3º de Primaria
Que queres ser de maior?
07/03/2023
Con motivo do Día da Muller, 3º de Primaria envíanos este vídeo no que o seu alumnado di o que quere ser de maior, e se cambiaría de opinión en caso de ter outro sexo. Sorprenden moitas respostas, non só pola cuestión dos eternos estereotipos, senon tamén pola forza que teñen os youtubers sobre nenos e nenas tan pequenos. Bo vídeo para reflexionar sobre a sociedade actual.
3º de Primaria volve ás rúas
11/05/2020
O alumnado de terceiro de Primaria do Feal amósanos como gozou o primeiro día que puido saír á rúa, despois de tanto tempo confinado. Son todos uns campeóns!!!
Unhas vacacións diferentes en 3º de Primaria
19/04/2020
As nenas e nenos de 3º de Primaria amósanos todo o que fixeron nestas vacacións tan especiais: bailar, pintar, cociñar...
Mensaxes de 3º de Primaria
26/03/2020
O noso alumnado de 3º de Primaria apúntase tamén a saudar desde casa nestes días de illamento.
O rap da igualdade
09/03/2020
As alumnas e os alumnos de 3º de Primaria cantaron e bailaron "O rap da igualdade" para conmemorar o Día Internacional da muller.
Día da Paz 2020
02/02/2020
As nenas e os nenos e 3º de Primaria, para celebrar o Día da Paz (e de paso o da Sincronización), bailaron a canción de Mamá Cabra "O mundo é grande". Son uns artistas!
Todo o que quero para o Nadal es ti
17/12/2019
As nenas e nenos de 3º de Primaria felicítanvos as festas coa canción de Mariah Carey "Todo o que quero para o Nadal es ti". Bo Nadal!!!!
Non máis bágoas
24/11/2019
Achegamos o traballo audiovisual realizado en 3º de Primaria con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Día da Muller 2018 en 3º de Primaria
23/03/2018
Presentamos un pequeno vídeo feito con imaxes das titoras de 3º de Primaria (Ana Allegue, Cristina López e Eva Pereira) e da mestra de Inglés Mercedes Ruiz. As imaxes son das actividades que se fixeron neste nivel educativo o pasado 8 de marzo, para celebrar o Día Internacional da Muller, e que foron realizadas antes do paro.
Visita de 3º de Primaria ao Muíño de Pedroso
23/03/2018
O pasado 21 de marzo, o alumnado de 3º de Primaria (acompañado das súas titoras) desprazouse ata o Muíño de Pedroso para realizar diversas actividades por quendas: Paintball, Pegadas e rastros, e Reciclaxe.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
