Saltar navegación.
Inicio

Radio

Brais e Mario falan pola radio

Brais e MarioFai clic para escoitar a entrevista

05/05/2018

Todos os anos, a profesora de Bioloxía (María Varela) propón aos seus alumnos participar cun proxecto de investigación que se poida presentar a un concurso. Algún ano non se anima ninguén; noutros hai moitos, pero ningún seleccionado a concurso. Este ano presentamos dous proxectos ao concurso de Galiciencia, os dous igual de interesantes, pero só un foi seleccionado, o presentado por Brais Rodeiro e Mario Pereira, de 1º ESO B.

Por tal motivo Mario e Brais, xunto coa súa profesora, foron entrevistados por RadioVoz o mércores 2 de maio. Nesa entrevista, explicaron que foron capaces de producir electricidade con patacas e acender pequenos aparatos como LEDs,  calculadoras e reloxos dixitais. Tamén que se van 3 días a Ourense a presentar ese proxecto, e que se gañan o concurso no que participan, irán a outra feira-concurso a Barcelona, Bilbao ou A Coruña.

Engadimos un enlace a un artigo publicado no Diario de Ferrol do 5/5/2018 sobre o mesmo asunto.

Parabéns a estes novos científicos e sorte no concurso!

A odisea irlandesa do Feal na radio

22/04/2010

No apartado da nosa web "O Feal nos medios" tiñamos os subapartados de Prensa, Internet e Televisión. Agora, acabamos de abrir unha mensaxe de Radio Fene Radiofusión con enlaces ás gravacións das entrevistas que fixeron a Alba Alonso e Sonia Álvarez con motivo da odisea irlandesa. Así que vémonos obrigados a inaugurar un novo subapartado: Radio. Un millón de grazas a Radio Fene!!!!!!!!!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido