Educación Física
Plogging no Feal
10/05/2022
O plogging é unha actividade que leva uns anos difundíndose para combinar deporte e ecoloxía. Trátase de correr e aproveitar para recoller o lixo abandonado que vas atopando.
Pois ben: o noso alumnado de 2º de ESO estivo recentemente practicando esta actividade (dentro da materia de Hábitos saudables), dividíndose en equipos especializados en diferentes tipos de residuos, e despois facendo un traballo de investigación sobre eles (que quedou recollido nun póster).
Enquisa sobre actividade física no Feal
25/03/2022
Durante o segundo trimestre, o alumnado de 2º de ESO traballou nunha enquisa sobre actividades físicas e prácticas sedentarias, dentro da materia de Promoción de hábitos saudables (co profe Julián), e recollendo datos de todo o alumnado e profesorado da ESO. As gráficas resultantes foron expostas na entrada do noso centro, e estas son algunhas das conclusións:
- A actividade física intensa vai decrecendo coa idade, ao tempo que van crecendo as prácticas sedentarias.
- As actividades físicas intensas e nos recreos son menores no alumnado feminino.
Surf 2021
25/06/2021
O pasado 22 de xuño, un grupo de 4º de ESO foi surfear pola praia de Pantín en compañía de Víctor, Juan e Marisa. Foi por tanto a última saída da nosa Promoción 2021, nun curso onde non foron posibles grandes viaxes como remate da ESO. Para a maioría do grupo foi o seu bautismo surfeiro, pero na foto tamén podedes ver a unha verdadeira experta (Martina). Deixamos outras das fotos que nos enviou Marisa no álbum "Surf 2021" da nosa Galería de Imaxes.
Pequena homenaxe á primeira liña sanitaria
08/04/2020
Para que a nosa páxina principal non estea chea de información administrativa durante este tempo, achegamos unha pequena banda deseñada por un profe de Educación Física (Julio Zanfaño), que fai unha pequena homenaxe ao persoal sanitario.
O Feal piramidal
08/02/2019
Aquí tedes unha pirámide humana improvisada o pasado 6 de febreiro por alumnado de 3º de ESO A, con axuda do seu profe de Educación Física. Grazas a Sara Pazos pola imaxe!
Pantín 2018
30/06/2018
O pasado 21 de xuño, un grupo de 4º de ESO achegouse á praia de Pantín, para iniciarse no deporte do surf. A actividade estivo un ano máis organizada por Alawa Surfcamp. Podedes ver algunha foto máis de Sonia Álvarez no álbum Pantín 2018 da nosa Galería.
Atletismo no Estadio Municipal Río Seco
22/05/2018
O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO gozou durante a mañá de onte dunha actividade no Estadio Municipal Río Seco. Salto de altura, salto de lonxitude e carreiras de velocidade foron algunhas das probas atléticas que practicaron os rapaces e rapazas coa axuda das monitoras Eva e Yolanda. Agradecemos a inestimable colaboración do Club Atletismo Narón.
Fin da viaxe a Andorra de 4º e 3º de ESO
04/03/2018
O sábado ás 11:00 da mañá chegabamos ao centro despois de viaxar toda a noite. Rematabamos así unha semana de días na montaña, de telecadeiras e teleféricos, de nevaradas e sol, de diversión, de novas aprendizaxes... Viñemos moi contentos con todo o grupo esquiando e sen lesións. Esperamos que a viaxe se convirta nunha experiencia inesquecible para todas as participantes. Grazas polo voso comportamento exemplar!!
Sonia e Carlos
Nota: Xa temos un álbum na nosa Galería chamado "Andorra 2018" (grazas especiais a Estefanía Silva Beceiro).
Quinta crónica desde Andorra
01/03/2018
Hoxe (penúltimo día), ao chegar ao aparcamento do bus tivemos que esperar a retirada da neve da saída, momento que aproveitamos para facer esta foto. Chegamos xustas para coller o material (que gardamos cada día nunha gaiola na propia estación) e comezar o curso.
Despois de dous días sen poder facelo, a nosa compañeira Alba Rey recibiu un curso personalizado de esquí da man dos nosos profes Sonia e Carlos, para recuperar o tempo perdido.
Pola tarde, mentres un grupo seguía a esquiar no sector do Tarter, outro composto por rapazas de Xove, do noso centro e os profes Rodrigo e Carlos, baixamos unha das pistas que máis nos gusta (Gall de Bosc). Mañá esperamos despedirnos con bo tempo.
Laura Corral e July Villadóniga
Cuarta crónica desde Andorra
28/02/2018
Hoxe sorprendeunos o cambio de tempo, a nevada que facía que as telecadeiras se movesen máis do habitual. Aínda así, o tempo permitiunos esquiar en novas pistas azuis, como a Gall de Bosc, unha das máis compricadas que baixamos ata agora. Debido ao cansazo e o mal tempo, decidimos voltar antes a Escaldes para ter un pouco máis de tempo libre e tamén poder ir de tendas.
Lucía Gómez e Lara Beceiro
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com

Últimos comentarios
hai 9 semanas 6 días
hai 10 semanas 6 días
hai 11 semanas 12 horas
hai 11 semanas 23 horas
hai 11 semanas 3 días
hai 12 semanas 15 horas
hai 12 semanas 4 días
hai 13 semanas 11 horas
hai 13 semanas 2 días
hai 14 semanas 15 horas