Saltar navegación.
Inicio

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión

Graffiti con 1º da ESO

Carmen Mirabal, 17/12/2008 

O luns día 15, tivemos a sorte de ter un obradoiro de graffiti con Anxo Fariña Temprano. Este coñecido ilustrador vigués, que fixo Belas Artes en Pontevedra ensinounos a traballar coas imaxes e as letras, convertendo palabras en imaxes.

Pintamos con sprays de cores, en grandes follas postas na parede, e se queredes podedes ver as nosas obras no patio cuberto.

Graffiti

Sorteo da cesta de Nadal

16/12/2008 

No sorteo da cesta de nadal para a viaxe do alumnado da sección bilingüe a Londres o número agraciado foi o 432.

A gañadora foi Marina Fraguela e o alumno Ismael Ares, o neno de San Ildefonso-Feal que lle vendeu a papeleta.

Noraboa e a disfrutar.

Pavo

Concertos de zanfona e acordeón na Biblioteca de Secundaria

Óscar Fernández e Carlos Quintá

25/11/2008

Xa temos algunhas imaxes dos concertos de zanfona e acordeón que deron Óscar Fernández e Carlos Quintá para o alumnado da ESO. Non había unha cámara de vídeo dispoñible, pero fixemos un pequeno vídeo cunha cámara de fotos que aínda que non ten a mesma calidade, serve para un recordo (podedes pinchar na foto superior). Tamén podedes ver algunha foto de maior tamaño na Galería.

Ademais de agradecer a visita e a arte dos fantásticos músicos, tamén temos que dar as grazas ao alumnado de 4º A e 4º B, que axudou a acondicionar a biblioteca para os concertos.

Adrián Carballo e Jorge Casal

Adrián Carballo e Jorge  Casal

Concurso de redacción: Narón, a túa cidade

24/11/2008

 

Dende hai varias semanas, no centro recibimos case cen exemplares diarios de La Voz de Galicia. Trátase dun intento deste rotativo, en colaboración co concello de Narón, de fomentar a lectura do xornal entre os escolares. Aproveitando esta iniciativa, está convocado o Primeiro Concurso de Redacción do noso concello. Cada alumno debe escoller unha noticia do seu interese, dentro da sección adicada a Narón, e a partir de aí, redactar un texto valorando a información seleccionada. Haberá premios tanto a nivel individual, como de aula. Anímovos a participar. Precisades un profesor que actúe de coordinador, e, se sodes menores de 14 anos, a autorización dos vosos pais. O prazo comenzou o día 10 de novembro, e rematará o 23 de decembro. Os interesados, poden consultar as bases e descargar a plantilla de participación, nos seguintes enlaces:

BASES

PLANTILLA

Teatro para 1º e 2º de ESO

Os alumnos de 1º e 2º ESO acudiron o pasado 17 novembro ao Auditorio de Narón para ver unha representación teatral, "El Romeo y la Julieta".

Inspirados na peza dramática de W. Shakespeare, a compañía albaceteña "La tirita del teatro" propón a seguinte cuestión na sinopse da obra: "¿Qué pasaría si Romeo y Julieta fuesen dos niños, hijos de inmigrantes? ¿Y si en lugar de Montescos y Capuletos, la disputa fuera entre dos culturas tan diferentes como la nigeriana y la colombiana?"

Xa temos algún comentario do alumnado:

Cesta de Nadal da Sección Bilingüe

Cesta de Nadal da Sección Bilingüe

O alumnado de 1º de ESO que está seguindo a materia de Educación Plástica e Visual en inglés, ten prevista unha viaxe a Londres como sucedera o curso pasado. Para recadar fondos, está vendendo rifas de 1 € para a cesta de Nadal da foto, que será sorteada no recreo do martes 16 de decembro.

Teatro para 3º e 4º de ESO

Bicos con Lingua

15/11/2008

Os alumnos de 3º e 4º ESO acudiron onte ao auditorio de Narón para asistir á representación de Bicos con lingua, da compañía ceense Talía.

Esta obra foi estreada en 2003 e o seu director é Avelino González. Interpretada por Artur Trillo e Toño Casais, esta montaxe recibiu o premio María Casares ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal, que foi elaborado polos escritores Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lema, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría. O obxectivo da peza é ofrecer ao espectador unha experiencia de redescubrimento da lingua galega.

Xa temos algún comentario do alumnado:

Morreu Mama África

Miriam Makeba

Paloma García, 14/11/2008

Así chamaban a Miriam Makeba. Era, é, unha das miñas cantantes favoritas e a verdade é que non sei que dicir...

A foto que baixei foi feita na sede das Nacións Unidas, nos setenta, durante un debate sobre o apartheid1. Anos antes tivo que exiliarse do seu país, por reclamar para a poboación negra os mesmos dereitos que tiñan os brancos. E esa foi a mensaxe das súas cancións durante toda a súa vida: que todos e todas temos que ter os mesmos dereitos. E estivo dicíndoo ata un minuto antes de morrer.

Podedes atopar todo tipo de  información sobre ela, así que non vou dar datos sobre a súa vida, morte ou música. En calquera web ou xornal falarán do seu maior éxito “Pata Pata”. Vale. Pois eu prefiro outra: “A luta continua”. Que ninguén se asuste, Miriam falaba dunha loita elemental, a que pide os mesmos dereitos para brancos e negros, brancas e negras, amarelos, rosas, a raias. Que máis dá?

Abur Miriam.

________________________

1 Sistema social imposto por  gobernos de minoría branca en Sudáfrica durante o século XX. Baixo este sistema os grupos étnicos estaban separados, e á maioría negra  negábanselles numerosos dereitos, como o de votar e o de libre circulación polo territorio.

Charla sobre a experiencia das persoas xordas na nosa sociedade

Charla de Rubén Golpe Rodríguez

O pasado 27 de outubro, Rubén Golpe Rodríguez (ex-alumno de Nieves) veu ao Feal para contar as súas vivencias como persoa xorda. Rubén fixo dúas carreiras e leva unha vida normal, pero esperamos que poidades saber máis da súa experiencia no próximo número de A Tribo. Nunca víramos ao alumnado de 2º de ESO tan atento a unha explicación. Tedes máis fotos na Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido