Saltar navegación.
Inicio

Xogando con mazarocas

14/10/2015

Xa son moitas as cousiñas que temos na clase para investigar e aprender un pouco máis acerca do outono: castañas, landras, noces, ourizos, abelás, marmelos, peras, moitas follas para clasificar (castiñeiro, carballo, piñeiro, eucalipto...) e mazarocas de millo que nos chamaron moito a atención por que eran moi diferentes entre si, e investigamos coa profe e no ordenador para que se empregaba o maínzo (para a elaboración de pensos para o gando, fariñas para elaborar pan, flocos de millo...) debullamos na clase, abrimos a mazaroca, comparamos os diferentes tipos de grans (cores e formas) e fixemos a nosa propia manualidade.

Nota da web: Grazas polo vídeo, Sandra!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com