Saltar navegación.
Inicio

Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Física e Química, Francés, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Relixión, Secundaria, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

O alumnado de 4º de ESO conta a súa experiencia co software libre

Linux contra Windows

A mascota de Linux (o pingüín Tux)
asexando á volvoreta de Microsoft

24/10/2008

Se non queres pagar nin un céntimo por un programa de ordenador, pero tampouco facer copias ilegais, nin ter problemas cos virus...  hai unha solución: o software libre. A web do Feal está feita con software libre e funciona perfectamente.

Aínda que esteas loucamente namorado/a do teu querido Windows e non sexas capaz de abandonalo, hai moitos programas libres que poden correr en Windows cun funcionamento moi similar aos que xa coñeces: OpenOffice.org en lugar de Microsoft Office, GIMP en lugar de Photoshop, Firefox en lugar de Internet Explorer...

Sen embargo, o ideal é que deas un paso máis e cortes de raíz cos multimillonarios da Informática: cambia de sistema operativo; olvídate de Windows e pásate a Linux.

O alumnado de 4º de ESO que segue a materia de Informática na aula da 2ª planta, leva dende o comezo deste curso sen saír de Linux (na versión de Ubuntu, que podes descargar ou pedir en CD sen ningún gasto) e parece que non botan de menos ao sistema operativo de Microsoft. Podes ler os seus comentarios máis abaixo.

Entrega de Premios de Relato Curto da Fundación Coca-Cola

Adrián e Diego

24/05/2008

A gala do pasado venres 23 de maio estivo chea de emocións. Adrián Candales e Diego Ferreira chegaron ao restaurante El Bosque (Cambre) acompañados polos seus pais, todos moi contentos polo feito de formar parte dos 24 alumnos seleccionados neste concurso (entre os 406 participantes da zona Norte de Galicia), e ilusionados pola inminente entrega de premios.

Despois dun aperitivo, colocaron aos 24 rapaces nunha mesa para que se foran coñecendo e intercambiando impresións. Tomaron asento e comezaron as sorpresas: a primeira foi descubrir ao simpático presentador virtual que faría de mestre de cerimonias. Antes de comezar a cea, chegou a segunda sorpresa: desvelaron os 6º e 5º premio de cada sector, e no sector de Ferrol, foi Adrián Candales Taracido (de 2º A) quen acadou o 6º premio. Tras o primeiro prato, chegou a terceira sorpresa: Diego Ferreira Carballeira (de 2º C) recibiu o 4º premio do sector de Ferrol. Ambos estiveron moi satisfeitos coa velada, cos amigos que fixeron e cos agasallos recibidos: un reloxo, unha bolsa de deportes, unha funda para MP3, unha base de portos USB, así como o merecido diploma e a súa estatuilla de finalistas deste emocionante concurso de relato curto. Sabemos que ambos terán un brillante futuro académico, e poden chegar a ser grandes "plumillas". PARABÉNS a eles e ás súas familias. GRAZAS por deixar en tan bo lugar o nome do CPI do Feal.

Contacontos bilingües

Tim Bowley e Charo Pita

12/05/2008

Deixamos un pequeno recordo dunha das actividades da semana das Letras Galegas. Os alumnos da ESO pasaron pola Biblioteca para escoitar aos dous simpáticos contacontos da foto: Tim Bowley contaba as historias en inglés e Charo Pita facía a traducción simultánea en galego.

Gran éxito no Concurso de Relato Curto de Coca-Cola

Adrián e Diego

07/05/2008

Que grata noticia recibimos hoxe: a representante da Fundación Coca-Cola na zona de Ferrol, achegouse ao noso centro para comunicarnos que dous dos alumnos participantes no Concurso de Relato Curto que tivo lugar o pasado día 5 de abril, quedaron entre os seis gañadores do Sector de Ferrol e son finalistas da Fase Provincial. Trátase de Adrián Candales Taracido (2º de ESO - A) e Diego Ferreira Carballeira (2º de ESO - C). Ambos están invitados a unha cea no Restaurante El Bosque (Cambre) o próximo día 23 de maio. No transcurso da mesma farase entrega dos premios e se algún deles queda de 1º entre os 24 finalistas seleccionados, participará na fase Nacional.

Noraboa a ambos, e en nome da comunidade educativa do CPI do Feal, BOA SORTE.

Un saúdo tamén aos outros cinco representantes do colexio (Jorge Casal, Patricia López, Diego Valerio, Laura Mosquera e Alba Pérez) pola súa ilusión e traballo e esperamos que non deixedes de escribir relatos.

Día Internacional do Libro

Día do Libro 2008

23/04/2008

Xa vedes como pasan este Día Internacional do Libro os nosos alumnos de 1º e 2º de ESO: apoderáronse de distintos textos, principalmente fragmentos de Don Quijote de La Mancha, engadíronlle traballo, imaxinación, ensaios e moita ilusión... e como resultado temos auténticas xoias escénicas. Aquí só podemos recoller unha mostra gráfica da súa iniciativa, pero queda constancia de que tomaron moi en serio a celebración deste 23 de abril. Esperamos que o próximo curso, con máis tempo e medios, poidamos facer unha posta en escena para outros alumnos do centro, como festa do libro no CPI do Feal.

Día do Libro 2008

Intrusión do responsable da web no artigo do departamento de Lingua Castelá: non vos perdades este xenial vídeo noruego sobre a chegada do libro e o medo ás novas tecnoloxías (os subtítulos son un pouco estranos porque non foron feitos en España):

Un instrumento sideral

21/04/2008

Aproveitando que estes días estamos falando de ondas electromagnéticas en 4º da ESO, o departamento de Tecnoloxía únese á festa musical que reina na web do Feal ultimamente e preséntavos un instrumento único que seguramente non coñecedes: o Theremin. Un instrumento que se toca sen tocar nada e que foi o primeiro sintetizador da Historia. É un oscilador con dúas antenas (unha horizontal e outra vertical), de xeito que acercando unha man á antena horizontal baixa o volume e acercando a outra man á antena vertical aumenta a frecuencia. O incrible e que haxa xente como a rusa do vídeo que tedes debaixo capaz de interpretar melodías co Theremin (no rock actual tamén está presente). A melodía que interpreta Lydia Kavina é "Claro de Lúa" ou "Luar" de Claude Debussy (pertencente á "Suite Bergamasque" para piano). Tedes máis información sobre o instrumento na Wikipedia, onde veredes que é un invento moi anterior á Wii. Se coñecedes a alguén que teña un Theremin na casa... gustaríanos facer un obradoiro!!

Posdata: despois do chamamento anterior, resulta que Víctor coñece a unha persoa que construíu un Theremin, aínda que xa o vendeu. Falaremos con el e se fora viable trataríamos de montar un no taller de Tecnoloxía.

Obradoiro de zanfona

Zanfona

10/04/2008

Xa coñecedes a gran afición á zanfona de Paloma. O pasado 28 de marzo, o departamento de Música organizou un obradoiro sobre este peculiar instrumento en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, e Pedro fixo un pequeno vídeo que podedes ver facendo clic na foto do mestre Suso Vaamonde.

Concurso de relato curto de Coca-Cola

Concurso Coca-Cola 2008

07/04/2008

Estes son os alumnos de 2º de ESO que o pasado sábado representaron ao noso centro no concurso de relato curto promocionado pola Fundación Coca-Cola. Durante dúas horas estiveron moi concentrados e puxeron en marcha a súa imaxinación para elaborar unha historia de tema libre que debía incluir as seis palabras dadas polo coordinador. A experiencia foi positiva, e saíron satisfeitos polo traballo realizado.

Queda agardar polo resultado desta fase provincial da que saíran seis finalistas, pero o feito de teren participado xa supón un éxito persoal para cada un destes estupendos redactores. Noraboa.

París....c'est fini!

París 2008

24/03/2008

Et voilà, xa estamos de volta!, o bó pasa rapidiño de máis, pero aproveitámolo moi pero que moi ben. Vimos todo aquilo que levábamos previsto no noso itinerario e tamén tivemos tempo de pasear e perdernos un ratiño polas rúas respirando o ambiente parisino e mesturándonos coas súas xentes, que é o que verdadeiramente nos fai palpar a identidade da cidade.

Aínda que tivemos algúns problemiñas có hotel e coa meteoroloxía (non facía precisamente un sol radiante), non deixamos que nada enturbase a nosa viaxe porque todos coincidimos en que París é unha cidade impresionante, "chapeau", como din os franceses, (nós tamén nos quitamos o sombreiro).

No próximo número da nosa revista "A tribo" aparecerá un artigo sobre a nosa viaxe e unha selección de fotos, aínda que si queredes encher os ollos con imaxes de París tedes bastantes na Galería da nosa Web: convidámosvos a contemplalas.

Dende aquí enviamos un saúdo ós compañeiros de Telleiras cós que houbo unha estupenda convivencia durante toda a viaxe, así que, cando queiran... repetimos!

O recuncho de Tecnoloxía ponse en órbita

Estación Espacial

10/01/2008

O departamento de Tecnoloxía pon en órbita o seu recuncho no espazo web do Feal. Comezamos sen moitas pretensións porque non andamos sobrados de tempo nin de talento, pero era a nosa obriga moral ser o departamento pioneiro na construción desta web. Pouco a pouco iremos engadindo todo tipo de historias tecnolóxicas. Esperamos aos demais departamentos e equipos por aquí arriba!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido