Saltar navegación.
Inicio

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión

Invención e creación poética con Adrián Sixto

Adrián SixtoPreme para ver máis fotos

05/02/2024

Esta mañá tivemos a sorte de contar cun poeta consagrado no centro. Adrián Sixto tivo a amabilidade de compartir con nós dúas horas do seu tempo. Nelas amosou a alumnos de 1º de ESO coñecementos fundamentais do texto lírico antes de experimentar coa palabra nun taller de creación poética cuxas mostras serán expostas e recitadas ó longo da semana.

Gracias, Adrián, pola túa dedicación!

Gran festa do deporte no cros celebrado onte no colexio

Cros 2023Preme para ver máis fotos

06/12/2023

Onte, martes 5 de decembro, disputouse no centro o I Cros Escolar Concello de Narón, onde participaron uns 700 nenos e nenas de diferentes colexios da bisbarra. O evento organizado polo Club Atletismo Narón, serviu para festexar o seu 35 aniversario.

A actividade foi todo un éxito de participación e deportividade entre nenos e nenas dos diferentes centros educativos. Esperamos poder albergar no futuro algunha outra actividade similar, dado o entorno privilexiado co que contamos no noso centro.

Noraboa a paticipantes, público e organizadores.

Celebrando Sainte Cathérine

Sainte Cathérine 2023Preme para ver máis fotos

04/12/2023

O pasado venres, 24 de novembro o Departamento de Francés organizou a segunda edición do concurso de sombreiros en honor da celebración francesa de Sainte Cathérine.

Nesta festividade, que ten xa mais de cen anos, as catherinettes, mozas de 25 anos solteiras que traballaban nos glamurosos talleres de alta costura de París, tomaban o día libre e saían a divertirse ataviadas con vistosos tocados e sombreiros nos que predominaban as cores asociadas á santa: o verde (da esperanza) e o amarelo (da alegría).

Hoxe en día é a festividade dos modistas e costureiros e se celebra un importante concurso de sombreiros ao que concorren as máis importantes marcas de alta costura e as escolas de deseño.

As gañadoras deste ano, na nosa fealeira Sainte Cathérine foron:

  • Primeiro premio: Gema Díaz (4ºB) e Saray Dopico (4º de ESO C)
  • Segundo premio: Sofía Martínez e Lucía Soto (2º de ESO C)
  • Terceiro premio: Carla Hermida e Aroa Montero (2º de ESO B)

Merci beaucoup à tous/toutes pour votre créativité et votre participation!

Cros Escolar no CPI do Feal

01/12/2023

O martes 5 de decembro, celebrarase no noso centro o I Cros Escolar Concello de Narón, organizado polo Club Atletimo Narón con motivo do seu 35 aniversario. Colabora na organización o Concello de Narón e Xunta de Galicia.

As carreiras comezarán ás 10:50 horas e prolongaránse ata as 13 horas. O alumnado do noso centro dende 3º a 6º de E. Primaria participará no mesmo, xunto con nenos e nenas doutros centros de Ferrolterra. O obxectivos da actividade son: o coñecemento da disciplina, e o fomentar o deporte a saúde nun entorno educativo.

É importante que o alumnado veña coa roupa adecuada para a actividade e unha muda para cambiarse.

Esperamos que sexa unha gran festa do deporte, xa que contamos cuns 700 participantes.

3º de ESO practicando inglés nos Peares

Os Peares 2023Preme para ver máis fotos

23/11/2023

Durante esta semana, temos a un grupiño de 3º de ESO polos Peares (Ourense), acompañados da súa profesora de inglés Carmen Piñeiro. A saída forma parte do programa Dixitalweek da Xunta, para mellorar a competencia lingüística e tecnolóxica en inglés. Iremos engadindo as imaxes que recibamos no álbum "Os Peares 2023" da nosa Galería.

Os Peares 2023

Carreiras 2023

Carreiras 2023Preme para ver máis fotos

27/08/2023

A nosa compañeira Montse Fernández envíanos unha choiva de fotos das Carreiras 2023 do Feal, celebradas o pasado 21 de xuño.

Xornada de Colpbol

24/05/2023

Hoxe xunto cos colexios de Piñeiros, San Ramón de Moeche e Ayala, participarmos nunha xornada de Colpbol, xogo alternativo con moi boa acollida entre o alumnado.

Felicitar a todos os participantes polo seu comportamento.

O alumnado de Carpintería do CIFP Ferrolterra renova os tallos do noso taller

Taburete FerrolterraPreme para ampliar a foto

29/03/2023

Esta mañá recollimos os novos asentos para os tallos do noso taller, que levaban sufrindo continuos ataques desde 1998. A renovación foi posible a partir da recente visita ao taller dunha moi estimada ex-alumna que agora está estudando nun ciclo de madeira do CIFP Ferrolterra: Estefanía Silva (Fefa). Despois da visita, Fefa falou co seu profesor Juan Francisco Cendán, e acordamos enviarlles a madeira para que fixesen os discos coa súa maquinaria. Podedes ver uns segundos do proceso no vídeo que achegamos.

O seguinte paso, será pedir ao noso alumnado de 4º de ESO que cambie os torturados asentos de plástico por estas marabillas, que ata teñen gravado con láser os nomes dos dous centros implicados. Esperemos que vendo este gran traballo (en boa parte da nosa ex-alumna), o noso alumnado actual e futuro respecte un pouco máis os tallos do taller de Tecnoloxía. Esperemos tamén que haxa máis xente do Feal que se anime a matricularse nos ciclos de madeira de Ferrolterra, que teñen uns talleres espectaculares, e ademais, a saída laboral está garantizada.

Un millón de grazas a Fefa, a Cendán e en xeral ao CIFP Ferrolterra.

Nota: Tamén contamos co bo asesoramento de Maderas del Noroeste á hora de comprar a madeira.

Nerea Trigo e Sergio CalvoPreme para ver máis fotos

Souvenirs desde París

LouvrePreme para ver máis fotos

28/03/2023

Os mandos do noso destacamento galaico en terras galas envíannos algunhas imaxes para ilustrar os seus avances. Desde o cuartel xeral do Feal, desexamos moita sorte ás nosas tropas.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido