Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
Programacións didácticas curso 2022 - 2023
02/12/2022
Programacións didacticas E. Infantil e E. Primaria:
- Programacións LOMCE ( 2º, 4º, 6º E.P )
- Programacións LOMLOE:
Programacións didácticas ESO:
Carreiras 2023
27/08/2023
A nosa compañeira Montse Fernández envíanos unha choiva de fotos das Carreiras 2023 do Feal, celebradas o pasado 21 de xuño.
Xornada de Colpbol
24/05/2023
Hoxe xunto cos colexios de Piñeiros, San Ramón de Moeche e Ayala, participarmos nunha xornada de Colpbol, xogo alternativo con moi boa acollida entre o alumnado.
Felicitar a todos os participantes polo seu comportamento.
O alumnado de Carpintería do CIFP Ferrolterra renova os tallos do noso taller
29/03/2023
Esta mañá recollimos os novos asentos para os tallos do noso taller, que levaban sufrindo continuos ataques desde 1998. A renovación foi posible a partir da recente visita ao taller dunha moi estimada ex-alumna que agora está estudando nun ciclo de madeira do CIFP Ferrolterra: Estefanía Silva (Fefa). Despois da visita, Fefa falou co seu profesor Juan Francisco Cendán, e acordamos enviarlles a madeira para que fixesen os discos coa súa maquinaria. Podedes ver uns segundos do proceso no vídeo que achegamos.
O seguinte paso, será pedir ao noso alumnado de 4º de ESO que cambie os torturados asentos de plástico por estas marabillas, que ata teñen gravado con láser os nomes dos dous centros implicados. Esperemos que vendo este gran traballo (en boa parte da nosa ex-alumna), o noso alumnado actual e futuro respecte un pouco máis os tallos do taller de Tecnoloxía. Esperemos tamén que haxa máis xente do Feal que se anime a matricularse nos ciclos de madeira de Ferrolterra, que teñen uns talleres espectaculares, e ademais, a saída laboral está garantizada.
Un millón de grazas a Fefa, a Cendán e en xeral ao CIFP Ferrolterra.
Nota: Tamén contamos co bo asesoramento de Maderas del Noroeste á hora de comprar a madeira.
Souvenirs desde París
28/03/2023
Os mandos do noso destacamento galaico en terras galas envíannos algunhas imaxes para ilustrar os seus avances. Desde o cuartel xeral do Feal, desexamos moita sorte as nosas tropas.
Teatro en francés para 3º e 4º de ESO
27/02/2023
O alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO asistiu o pasado xoves á representación da obra “Le Tour du Monde de Nelly Bly”, onde coñeceu a historia desta xornalista americana de finais do século XIX, que emulando o periplo de Phileas Fogg, personaxe da obra de Julio Verne, deu a volta ao mundo en tan só 72 días: todo un exemplo de coraxe e loita para moitas mulleres, nunha sociedade na que carecían de oportunidades.
Obradoiro de Regueifas en 1º de ESO
19/02/2023
Os pasados 14 e 15 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO participou nun Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco. Achegamos un pequeno vídeo de baixa resolución.
Saída de 5º e 6º de Primaria á Coruña para ver teatro en inglés
06/02/2023
O pasado 23 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu á obra en inglés The sword in the stone (da compañía Face2face), na Coruña. Algúns deles saíron ao escenario para interpretar personaxes. Xa que o tempo acompañou, o grupo puido achegarse depois á Torre de Hércules e arredores.
Saída de 3º e 4º de ESO ao teatro en inglés en TVE
14/01/2023
Deixamos aquí a reportaxe emitida onte no Telexornal de TVE sobre a obra de teatro en inglés á que asistiu o noso alumnado de 3º e 4º de ESO. Grazas especiais ao alumnado que participou saíndo a escena e incluso respondendo ás preguntas de TVE (que tamén abordou a súa profe Irene).
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
