Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Premios do concurso de mensaxes de amor 2021

Mensaxes de amor

25/02/2021

Esta semana, na Biblio de Paco do CPI do Feal, fíxose entrega dos diplomas e agasallos aos gañadores do concurso "Mensaxes de amor". Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar. Achegamos un pdf que ilustra a entrega de premios.

Premio ao mellor relato de medo da Biblioteca de Infantil e Primaria

Lucía Alves Paz

07/12/2020

Achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Lucía Alves Paz, de 6º A de Primaria. Parabéns!

Premios dos concursos de mensaxes de amor e marcapáxinas na Biblioteca de Infantil e Primaria

Paco

29/11/2020

Esta semana, na Biblio de Paco do CPI do Feal, fíxose entrega dos diplomas e agasallos aos gañadores do concurso "Mensaxes de amor", que debido á COVID non puido levarse a cabo no mes de marzo. Parabéns aos gañadores.

Ademais, o pasado 24 de outubro, celebrouse o "Día das bibliotecas", e Paco propúxolle ás nenas e nenos de EI e EP, que fixesen un marcapáxinas co libro que máis lles gustase. A decisión foi moi difícil porque os marcapáxinas presentados eran moi bos. Grazas por participar.

Xa temos gañadora do concurso de relatos de medo

Sara Teijeiro Villadóniga

11/02/2020

No concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria, Paco tívoo moi difícil, pois as historias presentadas tiñan unha grande calidade.

A gañadora é Sara Teijeiro Villadóniga, de 5º C de Primaria. Parabéns!!! Podedes gozar do seu relato en isuu.

Xincana da nosa nova biblioteca

17/12/2019

Para inaugurar a nova biblio, a nosa mascota Paco propuxo facer unha xincana por todo o cole. As alumnas e alumnos tiveron que facer oito probas, todas super divertidas. Cando chegaron á nova biblio, recibiron como agasallo un marcapáxinas co seu nome. Pasárono xenial!!!!

Visita da escritora María Canosa

María Canosa no FealFai clic para ampliar a foto

26/11/2019

O pasado martes 19 de novembro, os nenos/as de 6º de Primaria tivemos a visita da autora María Canosa para presentarnos, regalarnos e asinarnos o seu libro "Acuario". A actividade estaba organizada polo Concello de Narón.

Dereitos da Infancia

Dereitos da Infancia 2019Fai clic para ver a presentación de Prezi

18/11/2019

O 20 de novembro celebramos o día dos Dereitos d@ nen@. Nós, os adultos, debemos proporcionarlles estas ferramentas que lles dean ás para poder voar libres, felices e en igualdadade. Hai moitos destes dereitos que non se cumpren en moitos lugares do mundo... Traballemos para que a nosa infancia consiga telos!!!!!

Na presentación de Prezi que achegamos, participaron todos os niveis de Infantil e Primaria para representar cada un dos dereitos.

Samaín na Biblioteca de Infantil e Primaria

01/11/2019

Como despedida da antiga Biblioteca de Infantil e Primaria, e para celebrar o Samaín, fixemos un contacontos con historias arrepiantes. A profe Vanesa contoulles ás nenas e nenos de Infantil o conto Como mola a túa vasoira; pasárono de medo, pois fixeron una pócima máxica cuns ingredientes moi especiais. A profe Thais contoulles ás nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria o conto Pelos tortos, no que o protagonista é un ogro que ten una figueira. Por último, ás nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria, a profe Thais contoulles o conto O asasino vive ao lado, no que os protagonistas teñen un veciño un tanto estraño.

Deixamos aquí un pequeno resumo en forma de vídeo, feito pola profe Mª Carmen Balado. Se queredes saber como acaban estes contos, xa sabedes: pasade pola Biblio de Primaria. Agradecervos a tod@s a vosa colaboración.

Unha nova nai contando contos en 1º de Primaria

Raquel contando un contoFai clic para ampliar a foto

18/10/2019

O pasado venres, Raquel, a nai de Marcos de 1º A, veu contar o conto "¿Quien ha metido una vaca en la nevera? ao alumnado de 1º de Primaria. Pasaron un bo momento escoitando os "disparates" e rindo coas aventuras de Carola, a vaca tola. Como vedes na foto, xa comezamos a sacarlle partido á que será a nosa nova Biblioteca de Infantil e Primaria.

Nova mascota da Biblioteca de Infantil e Primaria

Paco

15/10/2019

O concurso da mascota para a Biblioteca de Infantil e Primaria xa ten gañador: Noel Rodríguez Cao. A mascota que creou chámase Paco, e é un camaleón viaxeiro ao que lle encanta ler. A que é moi orixinal? Esperamos vivir moitas aventuras con él. Agradecervos a tod@s a vosa participación no concurso. Grazas!!!

Noel

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido