Saltar navegación.
Inicio

Revista escolar (A Tribo)

A Tribo

A Tribo 11 - 2014

A Tribo 11 - 2014

Sonia Álvarez continuou no deseño (coa axuda de Silvia Felpete na portada). Ana Belén Martínez pasou a coordinar o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contando coa axuda de María Anca.

A Tribo 10 - 2013

A Tribo 10 - 2013

Sonia Álvarez continuou co deseño, contando coa axuda do alumnado de 4º de Diversificación, e tamén coa de Lara Castro e María Lanza na portada. A coordinación estivo a cargo de Pura Martínez e María Anca.

A Tribo 9 - 2012

A Tribo 9 - 2012

A nosa revista de 2012 levouse á imprenta máis tarde do habitual (a finais de ano), para así poder incluír material relacionado coas celebracións do noso 40 Aniversario, encabezadas por un lipdub que movilizou a todo o centro.

Un curso máis, Sonia Álvarez levou o deseño e Pura Martínez a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

A Tribo 8 - 2011

A Tribo 8 - 2011

Un curso máis, Sonia Álvarez levou o deseño e Pura Martínez a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

A Tribo 7 - 2010

A Tribo 7 - 2010

Igual que no curso anterior, Sonia Álvarez levou o deseño e Pura Martínez a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Debido a un erro no cálculo das copias impresas, houbo unha segunda edición en papel, con lixeiros cambios nos contidos, que é a que se corresponde coa versión dixital.

A Tribo 6 - 2009

A Tribo 6 - 2009

O curso 2009-10, Pura Martínez pasou a coordinar o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Feal e como consecuencia, tamén A Tribo. Sonia Álvarez seguiu encargándose da maquetación.

Un dos artigos deste número está dedicado a outra revista que se facía no Feal durante os anos oitenta (A Arquiña), polo que Sonia Álvarez decidiu empregar dous elementos daquela década na portada de A Tribo 2009: a portada de A Arquiña de 1985 (como fondo) e o logo que fixera o debuxante Xaquín Marín para O Feal (co estudante e os paxaros).

A Tribo 5 - 2008

A Tribo 5 - 2008

María Yáñez foi o fío condutor de A Tribo durante os seus cinco primeiros anos, con diferentes equipos. O curso 2007-08 foi o último no que coordinou o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Feal e A Tribo, debido a un cambio de destino.

A maquetación pasou a mans da profesora de Plástica Sonia Álvarez, que tivo que facer un gran esforzo para sacar adiante un número de 56 páxinas e abundante material gráfico. Este curso, Sonia puido contar coa axuda do seu alumnado da nova materia "Obradoiro de prensa". Ademais, Ángel Carrera tamén botou unha man coas cuestións informáticas.

A portada ten un fondo da alumna de 4º de ESO Daniela Calderón e un logotipo de Sonia Álvarez.

A Tribo 4 - 2007

A Tribo 4 - 2007

Charo García tivo a xenerosidade de facer a maquetación a distancia posto que estaba de baixa, mentres que María Yáñez retomou a coordinación coa colaboración de Ángel Carrera. A portada de Dani e Susana Temprano foi elixida por primeira vez a través dun concurso aberto a todo o alumnado do centro.

Tamén hai que destacar que este número foi o primeiro publicado en Internet a través do espazo web do Feal, que comezara a funcionar o 29 de maio de 2007. Na web xa é posible ver tódolos números de A Tribo con case tódalas páxinas en cor.

A Tribo 3 - 2006

A Tribo 3 - 2006

Debido á baixa maternal de María Yáñez, Gelen Ruiz-Matas e Ana Allegue pasaron a realizar as labores de coordinación. Tamén houbo cambios na maquetación, que pasou a mans de Charo García. A portada (mantendo o logotipo de 2005) foi obra da alumna Aida Simón.

A Tribo 2 - 2005

A Tribo 2 - 2005

A partir dun lema africano que coñecía Gelu Porto e que aparece na editorial deste segundo número, xurdiu o nome de "A Tribo". Na materia de Plástica, María Lanza pediu propostas para a portada e foi seleccionada a de Gemma Sánchez co logotipo de Laura Molero. A coordinación e maquetación seguiron en mans de María Yáñez e Gloria Martín respectivamente.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido