Novas da Biblioteca de Secundaria
Samaín 2023 na Biblioteca de Secundaria
10/11/2023
Durante esta pasada semana, a biblioteca tomou un aire máis tétrico gracias ao alumnado que participou no taller de manualidades de Samaín. Durante algunhas sesións no tempo de lecer a rapazada mostrou asúa creatividade facendo diferentes seres monstruosos que pasaron a ser hóspedes da nosa biblio por uns días. A biblio foi tamén o escenario perfecto para a entrega de premios do Concurso de microrrelatos terroríficos.
Concurso de microrrelatos terroríficos na ESO
06/11/2023
O alumnado da ESO participou nun Concurso de microrrelatos terroríficos co gallo da celebración do Samaín no noso centro. Aquí vos deixamos unha fotografía das gañadoras e gañadores. Parabéns!
Día Internacional do Libro
28/04/2023
O 23 de abril é a data proposta pola UNESCO para celebrar o Día Internacional do Libro, co que se busca o fomento da lectura e se fai un recoñecemento aos autores e ao mundo editorial. A elección dese día é un recordatorio do momento no que faleceron, en 1616, dous grandes xenios da Literatura: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Esta semana, a Biblioteca de Secundaria organizou diversas actividades para celebrar tan emblemático día: no taboleiro da biblioteca expuxéronse recensións de novelas galegas, feitas polo alumnado de 1º e 3º ESO.
Por outra banda, na entrada do centro colocouse un mural cunha grande árbore na que cada un podía aportar a súa "folla", expresando a razón que lle leva a ler (atopamos motivos moi convincentes). Esa árbore foi deseñada e pintada polas alumnas Sofía Martínez e Antía Picos (1º ESO-B), coa colaboración de Carla Hermida e Aroa Montero.
En cada corredor do colexio colocamos sonadas frases, escritas en diferentes linguas, que están a disposición de todos para agasallar cunha reflexión literaria.
Tivemos tamén a un grupo de alumnos e alumnas convertidos en reporteiros: realizaron unha enquisa sobre os libros favoritos. As respostas conseguidas estarán expostas na biblioteca de Secundaria e pode ser moi interesante esa lista das recomendacións que aportan os diferentes entrevistados. Estaremos ante un novo grupo de influencers?
Como reto, varios alumnos posaron como modelos de fotografía: de corpo enteiro e o rostro cuberto pola portada dun libro co que se identifican. O simpático resultado está subido no noso instagram, onde podes unirte a ese reto, etiquetando a túa foto.
Todas estas actividades continuarán a vindeira semana, así que animádevos a participar en calquera delas.
Agradecemos a implicación de toda a comunidade educativa nestas propostas e, principalmente, do noso equipo de voluntarios.
E, xa sabedes, LER SEMPRE É UN PRACER.
Entrega de agasallos
21/03/2023
21 de marzo, Día da Poesía, foi a data elixida para a entrega de agasallos aos alumnos premiados no concurso de Mensaxes de Amor. Grazas a todos por crear textos cheos de fermosos sentimentos.
Mulleres ao poder
16/03/2023
Coincidindo coa data do 8 de marzo, na biblioteca de Secundaria, organizamos unha exposición de libros que renden testemuña e homenaxe a mulleres destacadas en diferentes áreas: historia, matemáticas, literatura, ciencia.. Non deixes de visitar o noso espazo e gozar destas grandes historias.
E lembra que, dende xaneiro, tamén podes seguir as nosas actividades a través de Instagram.
Preme para ir ao Instagram da Biblioteca de Secundaria do Feal
Mensaxes de amor
17/03/2023
No mes de febreiro, a biblioteca celebrou o seu tradicional concurso de mensaxes de amor. Tras a deliberación do xurado, publicamos a lista dos premiados: o próximo luns recibirán o seu agasallo. Grazas pola participación.
Reto de lectura
24/01/2023
A biblioteca de Secundaria comeza o ano con novos propósitos: o primeiro, conseguir que tanto o alumnado como o profesorado, adique máis tempo á lectura. Nestes tempos tan tecnolóxicos e virtuais, non debemos esquecer o pracer de coñecer as historias plasmadas nas follas dun libro. Para iso propoñemos un reto lector: de xaneiro a xuño deberás coller en préstamo, e ler, unha obra que cumpra coa temática sinalada.
Anímate a participar! Pasa pola biblioteca para coñecer a gran oferta bibliográfica que temos e na que poderás somerxerte para desconectar da rutina.
E tamén, para estrear este 2023, abrimos unha conta de Instagram, na que poderás seguir todas as actividades e novas relacionadas coa biblioteca. Síguenos en bibliodofeal.
Concurso de relatos de terror na ESO
18/11/2022
Con motivo do Samaín, o equipo de Dinamización da Lingua, organizou un concurso de relatos de terror. Foron moitos os traballos presentados polo alumnado da ESO. Grazas a todos pola participación. Tras a deliberación do xurado, esta mañá fíxose entrega dun agasallo aos rapaces premiados en cada categoría.
- Categoría 1º-2º de ESO: O primeiro premio foi para Tania López Pazos (2º C), o segundo premio correspondeulle a Zeltia Freire Varela (1º B) e Carla Hermida Valledor (1º B) recibiu o terceiro premio.
- Categoría 3º-4º de ESO: Primeiro premio para Lucía Pereira Pena (3º C), o segundo premio foi para Manuel Freire Cagiao (3º A) e o terceiro premio concedéuselle a Sergio Calvo Meizoso (4º A).
Parabéns a todos os premiados!
Novidades na biblioteca
14/02/2020
Durante as últimas semanas foron moitas as peticións dos nosos usuarios. Xa tedes á vosa disposición o material solicitado. Esperamos que lle saquedes bo partido.
O mes do Amor
02/02/2020
Febreiro é, por excelencia, o mes do Amor. Dende a Biblioteca Escolar propoñemos un concurso de mensaxes amorosas, dirixido a todo o alumnado. Podedes consultar as bases neste enlace ou no taboleiro da entrada do centro, onde estará a caixa para depositar os textos participantes.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
