pedro Abeal, realizou unha visita ao Centro de interpretación de Caldoval (Mugardos).

Por que se celebra o Día da Muller o 8 de marzo?

Mulleres 2019Fai clic para ver máis fotos de 1º de ESO cos carteis de mulleres destacadas

03/04/2019

Probablemente te preguntes por que se celebra o 8 de marzo o Día da Muller. A data non foi elixida ao azar; escolleuse este día para conmemorar un terrible suceso que se produciu en 1911: un incendio nunha fábrica de Nueva York que acabou coa vida de máis de 140 traballadores, a maioría deles, mulleres.

A primeira celebración do Día Internacional da Muller realizouse o 19 de marzo de 1911 en Europa, especificamente nos países de Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza, e a súa conmemoración foise estendendo, dende entón, a outros países e continentes.

As Nacións Unidas en 1975 declararon o Día Internacional da Muller e, en 1977, invitaron a todos os Estados a declarar, conforme as súas tradicións históricas e costumes nacionais, un día como DÍA INTERNACIONAL POLOS DEREITOS DA MULLER E A PAZ MUNDIAL.

Nós cremos que a día de hoxe séguese celebrando o Día da Muller porque as condicións e os dereitos delas  aínda non están á altura dos dos homes, así que realízanse manifestacións para loitar por eses dereitos.

Alumnado de 1º de ESO

Visita ao Centro de interpretación de Caldoval

CaldovalFai clic para ver máis fotos

12/06/2018

O pasado 7 de xuño, o alumnado de 1º de ESO, acompañado por tres profesoras, realizou unha visita ao Centro de interpretación de Caldoval (Mugardos).

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, como un acercamento á cultura romana, que outorgaba un carácter primordial ao coidado do corpo. O circuíto termal era unha das actividades practicadas con ese fin. O deporte era outro dos alicerces básicos.

O Centro acolle os restos duns baños da época romana, que foron utilizados desde o século I ata a caída do Imperio. Estaban situados á beira do mar (Punta Promontorio) e formaban parte dunha vila a mare.

O alumnado foi dividido en dous grupos para secuenciar a actividade: por un lado, visita guiada ao centro, onde puideron coñecer como era a vida na época romana e visitar as estruturas conservadas do espazo termal. Por outro, os alumnos participaron nun obradoiro de xogos de mesa, e puideron crear en barro as súas propias pezas (variantes do tres en raia).

Homenaxe ás vítimas do Holocausto

Homenaxe ás vítimas do HolocaustoFai clic para ver máis fotos

27/01/2017

Hoxe pola mañá, os alumnos de 3º e 4º da ESO acudiron ao concello de Narón para participar na cerimonia en homenaxe ás vítimas do Holocausto. A data do 27 de xaneiro foi elixida pola ONU como Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto, e foi celebrada no salón de plenos do concello cun acto moi emotivo no que seis alumnos do Feal (Itziar Aly Mourente, María Arribí Rodríguez, Thea Day Atkins, Victor da Silva Viana, Pedro Díaz González e Gabriel Pardo Buján) acenderon seis velas en recordo desas vítimas; velas en recordo dos seis millóns de xudeus exterminados nas cámaras de gas, dos xitanos e outros grupos perseguidos polos nazis, dos nenos falecidos nos campos de exterminio, dos refuxiados españois que acabaron nos campos de concentración, dos xustos entre as nacións que axudaron a salvar a moitos perseguidos e dos que sobreviviron ao horror e contan os seus recordos para evitar que voltemos repetir esa destrución inhumana.

En Memoria das Vítimas do Holocausto

Mauthausen

18/01/2017

Desde hoxe, pódese visitar a exposición “Galegos en Mauthausen”, situada no corredor da Biblioteca de Secundaria do noso centro. A mostra está composta por un total de corenta imaxes nas que se fai referencia aos represaliados no campo de Mauthausen. Permanecerán expostas ata finais deste mes: fotografías desa localidade, do campo de concentración, dos represaliados, da escaleira da morte, das fábricas soterradas, e dos represaliados da comarca de Ferrolterra, entre outras.

Esta exposición foi organizada pola nosa profesora de Xeografía e Historia Eva Loureiro, en colaboración co Concello de Narón, con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.

Visita a dúas exposicións sobre a prehistoria e as primeiras civilizacións

O pasado venres 28 de outubro os estudantes de 1º de ESO, acompañados polas profesoras Marisa Agulló e Eva Loureiro, visitaron a cidade da Coruña. O obxectivo era ver dúas exposicións: Orixes, cinco fitos da evolución humana situada nos Xardíns de Méndez Núñez e organizada pola Caixa e a exposición e os Obradoiros de Primeiras civilizacións, Exipto e Mesopotamia no Museo de Montserrat, organizada pola Fundación Novacaixagalicia.

Na primeira delas analizábanse os principais fitos do proceso da evolución humana centrándose no desenvolvemento do bipedismo, a utilización das primeiras ferramentas, o control do lume, a aparición da autoconciencia cos primeiros enterramentos e a adopción da linguaxe simbólica coa creación da arte e os símbolos.

Na segunda das exposicións pódense contemplar pezas adquiridas por Bonaventura Ubach (1879-1960) no Cairo e en anticuarios de Beirut, Damasco e Bagdad, coa fin de ilustrar o mundo cultural da Biblia. Entre os obxectos estaban representacións de faraóns e deuses, utensilios da vida cotiá e dous sarcófagos, que serviron para explicar as crenzas e a forma de vida no Exipto Antiguo.

Pinchade no arquivo adxunto para ver as fotos!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido