Saltar navegación.
Inicio

Concurso de redacción: Narón, a túa cidade

David e Mar
David Casteleiro e Mar González

 

Mar González, 04/06/2009

Despois dunha larga espera, chegou o final desta I Edición do Concurso Narón, a túa cidade. Un concurso de redacción organizado polo xornal La Voz de Galicia, en colaboración co noso concello, que tiña como primeira pretensión impulsar a lectura de prensa entre os escolares. A maioría dos alumnos de 1º ESO do CPI do Feal participaron nesta iniciativa. A súa tarefa consistiu en escoller unha noticia dentro da sección local de Narón, e facer un comentario sobre a información obtida. O traballo de lectura e selección fíxose nas aulas e durante máis dun mes os escolares manexaron os xornais para elaborar as súas redaccións.  O Concurso resultou exitoso, houbo unha gran participación de nenos de distintos centro de Narón: en total presentáronse 188 traballos entre Primaria e Secundaria. O pasado mércores 4 de xuño foi a entrega de premios nun acto presidido polo alcalde, Xosé M. Blanco. O noso colexio resultou premiado en dúas categorías: por un lado, o alumno de 1º B, David Casteleiro González resultou gañador na sección de 1º-2º ESO polo seu traballo sobre as rutas ciclistas organizadas polo concello para os escolares. Tamén resultou premiada a profesora Mar González, pola súa labor de dinamizadora do traballo de redacción na aula. Destacamos tamén que na categoría de 3º-4º ESO foi galardonado un ex-alumno do CPI do Feal, Diego Ferreira, e a súa profesora de Lingua Galega, a nosa ex-compañeira María Yáñez. Noraboa a ambos. Podedes ver o relativo a esta información na edición local de La Voz de Galicia do 4 de xuño. Na publicación do día 6 aparecen recollidos os textos dos alumnos gañadores, entre eles o de David Casteleiro.

 

Premiados no Concurso de La Voz 2009
Todos os premiados neste concurso

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com