Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Visita a Pedroso de 6º de Primaria

PedrosoFai clic para ampliar a foto

14/10/2015

Esta mañá, o noso alumnado de 6º de Primaria (acompañado por Ana Belén Martínez e José Manuel Timiraos) visitou o muíño de Pedroso para realizar diversas actividades organizadas polo Concello de Narón: orientación, conservas e elaboración de marmeladas.

Visita a Marcelle de 3º de Primaria

Marcelle 2015

17/06/2015

O pasado 10 de xuño, os dous grupos de 3º de Primaria visitaron o zoo de Marcelle acompañados polas súas titoras Matilde Alvariño e María Tubío. O alumnado volveu encantado coa experiencia.

Marcelle 2015

Unha pequena exposición de figuras de plastilina

Exposición de plastilinaFai clic para ampliar a foto

27/05/2015

No corredor onde están as nosas aulas de 4º de Primaria, podedes ver as divertidas figuras de plastilina que fixo este alumnado recentemente.

Excursión a Santiago de 6º de Primaria

"Esto será valioso para la prosperidad"

06/05/2015

O pasado 28 de abril, o alumnado de 6º de Primaria acompañado polos seus titores Isabel Derungs e Nacho Rodríguez, achegáronse a Santiago de Compostela para visitar o Pazo de Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia, o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura. Ademais das fotos subidas á nosa galería, podedes ver un micro-vídeo do momento máis lúdico da xornada (non perdades a segunda metade).

Santiago 2015Fai clic para ver máis fotos

Nova charla do noso zoólogo de Primaria

Felipe Hermida Ameneiros

05/05/2015

Despois de que o gran afeccionado á zooloxía que temos en 5º A de Primaria fixese unha interesante charla sobre a cetrería para os seus compañeiros, tiña pendente outra sobre os animais dos bosques galegos.

Na foto podedes ver a Felipe Hermida Ameneiros con varias pezas de animais que trouxo hoxe para ilustrar a nova charla, entre elas unha pel curtida por el mesmo.

Moitas grazas, Felipe!

O noso experto en cetrería

Felipe Hermida Ameneiros

05/03/2015

O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu hoxe unha charla moi especial por dúas razóns: a primeira que o relator era un dos seus compañeiros (Felipe Hermida Ameneiros de 5º A), e a segunda que o tema non é nada habitual nas nosas aulas (a cetrería). Felipe ten previsto facer novas charlas a próxima semana, dedicadas esta vez aos animais dos bosques galegos. O noso agradecemento a este gran afeccionado á zooloxía pola interesante iniciativa.

Garras

Crónica da disección dunha lura

LuraFai clic para ver as novas fotos enviadas por Ana Allegue
(ademais das xa coñecidas de María Varela)

29/01/2015

A nosa experiencia no laboratorio (o pasado 18 de decembro) consistiu en disecar unha lura. Para levala a cabo tivemos como mestres a distintos alumnos/as de 2º e 3º da ESO coa supervisión da súa profesora de Bioloxía (María Varela). En grupos de dous ou tres, íannos ensinando as partes da lura (ollo, mandíbulas, pluma, tentáculos...). Estoupamos a bolsa de tinta nun vaso de auga e aprendemos a distinguir entre macho e femia.

Tamén aprendemos a empregar utensilios do laboratorio como as tesoiras, a coitela, as pinzas, a lanceta, etc. Todo isto vímolo primeiramente nas bandexas de disección, e logo, tivemos a oportunidade de velo no microscopio. Finalmente, recibimos unhas fichas para traballar todo o que fixemos no laboratorio.

A experiencia resultou fantástica dado que foi a primeira vez que estivemos nun laboratorio e traballamos nel. Encantaríanos que nos volvesen convidar e agradecémoslles que nos ensinasen desta maneira tan nova e inesquecible para todos nós.

Alumnado de 4º A e titora

Cabazas de 3º e 4º de Primaria

Cabazas 2014

30/10/2014

Deixamos aquí unha pequena mostra das cabazas feitas por 3º e 4º de Primaria en colaboración con monitores do Concello de Narón.

Chispa e Raio, as mascotas de 1º A de Primaria

08/05/2014

Con motivo da explicación dos animais ovíparos, os alumnos de 1ºA de Primaria xunto co noso profe, Felipe Vila, comezamos o pasado 6 de marzo unha aventura que puidemos facer realidade grazas á familia de Andrea Dopico Fraga.

Todo comezou cando Laura Rodríguez (profesora de 2º) nos regalou dez ovos de parrulo e Andrea trouxo unha incubadora. Durante 28 días tivemos alí os ovos, dándolles a volta dúas veces cada xornada e, a partir da novena, fomos humedecéndoos cun algodón.

Cando chegamos á clase o 2 de abril, sorprendeunos que un ovo xa estaba un pouco estalado e unhas horas despois, comezou a quebrarse outro. O profe foi rompendo o primeiro pouco a pouco para axudar a saír ao parrulo. Todos os nenos e pais puidemos ver como nacía esa tarde e decidimos chamarlle Chispa.

O segundo parrulo (Raio) naceu un día despois pola mañá, e non perdemos ollo á incubadora durante as horas seguintes. Tamén houbo que axudar a Raio rompendo pouco a pouco o ovo. Axiña abandonaron a incubadora e cambiámolos á caixa que nos fixeron no taller de Tecnoloxía de Secundaria. Como podedes ver no vídeo, xa comezaban a comer e beber.

Na última parte do vídeo, podedes ver aos parrulos 20 días despois. Xa creceron moito e os nenos gozan con eles. Foi unha experiencia inesquecible para 1º A e todo o colexio. Fomos uns grandes granxeiros!

Visita de 6º de Primaria ao Concello

Concello 2014

28/03/2014

Recentemente, o noso alumnado de 6º de Primaria visitou o Concello de Narón, e tivo a oportunidade de falar co noso alcalde Xosé Manuel Blanco.

La Voz, 28/03/2014

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido