TIC
Actualización da Aula Virtual
28/07/2020
A Consellería de Educación actualizou hoxe a nosa Aula Virtual, subindo da versión 2.6 de Moodle ata a 3.3.9. Aínda que non é a versión máis actual dispoñible (3.9.1), o avance é importante. Entre outras melloras, agora xa é posible utilizar dun xeito eficiente a app de Moodle para Android ou iOS, desde un móbil ou unha tablet. Durante os próximos días, instalaranse algúns módulos adicionais, e realizaranse axustes.
Durante o verán, axudaremos a detectar posibles erros, pero deixaremos descansar aos responsables da actualización ata setembro. Todo o noso agradecemento para eles polo seu gran esforzo.
Teclea ben en galego
24/10/2018 (actualizado o artigo orixinal do 12/12/2015, posto que desapareceu o Teclado Galego de Cilenis para Android, por xa non ser necesario)
O teclado galego de Google para dispositivos Android xa predí e corrixe automaticamente, e permite a escritura xestual (escorregando o dedo polo teclado táctil). Se en calquera momento necesitas pasar ao teclado castelán, inglés ou francés... o cambio é instantáneo.
E no ordenador non tes desculpas para non escribir ben en galego. Ademais dos correctores que veñen cos principais programas ofimáticos, tes numerosas ferramentas online para axudarche:
- Dicionario / Tradutor / Conxugador da Xunta
- Tradutor de texto (máis dunha palabra) da Xunta
- Normativa oficial na Wikipedia
Non digas iso de "Ben vale así", trata ben á nosa lingua.
Internet segura para nen@s
14/03/2018
Tanto se es menor como se non, en España hai un teléfono gratuíto e confidencial para axudarte en diversos problemas relacionados con Internet (ciberacoso, privacidade, seguridade, adicción...): 900 116 117 (de 10:00 a 20:00 de luns a venres, e de 10:00 a 14:00 os sábados).
Máis información en www.is4k.es
Estamos de subidón!!
12/12/2017
Hoxe foi un día histórico para @s sufrid@s internautas do Feal. Xa podemos traballar en Internet. Despois de tantos e tantos anos pedindo un subidón de velocidade, esta mañá medimos uns 100 Mbps de baixada en todos os equipos que probamos.
A mágoa é que ao Feal en realidade chegan 500 Mbps polo novo radioenlace, pero a nosa rede interna impón unha barreira de 100. E a barreira durará moitos anos, porque para rompela habería que cambiar a maioría dos conmutadores e cables de rede, e incluso moitas tarxetas nos ordenadores.
Así que saboreade ben este salto nas telecomunicacións do Feal, porque quedarán así por moito tempo.
Nota: Cen megas de grazas para Junior Camacho e Sara Caro!!
Software libre ou gratuíto para Windows
Recopilacións xerais
- www.cdlibre.org
- ninite.com (instalador desasistido das aplicacións que se escollan)
- portableapps.com (aplicacións portátiles para memorias USB)
Selección básica
- Firefox (navegador web)
- Thunderbird (correo electrónico)
- LibreOffice (ofimática)
- GIMP (tratamento de imaxes)
- INKSKAPE (deseño gráfico)
- Audacity (edición de audio)
- OpenShot (edición de vídeo)
- VLC (reprodutor multimedia)
- MusicBee (xestor e reprodutor de música)
- 7-Zip (compresor/descompresor)
Elaboración de actividades educativas
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
