Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo como consecuencia da COVID-19

29/03/2020

Resumo da Orde que se publicará mañá no DOGA

Beneficiarios:

Familias do alumnado beneficiario de bolsa de comedor de gratuídade total ou que aboan 1€. A Consellería toma como referente as listaxes de xaneiro.

Solicitudes:

Hai dúas formas de solicitalas.

1. A familia pode solicitala directamente na sede electrónica da Xunta de Galicia coa Chave 365.

2. As familias que teñan dificultades para facerlo, poderán pedir axuda telefónica ao centro, debendo proporcionar o DNI e un Nº de conta, ben por teléfono ou algún medio dixital.

O colexio de 10:00 a 13:00 horas atenderá as chamadas. De todas formas é a nosa intención intentar contactar con todos os posibles beneficiarios, para que ninguén quede sen a axuda por descoñecemento.

As nosas tres aulas virtuais durante o tempo de illamento

Aula Virtual 2020

17/03/2020

Localización das actividades para o alumnado durante o tempo de illamento:

O alumnado que teña problemas de acceso a algunha destas aulas virtuais, deberá comunicalo a través do enderezo electrónico do centro: cpi.feal@edu.xunta.gal

Día da Auga 2020 en 1º de Primaria

01/04/2020

Os primeiros do Feal seguimos a traballar,
e o Día Internacional da Auga quixemos celebrar!
Apaga a luz, pecha a billa
e o planeta Terra estará de marabilla

Mensaxes para Infantil

30/03/2020

O alumnado de Educación Infantil fai na casa algunhas das activiades propostas estes días; como plastilina caseira, plantar lentellas, ioga, ou xogar ás agachadas pisando só as baldosas de papel. Ademais, no vídeo as mestras de infantil mandan mensaxes de ánimo aos máis peques do centro.

Mensaxes de 3º de Primaria

26/03/2020

O noso alumnado de 3º de Primaria apúntase tamén a saudar desde casa nestes días de illamento.

Mensaxe de 1º de Primaria

26/03/2020

Neste tempo de inquedanza, os peques de 1º de Primaria traen á nosa comunidade educativa un halo de esperanza. Todo vai saír ben e pronto estaremos tod@s xunt@s!

Obradoiro de Convivencia do Concello de Narón

24/03/2020

Neste apartado, iremos publicando materiais dos Obradoiros de Convivencia do Concello de Narón, para 6º de E. Primaria e 1º de ESO.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido