Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Entrega de premios do concurso Mensaxes de Amor

        Novas da Biblioteca de Secundaria

Mensaxes de amor 2019

07/03/2019

O concurso de Mensaxes de Amor tivo gran éxito de participación. Esta mañá fixemos a entrega de premios aos gañadores das diferentes categorías:

Educación Infantil

  • Cada aula recibe un libro como agasallo polo traballo realizado. Vega Pérez actuou como representante dos catro grupos.

Educación Primaria

  • Sara Fraga (2º A)
  • Bernabel Menéndez (4º B)
  • Sara de Sousa (6º A)

Educación Secundaria

  • Mª del Rocío Teijeiro (3º A), na modalidade de carta.
  • Ana Medín (1º B), na modalidade de poesía.
  • Candela López (1º A), na modalidade de debuxo.
  • Finalistas: Catuxa Corral (1º C) e Iara Leal (1º B).

Parabéns a todos os premiados e o noso agradecemento a todo o alumnado participante.

Día de Rosalía 2019

Vanesa "de Castro"

 Vanesa "de Castro"

25/02/2019

O noso alumnado de Infantil celebrou hoxe o Día de Rosalía recitando e cantando no patio. Ademais, a profe Vanesa caracterizouse de Rosalía de Castro para llerlles poemas na Biblioteca.

Concurso de medo 2018

Concurso de medo 2018Fai clic para ampliar a foto

30/11/2018

Os gañadores/as do noso II Concurso de debuxos e historias de medo nas diferentes categorías son:

  • Inés Méndez Rodríguez (1º B de Primaria)
  • Tania López Pazos (4º B de Primaria)
  • Juan Romero (6º C de Primaria)

Na categoría de Infantil, reciben un agasallo por aula.

Parabéns aos premiad@s!

Agradecemento ao alumnado de Primaria que colaborou na Biblioteca

Axudantes da Biblio 2018Fai clic para ampliar a foto

15/06/2018

@s axudantes da Biblioteca de Infantil e Primaria recibiron hoxe un diploma e un pequeno agasallo pola súa colaboración ao longo do curso 2017-2018.

Despedímonos do alumnado de 6º e contamos co de 5º para o vindeiro curso. Moitísimas grazas.

O Equipo da Biblioteca

Premios do concurso "Que é para ti o amor"

Premios de PrimariaFai clic para ampliar a foto

13/03/2018

No recreo desta mañá, entregáronse os premios do concurso "Que é para ti o amor", na Biblioteca de Infantil e Primaria.

As gañadoras de Primaria foron as seguintes:

  • 1º e 2º de EP: Noa García Armero (2º A)
  • 3º e 4º de EP: Sara Cagiao Teijeiro (3º A)
  • 5º e 6º de EP: Inés Pereira Couce (6º B)

No caso de Infantil, o premio foi para todo o conxunto, e na foto inferior só aparece unha pequena representación.

Premios de InfantilFai clic para ampliar a foto

 Parabéns!!

Que é para ti o amor?

Corazón de pedras

19/02/2018

Seguro que podes responder a esta pregunta, nonsí? E se ademais o fas dun xeito orixinal, convidámoste a participar no concurso que convocamos desde a Biblioteca de Infantil e Primaria.

Bases:

  1. Recolle a plantilla na Biblioteca (no horario habitual ata o 23 de febreiro).
  2. Escribe o que para ti quere dicir o amor (en xeral, en todos os aspectos). En galego, con boa letra, e sen faltas.
  3. Decórao como ti queiras.
  4. Indica nome, apelidos e grupo por detrás.
  5. Introdúceo na urna que atoparás na mesma Biblioteca.

"Cocorocó" de Raquel Queizás para Infantil

Visita de Raquel Queizás

22/12/2017

O pasado martes os nenos e nenas de Infantil do Feal e Freixeiro riron, cantaron, xogaron e bailaron nunha sesión de contacontos protagonizada por Raquel Queizás na Biblioteca de Secundaria e organizada pola área de Ensino do Concello de Narón.

Podedes ver algunha foto máis nas últimas subidas do álbum "Biblioteca 2017" da nosa Galería.

Premios do concurso de debuxos e historias de medo

Concurso de medo 2017

Fai clic para ver máis fotos

10/11/2017

Aquí tedes a lista (e algunhas fotos) dos premiad@s no primeiro concurso de debuxos e historias de medo que facemos na nosa Biblioteca de Infantil e Primaria.

Debuxos:

  • Lucía Albite López (Infantil 3 anos)
  • Aroa Díaz Padín (Infantil 4 anos)
  • Antón Feal Carneiro (Infantil 5 anos)
  • Pedro Suárez Pazos (1º de Primaria C)
  • Inés González Tojeiro (2º de Primaria A)

Historias:

  • Daniel Santos Lago (3º de Primaria C)
  • Ariadna Martínez Pérez (4º de Primaria B)
  • Alba Souto Durán (5º de Primaria C)
  • Catuxa Corral Mosquera (6º de Primaria A)

Parabéns aos premiad@s e moitas grazas a todo o mundo por participar!

Concurso de medo 2017

Fai clic para ampliar a foto

I Concurso de historias e debuxos de medo

Concurso de MedoFai clic para ampliar a imaxe

26/10/2017

Dende a Biblioteca de Infantil e Primaria, convidámosvos a participar no I Concurso de historias e debuxos de medo. Lembrade que o alumnado de Infantil e o de 1º e 2º de Primaria pode presentar un debuxo, mentres que o de 3º, 4º, 5º e 6º unha historia de medo (acompañada ou non de ilustracións).

Animádevos a participar !!!! Atrevédevos !!!!

As últimas actividades do curso no museo do Feal

27/06/2017

Neste vídeo montado por Paula Neira, podedes ver unha mostra das últimas actividades deste curso no museo da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Veredes imaxes relacionadas cos seguintes cadros:

  • "Sereas" de Maruja Mallo
  • "O grito" de Edvard Munch
  • "O fillo do home" de Magritte
  • "O bico" de Klimt

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido