Saltar navegación.
Inicio

A fibra óptica chega ao Feal

A fibra óptica chega ao Feal

19/01/2022

Hoxe é un día histórico na traxectoria tecnolóxica do Feal: por fin chegou a fibra óptica (en 2022! Vergoña).

A finais de 2017, xa sentíramos unha importante melloría grazas a unha antena no tellado, que nos permitiu pasar dos 100 megabits por segundo de baixada.

Durante o primeiro trimestre deste curso, realizouse a preinstalación da fibra óptica, e hoxe, 19 de xaneiro de 2022, foi activada por un técnico da Xunta.

Como consecuencia, xa medimos máis de 600 megas de baixada nalgún equipo conectado por cable (con máis de 100 de subida). Nos equipos conectados sen fíos, hai un límite na tecnoloxía da Wi-Fi actual que non permite pasar dos 300 Mbps de baixada, pero segue habendo un salto importante respecto ao que tiñamos onte.

Celebremos entón a nova, pero sen esquecer que o prioritario é facer un uso responsable e intelixente deste monstruo chamado Internet.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com