Saltar navegación.
Inicio

1º de Primaria

Os Maios 2020 de 1º de Primaria

01/06/2020

Vístelo maio?
vístelo ben?
Se non o vistes
velo eiquí ven

Para os Maios, cantigas; cancións antigas... Os nenos e nenas de 1º de Primaria esperamos que vos gusten os nosos Maios.

Homenaxe aos avós e avoas

17/05/2020

Pequena homenaxe do alumnado de 1º de Primaria aos seus avós e avoas, piares fundamentais das nosas familias.

Agradecemento ao persoal sanitario

25/04/2020

Sabemos que sempre estivestes aí, pero non foi ata agora cando comprobamos a vosa gran contribución ao mundo. Este vídeo vai pol@s sanitari@s. Grazas por coidarnos a pequenos e maiores. Nunca o esqueceremos!!!

1º de Primaria cóntavos chistes

10/04/2020

Nestes días tan, tan longos,
os primeiros do Feal traemos uns bos contos.
Preparade o voso coco, e riredes como tolos!

Día da Auga 2020 en 1º de Primaria

01/04/2020

Os primeiros do Feal seguimos a traballar,
e o Día Internacional da Auga quixemos celebrar!
Apaga a luz, pecha a billa
e o planeta Terra estará de marabilla

Mensaxe de 1º de Primaria

26/03/2020

Neste tempo de inquedanza, os peques de 1º de Primaria traen á nosa comunidade educativa un halo de esperanza. Todo vai saír ben e pronto estaremos tod@s xunt@s!

O Feal no SPEIS

O Feal no SPEISPreme para ver máis fotos

27/02/2020

O pasado 11 e 12 de febreiro o alumnado de 1º Primaria visitou as intalacións do SPEIS do Concello de Narón, onde vimos e aprendimos moito sobre o día a día dos traballadores: onde almorzan, onde durmen, como son os seus traxes e os seus accesorios, e os vehículos que utilizan en caso dunha emerxencia. Foi xenial!

Nota da web do Feal: Cando vexas arder o cole, xa non podes dicir "Vou chamar aos bombeiros". Tampouco é válido "Vou chamar ás bombeiras e bombeiros". Atención, porque agora tes que dicir: "Vou chamar ao Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS)". Cousas do século XXI.

1º de Primaria no Camiño de Santiago

Camiño inglésFai clic para ver máis fotos

07/11/2019

O pasado 25 de outubro, o alumnado de 1º de Primaria percorreu aproximadamente 1 km de distancia o primeiro quilómetro do Camiño inglés de Santiago. Pasámolo moi ben!

Actividade sobre Amelia Earhart en 1º de Primaria

Amelia EarhartFai clic para ampliar a foto

11/10/2019

O pasado mércores, o alumnado de 1º A e B de Primaria recibiu a visita de Blanca, a nai de Celia, que contou un conto e explicounos a biografía de Amelia Earhart, con motivo do proxecto que se está levando a cabo nas aulas: "500º aniversario da volta ao mundo".

Chispa e Raio, as mascotas de 1º A de Primaria

08/05/2014

Con motivo da explicación dos animais ovíparos, os alumnos de 1ºA de Primaria xunto co noso profe, Felipe Vila, comezamos o pasado 6 de marzo unha aventura que puidemos facer realidade grazas á familia de Andrea Dopico Fraga.

Todo comezou cando Laura Rodríguez (profesora de 2º) nos regalou dez ovos de parrulo e Andrea trouxo unha incubadora. Durante 28 días tivemos alí os ovos, dándolles a volta dúas veces cada xornada e, a partir da novena, fomos humedecéndoos cun algodón.

Cando chegamos á clase o 2 de abril, sorprendeunos que un ovo xa estaba un pouco estalado e unhas horas despois, comezou a quebrarse outro. O profe foi rompendo o primeiro pouco a pouco para axudar a saír ao parrulo. Todos os nenos e pais puidemos ver como nacía esa tarde e decidimos chamarlle Chispa.

O segundo parrulo (Raio) naceu un día despois pola mañá, e non perdemos ollo á incubadora durante as horas seguintes. Tamén houbo que axudar a Raio rompendo pouco a pouco o ovo. Axiña abandonaron a incubadora e cambiámolos á caixa que nos fixeron no taller de Tecnoloxía de Secundaria. Como podedes ver no vídeo, xa comezaban a comer e beber.

Na última parte do vídeo, podedes ver aos parrulos 20 días despois. Xa creceron moito e os nenos gozan con eles. Foi unha experiencia inesquecible para 1º A e todo o colexio. Fomos uns grandes granxeiros!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido