Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Día da Muller 2018 en 3º de Primaria

23/03/2018

Presentamos un pequeno vídeo feito con imaxes das titoras de 3º de Primaria (Ana Allegue, Cristina López e Eva Pereira) e da mestra de Inglés Mercedes Ruiz. As imaxes son das actividades que se fixeron neste nivel educativo o pasado 8 de marzo, para celebrar o Día Internacional da Muller, e que foron realizadas antes do paro.

Visita de 3º de Primaria ao Muíño de Pedroso

Pedroso, 21/03/2018.Fai clic para ver máis fotos

23/03/2018

O pasado 21 de marzo, o alumnado de 3º de Primaria (acompañado das súas titoras) desprazouse ata o Muíño de Pedroso para realizar diversas actividades por quendas: Paintball, Pegadas e rastros, e Reciclaxe.

Land Art no Feal

Land Art 2017Fai clic para ver máis fotos no noso álbum "Outono 2017"

02/12/2017

A Land Art é unha corrente de arte contemporánea na que a paisaxe e a obra de arte están estreitamente enlazadas. Utilizando elementos da natureza como material (madeira, terra, pedras, area, cortiza...), as obras mantéñense no exterior, expostas aos cambios e á erosión do entorno natural. Por tanto, da maioría delas, só queda o rexistro fotográfico.

Os alumnos/as de 3º de Primaria, aproveitamos unha mañá soleada e sacamos a clase de plástica ao patio para atrevernos creando a nosa propia Land Art. Iso si, antes de que o vento as levase, deixamos constancia do noso traballo con estas fotos, que agora decoran o noso corredor e tamén o álbum "Outono 2017" da nosa Galería.

Visita de 3º de Primaria ao Aquarium coruñés

Aquarium - 15/11/2017Fai clic para ampliar a foto

21/11/2017

O pasado mércores día 15, aproveitando as xornadas de portas abertas da Semana da Ciencia nos museos da Coruña, o alumnado de terceiro de Primaria visitou o Aquarium Finisterrae.

O que máis lles prestou foi ver como lles daban de comer ás focas e aos peixes (sentimos non poder amosar fotos destes últimos debido á mala calidade das mesmas).

Aquarium - 15/11/2017Fai clic para ampliar a foto

Recadación final do noso Mercadiño Solidario

Mercadiño Solidario 2017

Fai clic para ampliar a foto

12/06/2017

O pasado venres 9 de xuño, recibimos aos representantes do Centro de Recursos Solidarios de Narón, para facerlles entrega dos cartos recadados no noso recente Mercadiño Solidario. En total foron 1.455,12 €.

Moitas grazas a todas as familias que colaboraron na venta, montaxe ou recollida dos artigos.

Laura Rodríguez

Diploma do Concello de Narón para 2º de Primaria

Diploma do Centro de Recursos de Narón

10/05/2017

O pasado venres 5 de maio, o alumnado e profesorado de 2º de Primaria foi convidado a un desfile benéfico organizado polo Centro de Recursos de Narón no Pazo da Cultura. O motivo foi a entrega dun diploma a estes grupos, pola súa doazón de alimentos recollidos antes do Nadal no Feal.

Lembramos que esta recollida de alimentos formaba parte do proxecto "E que podo facer eu?", que se está desenvolvendo durante o presente curso dentro do Plan Proxecta.

Grazas á toda a xente que participou na recollida, e ás familias que nos acompañaron nesta xornada.

Laura Rodríguez

Programa de Natación Escolar

Piscina municipal

21/04/2017

Na imaxe podedes ver ao noso alumnado de 4º de Primaria na piscina municipal de Narón, xa que hoxe comezou a súa participación no Programa de Natación Escolar organizado polo Concello. A actividade continuará todos os venres restantes deste curso.

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

FerrolFai clic para ver máis fotos

07/04/2017

Esta mañá, o alumnado de 4º de Primaria acompañou ao alumnado de ASPANAES, a percorrer un anaco do Camiño Inglés, dende o Porto de Ferrol ata a Praza de Armas, para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

O alumnado de 2ª de Primaria representa "A galiña azul" en Geriatros - Narón

13/03/2017

Baixo o título "E, que podo facer eu?", o alumnado e profesorado de 2º de Primaria comezamos un poxecto dentro do Voluntariado Miúdo: Móvete!, dependente da Consellería de Política Social. Unha das actividades realizadas foi a representación da obra de Carlos Casares, A Galiña Azul, en Geriatros - Narón.

O pasado venres, acudimos a este centro e compartimos experiencias e saberes coas persoas maiores. Ademais, pasámolo moi ben, xa que nos tiñan preparada unha busca do tesouro polas dependencias da residencia.

GeriatrosFai clic para ver máis fotos

Moitísimas grazas a Rocío Paz Gómez (a nai da nosa alumna Lucía Alves Paz) por entregarnos o vídeo en alta definición gravado co seu móbil, para poder subilo a YouTube.

A Galiña Azul

A Galiña Azul

A Galiña Azul

08/03/2017

Hoxe os nenos e nenas d 2° de Primaria representaron a obra A Galiña Azul. Esta é unha adaptación dun conto de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas. Trata dun neno que ten unha galiña azul á que as autoridades queren matar pero que, coa solidaridade e agudeza dos veciños, se salva.

Ademais, o próximo venres día 10, actuarán en Geriatros Narón, como parte das actividades do Voluntariado Miúdo - Móvete do Plan Proxecta, representando a mesma obra.

A Galiña Azul

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido