Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria
Nós tamén limpamos o noso
13/05/2022
O alumnado de 5º B de Primaria quixo sumarse e contribuir, dende a área de Valores Sociais e Cívicos, a manter o patio libre de lixo.
Velaquí o resultado dunha hora de traballo! Dende aquí, queremos invitarvos a mantelo limpo; é polo ben de todos e todas!
Mulleres con estrela
08/03/2022
Para conmemorar o 8M, o alumnado de 4º de Primaria quixo rendirlle unha homenaxe a todas as mulleres "con estrela" da súas vidas.
O abecedario da paz
Preme para ver o abecedario da paz de 4º de Primaria
26/01/2022
Para ir quentando motores cara ao próximo Día da Paz, a xente de 4º de Primaria envíanos o seu abecedario.
Felicitación de 4º de Primaria
21/12/2020
Aquí tedes a postal audiovisual que nos envía o alumnado de 4º de Primaria para felicitarnos as festas.
4º de Primaria celebra o Día contra a violencia de xénero
25/11/2020
O profesorado de 4º de Primaria, envíanos este vídeo no que o seu alumnado baila ao ritmo da canción "No controles" de Olé Olé, como actividade para o Día contra a violencia de xénero.
Os Maios 2020 de 1º de Primaria
01/06/2020
Vístelo maio?
vístelo ben?
Se non o vistes
velo eiquí ven
Para os Maios, cantigas; cancións antigas... Os nenos e nenas de 1º de Primaria esperamos que vos gusten os nosos Maios.
Homenaxe aos avós e avoas
17/05/2020
Pequena homenaxe do alumnado de 1º de Primaria aos seus avós e avoas, piares fundamentais das nosas familias.
3º de Primaria volve ás rúas
11/05/2020
O alumnado de terceiro de Primaria do Feal amósanos como gozou o primeiro día que puido saír á rúa, despois de tanto tempo confinado. Son todos uns campeóns!!!
Agradecemento ao persoal sanitario
25/04/2020
Sabemos que sempre estivestes aí, pero non foi ata agora cando comprobamos a vosa gran contribución ao mundo. Este vídeo vai pol@s sanitari@s. Grazas por coidarnos a pequenos e maiores. Nunca o esqueceremos!!!
Unhas vacacións diferentes en 3º de Primaria
19/04/2020
As nenas e nenos de 3º de Primaria amósanos todo o que fixeron nestas vacacións tan especiais: bailar, pintar, cociñar...
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com

Últimos comentarios
hai 9 semanas 23 horas
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 5 días
hai 12 semanas 1 día
hai 12 semanas 4 días
hai 13 semanas 1 día