Saltar navegación.
Inicio

Primaria, 1º de Primaria, 2º de Primaria, 3º de Primaria, 4º de Primaria, 5º de Primaria, 6º de Primaria

Marcha Ciclista Escolar de Narón 2009

2ª Marcha Ciclista Escolar de Narón

11/05/2009

O pasado venres 8 de maio, o noso alumnado de entre 3º e 6º de Primaria, participou na 2ª Marcha Ciclista Escolar organizada polo Concello de Narón. Este ano non temos vídeo, pero queda aquí esta imaxe do vistoso pelotón pouco antes de saír do Feal.

Concerto do Tercio Norte 2009

Tercio Norte 2009
Fai clic para ver máis fotos

03/04/2009

Un ano máis, a banda do Tercio Norte non faltou á súa cita co Feal. Deixamos aquí un pequeno recordo da súa actuación do 31 de marzo para o alumnado de Infantil e Primaria.

1ª Marcha Ciclista Escolar de Narón

Marcha Ciclista 2008

19/06/2008

Gran parte do alumnado de Primaria (con mestres e mestras) uníuse hoxe á festa ciclista que organizou o Concello. Uns cincocentos rapaces de todo Narón formaron un pelotón que chegou ata Neda. Podedes ver un pequeno vídeo da saída do Feal facendo clic na foto.

Premios Narón ♥ H2O

Narón H2O

30/05/2008

Dentro dunha campaña do Concello de Narón para fomentar o consumo responsable da auga, unha das nosas alumnas foi finalista no concurso de carteis. Trátase de Aldara Castro Meizoso de 3º de Primaria e recibirá o premio o próximo sábado 14 de xuño na Praza de Galicia. Felicidades!

Concerto do Tercio Norte 2008

Tercio Norte 2008

16/04/2008

Seguimos con actividade musical no Feal. Neste caso, trátase de algo moi diferente ao recente obradoiro de zanfona: o xa tradicional concerto do Tercio Norte organizado para o alumnado de Infantil e Primaria. A acústica dos nosos pavillóns está moi lonxe de ser apropiada para este tipo de actos, pero de momento o Delegado Provincial de Educación di que non hai cartos para construír un salón de actos. Seguiremos loitando por el.

Tercio Norte con alumno

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido