Saltar navegación.
Inicio

5 anos

Xogando con Arcimboldo

ArcimboldoFai clic para ampliar a foto

26/01/2017

O alumnado da aula de 5 anos de Educación Infantil, quixo participar no Museo do Feal que temos na Biblioteca. Mirade que fermosura de obras de arte inspiradas no Outono de Arcimboldo!!

Arcimboldo

Xogando con mazarocas

14/10/2015

Xa son moitas as cousiñas que temos na clase para investigar e aprender un pouco máis acerca do outono: castañas, landras, noces, ourizos, abelás, marmelos, peras, moitas follas para clasificar (castiñeiro, carballo, piñeiro, eucalipto...) e mazarocas de millo que nos chamaron moito a atención por que eran moi diferentes entre si, e investigamos coa profe e no ordenador para que se empregaba o maínzo (para a elaboración de pensos para o gando, fariñas para elaborar pan, flocos de millo...) debullamos na clase, abrimos a mazaroca, comparamos os diferentes tipos de grans (cores e formas) e fixemos a nosa propia manualidade.

Nota da web: Grazas polo vídeo, Sandra!

Rematan Infantil...

Infantil Feal 5 anos (2013)

19/04/2013

Quedan xa poucas semanas deste curso, e temos que comenzar a facer as fotos dos grupos que rematan algunha das nosas tres etapas educativas. Nesta imaxe, podedes ver o grupo que remata Infantil no edificio do Feal coa mestra Rosa Cornide.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido