Saltar navegación.
Inicio

Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Física e Química, Francés, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Relixión, Secundaria, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Enquisa sobre actividade física no Feal

2º de ESO B 2021-2022Preme para ver máis fotos

25/03/2022

Durante o segundo trimestre, o alumnado de 2º de ESO traballou nunha enquisa sobre actividades físicas e prácticas sedentarias, dentro da materia de Promoción de hábitos saudables (co profe Julián), e recollendo datos de todo o alumnado e profesorado da ESO. As gráficas resultantes foron expostas na entrada do noso centro, e estas son algunhas das conclusións:

  • A actividade física intensa vai decrecendo coa idade, ao tempo que van crecendo as prácticas sedentarias.
  • As actividades físicas intensas e nos recreos son menores no alumnado feminino.

Mensaxes de amor

San Valentín 2022

14/02/2022

Enya Magallón e Brais Peña, alumnos de 1º de ESO C, cumpriron moi ben a súa función de "Cupidos": no día de San Valentín entregaron todas as mensaxes de cariño depositadas na caixa de correos durante a semana pasada.

Grazas pola súa colaboración e grazas tamén a todos os que participaron nesta actividade, que buscaba destacar a importancia de manifestar sentimentos tan positivos como a amizade, o amor e o agradecemento cara ás persoas que forman parte da nosa vida.

Convocatoria do concurso de mensaxes de amor 2022

Amor 2022

08/02/2022

Achégase o día de San Valentín, dende o Departamento de Lingua Castelá propoñemos unha actividade para celebrar esa data tan amorosa: escribe unha carta de amor, amizade ou agradecemento, dirixida a algunha persoa do centro.

Mete a carta nun sobre no que indiques o nome do teu destinatario/a (e o grupo). Deposítao na caixa de correos que atoparás na entrada do colexio (ata o 11 de febreiro. 10h).

O luns 14, o noso equipo de Cupidos, entregará cada mensaxe a quen corresponda.

(Trata de ser correcto tanto no contido como na forma da túa mensaxe. As cartas que non indiquen o nome do remitente, serán revisadas para evitar expresións inadecuadas).

Percusión corporal en 1º de ESO

03/02/2022

O noso profe de Secundaria Julián Otero gravou recentemente tres vídeos en 1º de ESO (un con cada grupo), e aquí tedes a compilación. Trátase de actividades de introdución aos ritmos a través da percusión corporal, e dentro da materia "Obradoiro musical".

Estas actividades, traballáranse durante o primeiro trimestre deste curso en colaboración co departamento de inglés, e utilizaron músicas de Nadal.

Lanzamento de ovos no Feal

22/12/2021

Durante os últimos días deste trimestre, propuxemos unha pequena actividade voluntaria para subir nota (e de paso divertirnos) na Tecnoloxía de 2º de ESO.

Tratábase de lanzar ovos frescos desde a 2ª planta do noso centro, e que resistisen a caída, comprobando que non estaban cocidos.

Houbo diversas solucións de baixa tecnoloxía (sen chegar aos drones) para resolver este problema, pero as máis vistosas foron as que utilizaban paracaídas. Grazas a todos/as participantes!

A Sainte Catherine no Feal

Sombreiros franceses 2021Preme para ver máis fotos

01/12/2021

O pasado xoves, 25 de novembro, a entrada do Feal vestiuse de orixinais sombreiros confeccionados polo alumnado de Francés para participar no concurso organizado polo departamento en honor á celebración francesa de Sainte Catherine.

Nesta festa, que se vén celebrando no país veciño dende hai mais de cen anos, as mozas de 25 anos solteiras, (as catherinettes), que traballaban nos talleres de alta costura de Paris, tomaban o día libre e saían de troula con vistosos tocados e sombreiros nos que predominaban as cores asociadas á santa: o verde (cor da esperanza) e o amarelo (cor da alegría).

Actualmente, este día é a festa dos modistas e costureiros e hai un importante concurso de sombreiros no que participan as máis importantes marcas de alta costura e as escolas de deseño.

No Feal tamén temos talento e creatividade dabondo e os gañadores desta edición foron:

  • Primeiro premio: Daniel Santos Lago (1º A)
  • Segundo premio: Gema Díaz González (2º B)
  • Terceiro premio: Sabela Álvarez, Noa Picos e Sara Vázquez (1º A)

Merci beaucoup à tous/toutes pour votre participation !!

Percorrido de 4º de ESO polas Meninas de Canido

Meninas de Canido 2021Preme para ampliar a foto

21/11/2021

O pasado xoves, o alumnado de 4ºESO fixo unha visita ao barrio ferrolán de Canido para perderse nas suas rúas. Alí poideron gozar das meninas pintadas nos seus muros, e tomarlle o pulso a unha zona que algúns confesaron ter pisado ben pouco.

A saída, organizada polo departamento de Plástica, foi ben recibida polo alumado, que tomou boa nota dos murais para inspirarse no proxecto de fin de trimestre: deseñar a sua propia menina. En que parede de Narón estará a pensar esta comunidade de artistas para levar a cabo o seu proxecto? Estaremos alerta.

Sonia Álvarez

Surf 2021

Surf 2021Preme para ver máis fotos

25/06/2021

O pasado 22 de xuño, un grupo de 4º de ESO foi surfear pola praia de Pantín en compañía de Víctor, Juan e Marisa. Foi por tanto a última saída da nosa Promoción 2021, nun curso onde non foron posibles grandes viaxes como remate da ESO. Para a maioría do grupo foi o seu bautismo surfeiro, pero na foto tamén podedes ver a unha verdadeira experta (Martina). Deixamos outras das fotos que nos enviou Marisa no álbum "Surf 2021" da nosa Galería de Imaxes.

4º de ESO baila con "Piece of you"

17/06/2021

O alumnado de 4º de ESO da materia de Música despídese deste curso tan especial, pero sobre todo, pecha etapa. Queremos compartir con vós o penúltimo "exercicio musical" que preparamos nas clases. Trátase dunha pequena coreografía de Santi Serratosa, que creou para celebrar o Musiqueando deste ano. O Musiqueando é unha celebración a nivel nacional que se fai tódolos anos e na que participan moitísimos centros de toda España. Trátase de dar visibilidade á materia de Música gravando exercicios de práctica musical feitos nas clases, e compartíndoos dixitalmente. Aínda queda outra pequena sorpresa, pero esa terá lugar na graduación de 4º de ESO. Como podedes comprobar, gravamos dúas veces (cos dous grupos de 4º de ESO de Música).

Parabéns ao alumnado que participou, polo traballado durante este curso na materia de Música e pola súa musicalidade. Moita sorte na nova etapa!! Ata sempre.

Alba Alonso

Despedida de Jill

Jill con 3º de ESO APreme para ver máis fotos

26/05/2021

Esta mañá, o alumnado de 3º de ESO das Seccións Bilingües de Música e Plástica, tivemos a última clase coa auxiliar de conversa Jill. Foi una experiencia moi positiva, e aproveitamos as clases con ela para mellorar a expresión oral, ampliar vocabulario e achegarnos á súa cultura. Jill é unha defensora das clases ao aire libre, así que siempre que o tempo nolo permitiu, aproveitamos para saír fóra.

Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos con ela; botarémola moito de menos. Moita sorte e grazas por todo, Jill!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido