Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

A viaxe de Colorines

Colorines en Venecia

Eva Mª Bouza, 09/02/2009

Colorines é a mascota da biblioteca de E. Infantil e Primaria do noso colexio. É un gusaniño verde que vive rodeado de libros. Pero todos os cursos nos abandona e no seu lugar deixa un ovo do que nace un novo gusaniño. Como o de este ano é moi curioso, investigando nos libros que o rodean, decubriu que non era un gusano calquera, senon que pertence a especie dos gusanos de seda. Estes gusanos, cando remata o seu ciclo, envólvense nun casullo de seda do que saen ao fin transformados en bolboretas. Investigando nos libros, que nos contan moitísimas cousas, averiguou que é orixinario dun lonxano país chamado China, e nin curto nin perezoso emprendeu esa lonxana viaxe para averiguar as suas orixes.

Deixounos a biblioteca pechada por viaxe e, de cando en vez, envíanos unha carta contándonos como lle vai. Xa van seis días dende que nos deixou. Hoxe día 9, chegou unha nova carta. Cóntanos que está en Italia, nun porto chamado Venecia e que dende alí vai comezar a segunda parte da súa viaxe. Pretende seguir a Rota da Seda. Di que na antigüidade un viaxeiro veneciano chamado Marco Polo, xa fixo esa viaxe e pretende seguir os seus pasos. Prometeu volver a escribir cando chegue ao seu destino contándonos  as cousas que vaia descubrindo.

Tan pronto como chegue unha nova carta contaremos como lle vai.

O dicionario das palabras máis bonitas xa está na Biblioteca de Infantil e Primaria

Colorines en Nadal

Eva Mª Bouza, 14/01/2009

Durante o mes de novembro, Colorines, a mascota da biblioteca de Educación Infantil e Primaria, pediu axuda a todo o alumnado para elaborar un dicionario coas palabras que cada un considerara as máis bonitas. O traballo consistía en escoller unha letra e buscar unha palabra que comezase por dita letra. Logo representaban a palabra nun debuxo e escribían a súa definición, explicando por que elixiran esa palabra e acompañándoa moitas veces dun sinónimo ou dun antónimo.

O resultado desta actividade foi un dicionario en dous tomos que foi presentado no festival de Nadal por Colorines e que está na biblioteca á vosa disposición.

Agardamos a vosa visita.

Concurso de lectura da Biblioteca de Primaria

O pasado 5 de novembro, realizouse o primeiro sorteo do concurso de lectura da Biblioteca de Primaria, resultando gañadoras as irmás Marta e Laura Doce Pato, de 4º A.

Seguide concursando!

Os padriños de Colorines

Colorines e padriños

27/10/2008

Xa temos unha imaxe dos padriños que lle puxeron o nome de COLORINES á nova mascota da Biblioteca de Primaria. Trátase de Raúl Souto Díaz de 3º B e David Castro García de 5º A.

Xogo das Pistas 2008

Pistas 2008     Pistiñas 2008

03/06/2008

A Sexta Edición do Xogo das Pistas (e Pistiñas), que ven organizando a Biblioteca de Primaria do Feal, xa rematou. A participación foi extraordinaria e na Biblioteca quedamos encantados/as.

No Xogo das Pistas hai 12 equipos gañadores e no das Pistiñas 16. Haberá unha morea de premios para todos eles.

A biblioteca pirateada

Biblioteca pirateada

01/02/2008

Toda a xente que pasou pola Biblioteca de Primaria transformada pola piratería quedou abraiada. O noso máis sincero agradecemento ao Grupo de Traballo da Biblioteca de Primaria. Podedes ver o álbum de fotos facendo clic na deste artigo.

Nova mascota da Biblioteca de Primaria

Raiñalea

A mascota Verleo deixou a Biblioteca de Primaria e agora chega Raíñalea. O nome foi proposto polo alumno de 5º B Manuel Gallego Taboada.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido