Bioloxía e Xeoloxía
Charla sobre vacinas e COVID
29/03/2022
O noso alumnado de 4º de ESO asistiu hoxe a unha charla sobre as vacinas e a COVID no Pazo da Cultura de Narón.
Regala reciclando... e coidado co azucre
Preme para ver máis agasallos reciclados
21/12/2020
Publicamos imaxes de dúas novas actividades do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía:
- A primeira chamouse Os erres do Nadal: Regala Reciclando, e foi realizada polo alumnado de 1º de ESO A, que elaborou diversos agasallos con material reciclado.
- A segunda chamouse Sabes o que tomas?, e foi unha exposición elaborada polo alumnado de 4º de ESO, sobre os efectos na saúde das bebidas azucradas (aínda podes vela na entrada do noso centro).
Experimentos en 1º de ESO B
07/12/2020
O alumnado de 1º de ESO B, realizou uns pequenos experimentos da materia de Bioloxía e Xeoloxía na súa casa, coa finalidade de comprender mellor os procesos físico-químicos que se explican na aula. Nos documentos que achegamos, algúns d@s alum@s explican o seu traballo.
Traballos de Bioloxía e Xeoloxía en 1º de ESO D
Na materia de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º de ESO D realizou unhas pequenas investigacións sobre diversos temas relacionados co ámbito da Xeoloxía. Para a súa exposición na aula, utilizaron murais e maquetas que podedes ver nun novo álbum da nosa Galería.
Os volcáns do Feal
Infantil - 3 anos
27/05/2019
O pasado mércores 22 de maio, o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía desenvolveu un "Obradoiro de erupción de volcáns" na aula de Infantil de 3 anos, no que os máis pequenos aprenderon un pouco sobre os volcáns, e viron unha erupción a pequena escala.
Premiados no concurso "Frases da Ciencia"
11/02/2019
Xa temos gañadores do concurso “Frases da Ciencia”!
- 1º de ESO: Iara Leal Cendán
- 3º de ESO: Iván Ferreira Galego
- 4º de ESO: Noa Filgueira Piñeiro
PARABÉNS!
Obradoiro de fósiles en Infantil de 3 anos
07/02/2019
O pasado mércores 6 de febreiro, e na aula de 3 anos, algúns alumn@s de 4º de ESO desenvolveron un obradoiro no que os máis pequenos aprenderon a facer un fósil.
Ao final da actividade, os nenos pequenos quedaron cos seus fósiles, e os maiores coa ledicia da canción que lles brindaron os de 3 anos. Os demais quedamos con este vídeo de recordo, coas fotos da actividade.
Prácticas con polo no laboratorio
06/02/2019
O alumnado de 6º de Primaria pasou recentemente polo laboratorio de Secundaria para facer unha práctica de disección e observación dos distintos tecidos que forman parte dun órgano. Para isto, estiveron guiados por alumn@s de 3º de ESO, que exerceron de monitores. Queda este vídeo de recordo coas fotos destas sesións.
Frases de ciencia
04/12/2018
Seguindo coa conmemoración do mes da Ciencia, dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, en colaboración coa Biblioteca de Secundaria, propoñemos un concurso dirixido ao noso alumnado.
Ao longo dos corredores están colocadas catro frases, correspondentes a enunciados científicos. Hai que ler con atención e pensar a que teorema, hipótese ou lei corresponde cada unha; quen a formulou; a cal das ciencias pertence. (Seguro que se estiveches atent@ ás clases non terás problema para resolver estes enigmas).
Solicita na biblioteca a ficha de participación e responde ás preguntas establecidas para cada enunciado. Cando estea cuberta, deposítaa na urna habilitada na mesma biblioteca. O prazo de entrega remata o 31 de xaneiro.
As bases completas do concurso atópanse nos propios corredores. Os premios serán libros de temática científica.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
