Listaxes provisionais de comedor escolar
15/07/2022
Dende o luns 18, en horario de 10 a 13 horas poderanse consultar as listaxes provisionais de usuarios de comedor e usuarios en espera.
As posibles reclamacións poderanse presentar na secretaría do centro dende o luns 18 ata o venres 22, en horario de 10 a 13 horas.
Listaxes definitivos de Fondo Libros
15/07/2022
Dende o luns poderanse consultar as listaxes definitivas de Fondo Libros no taboleiro de anuncios do colexio en horario de 10 a 13 horas.
Igualmente poderase consultar na aplicación Fondo Libros, empregando Certificado Dixital ou Chave 365.
Listaxes provisionais de fondo libros e cheques de material
06/07/2022
Dende hoxe pódense consultar al listaxes provisionais de fondo libros (alumnado de 3º e 4º de E. Primaria). O prazo de reclamacións será de 2 días, xoves e venres. A consulta poderá facerse no taboleiro de anunciós do centro ou na aplicación de Fondo libros, empregando a chave 365 ou certificado dixital.
- Os cheques de libros para 1º e 2º de E. Primaria estarán dispoñibles a partir de mañá na secretaría do centro. (de 10 a 13 horas)
- Os cheques de material de todo o alumnado de E. Primaria estarán dispoñibles igualmente dende mañá na secretaría. (de 10 a 13 horas)
- Os cheques de material de ESO, serán repartidos en setembro.
Polo 50 aniversario, o Feal baila en galego
04/07/2022
Aquí tedes a Infantil e Primaria bailando a muiñeira. Grazas aos profes Luis, Manuel (de Música) e Norberto por este festivo vídeo que recibimos hoxe.
Solicitudes para o servizo de comedor
29/06/2022
Dende hoxe 29 de xuño ata o mércores 13 de xullo está aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar.
Os criterios para baremar as solicitudes como establece a lexislación son:
- Usuarios lexítimos do curso anterior (os 125 primeiros da listaxe do curso pasado)
- Usuarios lexítimos de transporte escolar.
- Alumnado en situación de exclusión social ou con discapacidade. (demostrado documentalmente)
- Alumnado de familias numerosas. (demostrado documentalmente)
- Incompatibilidade laboral de ambos proxenitores co horario de de saída do centro educativo. (demostrado documentalmente)
- Outro alumnado do centro.
- Persoal docente e non docente.
Notas importantes:
- Solicitade unicamente os días que necesitedes, para poder optimizar o servizo.
- Haberá que avisar antes das 09:15 os días que non se use. Do contrario poderá ser cobrado o servizo.
- Haberá que usar a lo menos un día ao mes, cada un dos días concedidos. O non cumprimento é causa de perda do dereito.
Despedida da Promoción 2022
01/07/2022
A nosa promoción do 50 aniversario quixo despedirse con este vídeo, editado fantasticamente por Catuxa Corral Mosquera e Claudia Zhu Díaz Casas. Ademais, xa está publicado outro vídeo coas actuacións que se fixeron no acto de despedida do 22 de xuño.
Grazas ao alumnado de 4º de ESO pola súa colaboración... e moita sorte no camiño!!
Libros de texto curso 2022-2023 (actualizado)
22/06/2022
Achegamos a relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2022-23
- Os libros de 4º de E. Primaria resaltados en amarelo, non é necesario mercalos, xa que o centro dispón de exemplares para todo o alumnado.
- Actualizouse o documento para engadir os libros de exercicios de Francés na ESO.
Xa podes descargar A Tribo 2022
Vídeo do noso 50 aniversario
08/06/2022
Aquí tedes o vídeo do noso 50 aniversario, realizado por R3Visual Produce. A duración é de sete minutos e medio, e por primeira vez inclúe imaxes do noso centro gravadas con dron. Grazas a toda a xente que colaborou durante a súa realización.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com

Últimos comentarios
hai 21 semanas 6 horas
hai 22 semanas 9 horas
hai 22 semanas 22 horas
hai 22 semanas 1 día
hai 22 semanas 4 días
hai 23 semanas 1 día
hai 23 semanas 5 días
hai 24 semanas 21 horas
hai 24 semanas 3 días
hai 25 semanas 1 día