Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria
Día da discapacidade 2023
30/11/2023
Achegamos unha presentación feita na Biblioteca de Infantil e Primaria, con propostas de actividades para o Día Internacional da discapacidade (3 de decembro).
Samaín 2023 na Biblioteca de Infantil e Primaria
10/11/2023
Achegamos unha presentación coas actividades de Samaín na Biblioteca de Infantil e Primaria: concurso de relatos, contos do gran chef Luigi e a nena da curva para os máis peques, xincana de contos de medo con gafas 3D para os maiores...
Día das Bibliotecas 2023
06/11/2023
Por mor da celebración do Día das Bibliotecas, os corredores de Infantil e Primaria enchéronse o pasado 25 de outubro de "madriñas e padriños" lectores. Pola tarde, foron as familias as que visitaron a biblio de Paco para ler e xogar cos seus fillos. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.
Publicamos xa os resultados da actividade de bookface, (facer unha foto fundindo a imaxe dunha persoa coa da portada dun libro):
Suxestións de lectura para os máis pequenos
13/06/2023
O Equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria fixo unha selección de libros para este verán. O próximo curso máis!
III Feira do Libro do Feal
15/05/2023
O pasado 11 de maio, a nosa Biblioteca de Infantil e Primaria organizou a súa III Feira do Libro, que tamén abriu as súas portas ás familias durante a tarde. Subimos unha montaxe de vídeo feita por Keko á nosa canle de YouTube, e ademais algunhas fotos á nosa Galería.
A nosa canteira de contacontos
20/04/2023
Este ano, @s voluntari@s da Biblio de Paco propuxéronlle organizar uns contacontos para os máis peques do cole. Aquí vos deixamos as dúas primeiras entregas, con público de 1º e 2º de Primaria. Icía e Ainhoa contaron o conto "Unha árbore", mentres que Daniela e Marina elixiron "O crocodilo ao que non lle gustaba a auga".
Paco confírmanos que foron un exitazo!!! Xa estamos agardando impacientes os seguintes.
Presentación de "Lúa" no Feal
20/04/2023
Aquí tedes imaxes da visita de Pepablo Patinho ao Feal o pasado luns, para presentar o seu libro "Lúa" ao noso alumnado na Biblioteca de Paco.
Estreámonos nas redes
07/03/2023
O CPI do Feal, estréase nas redes sociais. Xa temos Instagram, onde poderedes ollar publicacións de actividades de bibliotecas, actividades complementarias, asi como novas xerais do centro.
Día de Rosalía 2023
25/02/2023
O 23 de febreiro (polo aniversario do seu nacemento), celébrase o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida).
O pasado venres 24, clase por clase, o noso alumnado de Infantil e Primaria colocou as flores no xardín de Rosalía. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos conversaron. Como agradecemento, Rosalía recitoulles algún dos seus poemas. Grazas por facelo tan fermoso!
Para completar este artigo, engadimos diversos recursos educativos sobre o tema recompilados polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.
“Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro
Semana da Ilustración
14/02/2023
Cada 30 de xaneiro, coincidindo con día de nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Para conmemorar este día, as nenas e nenos de EI e EP fixeron ilustracións dos seus libros favoritos. Aquí tedes unha presentación coas ilustracións escollidas en cada clase. Son uns artistas!
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
