Revista escolar
A Tribo dixital
Nos artigos deste apartado, é posible ver a versión dixital dos números publicados de A Tribo facendo clic nas imaxes das portadas ou nos arquivos adxuntos.
Os arquivos están en formato pdf e tratouse de que tiveran todas as páxinas a cor sen baixar demasiado a calidade, de xeito que os números con máis páxinas están en arquivos bastante grandes. Polo tanto, sobre todo se non tes unha conexión a Internet rápida, recomendámosche que os descargues no teu equipo co botón dereito do rato ("Gardar destino ou enlace como..."), en lugar de abrilos directamente co botón esquerdo.
Por outra parte, hai que aclarar que moitos erros atopados nas edicións impresas foron corrixidos despois nas versións dixitais.
A Tribo 17 - 2020
Raquel Zaplana Rodríguez continuou coa coordinación e deseño da revista, que por primeira vez non se publica en papel, debido á crise provocada polo coronavirus.
A Tribo 16 - 2019
Esta vez, a nova coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Raquel Zaplana Rodríguez, encargouse tanto da coordinación da revista como do seu deseño. A portada é de Nerea Trigo Salgado.
A Tribo 15 - 2018
Nesta ocasión, a maquetación da nosa revista repartiuse entre Paula Neira (artigos de Infantil e Primaria) e Sonia Álvarez (artigos de Secundaria).
A Tribo 14 - 2017
Esta vez, a nova coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Paula Neira, encargouse tanto da coordinación da revista como do seu deseño. A portada é de Irene Mas, de 1º de ESO.
A Tribo 13 - 2016
Sonia Álvarez dirixiu un ano máis o deseño, coa colaboración do seguinte alumnado do Obradoiro de Prensa de 4º de ESO: Lorena Basoa, Michelle de Gregorio, David Díaz, Laura Doce, Marta Doce, Sergio Riesgo e Vanesa Sequeiro. A portada é de Óscar Luaces (1º de ESO). Na coordinación, continuaron Ana Belén Martínez e María Anca, que despois de varios anos implicadas na nosa revista, deixan o noso centro. Esperamos que a pesar deste traslado e da desaparición do Obradoiro de Prensa (debido aos cambios da LOMCE), A Tribo siga contando cun grupo de persoas que a impulsen.
A Tribo 12 - 2015
O deseño seguiu estando dirixido por Sonia Álvarez, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Prensa (4º A e 4º C de ESO). No caso concreto da portada, Sonia Álvarez contou coa axuda de Andrea Ramos, Silvia Felpete e Alexia Iglesias. Na coordinación, continuaron Ana Belén Martínez e María Anca.
A Tribo 11 - 2014
Sonia Álvarez continuou no deseño (coa axuda de Silvia Felpete na portada). Ana Belén Martínez pasou a coordinar o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contando coa axuda de María Anca.
A Tribo 10 - 2013
Sonia Álvarez continuou co deseño, contando coa axuda do alumnado de 4º de Diversificación, e tamén coa de Lara Castro e María Lanza na portada. A coordinación estivo a cargo de Pura Martínez e María Anca.
A Tribo 9 - 2012
A nosa revista de 2012 levouse á imprenta máis tarde do habitual (a finais de ano), para así poder incluír material relacionado coas celebracións do noso 40 Aniversario, encabezadas por un lipdub que movilizou a todo o centro.
Un curso máis, Sonia Álvarez levou o deseño e Pura Martínez a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
