Saltar navegación.
Inicio

4 anos

Iker Conchado contando un conto en Infantil

11/10/2019

O noso alumno Iker Conchado (1º de ESO) pasou esta mañá pola aula de Infantil de 4 anos para contar o conto "Un elefante se balanceaba en una tela de araña". Como podedes ver no vídeo, os pequenos e pequenas estaban antentísim@s. Grazas Iker!

A pita choca

11/11/2015

A pita choca é un poema de Manuel María que se recitou estes días na aula de Infantil - 4 anos co gallo da celebración da Semana da Tradición Oral, que se festexa entre o dous e o nove de novembro. Este ano adícanselle as Letras Galegas a este autor, polo que ao longo do curso, este grupo traballará máis poemiñas do libro Soños na gaiola.

Moitas grazas a Paula polo vídeo.

Plantamos castañas

27/10/2015

A semana pasada plantamos as castañas que tiñamos na aula, unhas plantámolas en vasiños transparentes para ver como crecen e outras en bolsas para comprobar como afecta a calor ao crecemento das plantas. As bolsas puxémolas nas ventás para que recibiran máis luz.

Nota da web: Moitas grazas polo vídeo, Paula!

Novo blog de Infantil - 4 anos


cativeando.blogspot.com.es

A Esfolla

11/11/2010

O mércores estiveron na nosa aula as monitoras do Concello para falarnos da esfolla. Tras unha breve charla onde nos explicaron moitas cousas, como que, os nosos avós utilizaban as espigas para crear os seus propios xoguetes, nós quixemos emulalos e velaí as nosas creacións. Esperamos que sexan do voso agrado.

Happy Halloween!!!

03/11/2010

Durante a semana pasada todos e todas os nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI O Feal estiveron a traballar o Halloween coas mestras Montse e Sesé de Inglés. Cos seus traballos fixeron unha exposición, a cal fomos visitar e que nos gustou moito.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido