Saltar navegación.
Inicio

Organización, Órganos, Documentos, Horarios

Horario xeral do centro

Infantil e Primaria

  • Todo o alumnado: de 09:00 a 14:00

Secundaria

  • Todo o alumnado: de 08:55 a 14:00, e os luns tamén de 16:30 a 18:10

Comedor

  • De 14:00 a 16:00

Secretaría (atención ao público)

  • Mañás: de 10:00 a 13:00
  • Tardes dos luns: de 16:45 a 17:45

Modificación do NOF

19/10/2023

En xuntanza do día de onte do Consello Escolar, foi incluído no NOF o seguinte texto: 

No caso de alerxias alimentarias nas aulas:

"Nas titorias que exista alumnado con alerxias alimenticias graves xustificadas documentalmente con informe médico, o equipo docecnte poderá decidir evitar o consumo de substancias que conteñan alérxenos, co fin de garantir a seguridade do alumnado afectado e minimizar o risco de posibles inxestións accidentais, favorecendo unha contorna segura que permita a inclusión de todo o alumnado por igual nas actividades diarias, obviando os aspectos emocionais negativos que implica vivir cunha alerxia."

"Esta medida cando sexa o caso, será comunicada ás familias do grupo afectado, tendo as mesmas a obriga de cumprila."

"A medida será modificada sempre e cando a familia do alumno/a afectado/a pola alerxia, alegue que xa non existe perigo e aporte a documentación sanitaria que o acredite."

Consello Escolar 2023-2024

ConselloConsello Escolar constituído o 4 de setembro de 2023:

Alumnado

  • Jose Ángel López Chiriac
  • Iria Prado Vilariño

Concello

  • Gonzalo Iglesias Blanco

Nais e Pais

  • Antonio Cabrera Martínez (ANPA)
  • Paula Mª Filgueira Vila
  • Patricia García Chao

Persoal de Administración e Servizos

  • Mónica Soto Santiago

Profesorado

  • Mª Yolanda Castro González
  • Vanesa Espiño Fuentes
  • Cristina Meitín Santamaría
  • Concepción Parada González
  • Laura Rodríguez Gómez
  • Mª Mercedes Ruiz Lamas

Equipo directivo

  • Director: Juan Carlos Bedia Vidal
  • Xefa de estudos de Infantil e Primaria: Paula Neira Somoza
  • Xefa de estudos de Secundaria: Ana Nieves Cortizas Díaz
  • Secretario: Alfonso José Dopico Caneiro

Modificación do NOF. Uso de teléfonos móbiles e outros aparellos electrónicos

Móbiles non

27/10/2022

O luns 24 de outubro, o Consello Escolar aprobou unha modificación do NOF, no seu punto 9.9.5, que fai referencia ao uso de teléfonos móbiles e outros aparellos electrónicos no centro educativo. A nova normativa entrará en vigor o mércores 2 de novembro.

Plan Dixital de Centro

07/10/2022

Achegamos a primeira versión do Plan Dixital do noso centro.

PEC e programacións da ESO

13/05/2022

En cumprimento de:

  • RD 984/2021, de 16 de novembro polo que se regulan a avaliación e promoción en E. Primaria, asi como a avaliación, a promoción e a titulación na ESO, Bacherelato e FP.
  • ORDE, do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de E. Primaria, ESO e Bacherelato no sistema educativo de Galicia.

Foi modificado o apartado 10, referente a concreción curricular, do PEC.

Igualmente a parte correspondente a avaliación foi modificado nas programacións de ESO.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido