Saltar navegación.
Inicio

Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Física e Química, Francés, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Relixión, Secundaria, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Concurso de redacción: Narón, a túa cidade

David e Mar
David Casteleiro e Mar González

 

Mar González, 04/06/2009

Despois dunha larga espera, chegou o final desta I Edición do Concurso Narón, a túa cidade. Un concurso de redacción organizado polo xornal La Voz de Galicia, en colaboración co noso concello, que tiña como primeira pretensión impulsar a lectura de prensa entre os escolares. A maioría dos alumnos de 1º ESO do CPI do Feal participaron nesta iniciativa. A súa tarefa consistiu en escoller unha noticia dentro da sección local de Narón, e facer un comentario sobre a información obtida. O traballo de lectura e selección fíxose nas aulas e durante máis dun mes os escolares manexaron os xornais para elaborar as súas redaccións.  O Concurso resultou exitoso, houbo unha gran participación de nenos de distintos centro de Narón: en total presentáronse 188 traballos entre Primaria e Secundaria. O pasado mércores 4 de xuño foi a entrega de premios nun acto presidido polo alcalde, Xosé M. Blanco. O noso colexio resultou premiado en dúas categorías: por un lado, o alumno de 1º B, David Casteleiro González resultou gañador na sección de 1º-2º ESO polo seu traballo sobre as rutas ciclistas organizadas polo concello para os escolares. Tamén resultou premiada a profesora Mar González, pola súa labor de dinamizadora do traballo de redacción na aula. Destacamos tamén que na categoría de 3º-4º ESO foi galardonado un ex-alumno do CPI do Feal, Diego Ferreira, e a súa profesora de Lingua Galega, a nosa ex-compañeira María Yáñez. Noraboa a ambos. Podedes ver o relativo a esta información na edición local de La Voz de Galicia do 4 de xuño. Na publicación do día 6 aparecen recollidos os textos dos alumnos gañadores, entre eles o de David Casteleiro.

 

Premiados no Concurso de La Voz 2009
Todos os premiados neste concurso

Os Invencibles gañan o campionato de fútbol de Primaria

Os Invencibles

José Manuel Timiraos, 02/06/2009

Rematou o campionato de fútbol que se veu celebrando en Primaria durante os recreos. No partido para o 3º e 4º posto, Os Leóns derrotaron nun emocionante partido aos do Narón por 4 goles a 1. A gran final celebrouse o venres 22 de maio entre Os Invencible e Os Castróns Tolos. Foi unha final moi disputada que se acabou decantando do lado dos primeiros por un tanteo de 8 a 5. Cabe destacar a entrega de todos os xogadores e a deportividade coa que se desenvolveron todos os encontros.

A clasificación final foi a seguinte:

  1. Os Invencibles
  2. Os Castróns Tolos
  3. Os Leóns
  4. Narón
  5. Dream Team
  6. Dragóns
  7. Non Sei 
  8. Fieras 

Noraboa a tod@s os que participaron e...ata o curso que vén. 

A crise vista dende O Feal

Desirée, Rebeca, Tania e Anaís
Fai clic para ver o vídeo
(se tes problemas, descarga o arquivo co botón dereito do rato)

21/05/2009

Despois de que o alumnado de 4º de ESO aprendera a editar vídeos na materia de Informática, formáronse grupos para facer pequenos traballos na materia de Educación Plástica e Visual. Presentamos aquí o traballo máis aventureiro, que foi realizado polas alumnas que aparecen na foto: Desirée, Rebeca, Tania e Anaís.

Queremos máis reportaxes deste estilo para a nosa web!!

Portátiles para tod@s

 

Ángel Carrera, 20/05/2009

A pesar da crise, os políticos anuncian que en breve todos os rapaces e rapazas do Estado de entre 5º de Primaria e 4º de ESO terán un portátil para levar a casa. Ante esta noticia, sentímonos obrigados a recuperar o vídeo brasileiro que publicamos hai uns meses neste espazo. Por certo, ¿xa teñen previsto quen vai facer o mantemento deste despiporre tecnolóxico en mans de rapaces?

Esta vez recibiremos queixas da Moncloa por publicar este artigo?

Virán directamente da Zarzuela?

 

P.D.

O domingo 24 de maio publicouse un interesante artigo sobre este tema en La Voz de Galicia: "Ordenadores en medio del desorden".

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó 

14/05/2009

No marco da celebración do Día das Letras Galegas (este ano dedicado a Ramón Piñeiro), o Departamento de lingua e literatura galegas en colaboración con Normalización Lingüística, trouxemos ao noso centro ao contador de historias Cándido Pazó.

Este cómico vigués é coñecido polo seu traballo como autor teatral, director de escena, narrador oral e actor.

Finaliza a 2ª fase do campionato de fútbol sala en Primaria

12/05/2009

A pasada semana rematou a segunda fase do campionato que se ven celebrando en Primaria. Como sabedes había dous grupos, A e B. No grupo A loitarán polos 4 primeiros postos, e no B polos postos do 5º ao 8º.

Os partidos serán os seguintes:

  • Postos 7 e 8 : Non sei - Fieras
  • Postos 5 e 6 : Dream Team - Dragóns
  • Semifinais :
    • Os invencibles - Os Leóns
    • Os castróns tolos - Narón

Moita sorte a tod@s !

O CPI do Feal ensina papiroflexia na Escola de Arquitectura de A Coruña

Papiroflexia na Escola de Arquitectura
Fai clic para ver máis fotos

04/05/2009

Na ESO do noso centro hai tradición de papiroflexia (ou origami) dende hai varios anos, tanto nos obradoiros de Entroido como nas clases de Matemáticas. O pasado 30 de abril, a nosa profesora de Matemáticas Conchi Seijas foi invitada pola Escola de Arquitectura de A Coruña para dirixir un obradoiro de papiroflexia modular dentro dunha semana de diversas actividades culturais e deportivas. Quedan algunhas imaxes na Galería; véndoas, parece que os futuros arquitect@s de Galicia pasáronno moi ben.

Igualdade de dereitos para o galego

María Anca, 27/04/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística propón na súa páxina o envío de adhesións particulares solicitando ao novo goberno que non incumpra a lexislación con respecto á nosa lingua e manteña a defensa da oficialidade do galego.

Podedes atopar información en:

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Remata a primeira fase do campionato de fútbol en Primaria

José Manuel Timiraos, 03/04/2009

Rematou o pasado xoves día 2 a primeira fase do campionato que se vén celebrando en Primaria durante os recreos. A partires de agora haberá outros dous grupos, A e B, no primeiro loitarán os esquipos polos postos do 1 ao 4, e no segundo se disputarán os postos do 5º ao 8º. Sorte a tod@s, e moita deportividade.

Os resultados e as clasificacións da 1ª fase foron os seguintes:

Grupo A


Resultados

 Non Sei  2   Narón  2 
 Dragóns  1  Invencibles   3
 Non sei  1  Dragóns  5
 Invencibles   2  Narón  2
 Narón  3  Dragóns  1
 Invencibles  4  Non sei  0

Clasificación

 1   Invencibles   7 puntos 
 2  Narón  5 puntos
 3  Dragóns  3 puntos
 4  Non sei  1 punto

Grupo B


Resultados

 Dream Team   1   Fieras  1 
 Leóns  4  Castróns Tolos   4
 Dream Team  0  Leóns  2
 Fieras  2  Castróns Tolos  6
 Leóns  1  Fieras  2
 Castróns Tolos    5  Dream Team  1

Clasificación

 1   Castróns Tolos   7 puntos 
 2  Leóns  4 puntos
 3  Fieras  4 puntos
 4  Dream Team   1 punto

Comeza un novo campionato de fútbol sala en Primaria

Fútbol

José Manuel Timiraos, 18/03/2009

A segunda semana de marzo, comezou un novo campionato de fútbol sala en Primaria. Participan un total de 56 nen@s de 4º, 5º e 6º, divididos en dous grupos de catro equipos cada un. Dispútase nos dous recreos (a 1ª parte no 1º e a 2ª no 2º). Estes son os nomes dos equipos:

 Grupo A  Grupo B
 Os Leóns  Non sei
 Os Castróns Tolos   Narón
 Dream Team  Os Dragóns
 As Fieras  Os Invencibles 

A arbitraxe corre a cargo de dous profesores. 

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido