Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Freixeiro

Iker Conchado contando un conto en Infantil

11/10/2019

O noso alumno Iker Conchado (1º de ESO) pasou esta mañá pola aula de Infantil de 4 anos para contar o conto "Un elefante se balanceaba en una tela de araña". Como podedes ver no vídeo, os pequenos e pequenas estaban antentísim@s. Grazas Iker!

Contacontos da ESO en Infantil

Íkeres en Infantil

22/03/2019

Tiñamos pendente deixar por aquí testemuña dunha especial visita á aula de Infantil de 3 anos, que tivera lugar xa hai unhas semanas. Dous coñecidos alumnos da ESO foron alí a relaxarse, contando contos aos máis pequenos do Feal (o que está lendo na foto ten un irmán nesta aula). Talvez deberiamos impulsar máis este tipo de actividades.

Mates robotizadas

Mates robotizadas

24/11/2017

O noso alumnado de 3 anos estivo esta semana participando nunha actividade que combina as matemáticas e a robótica (dun xeito moi sinxelo, claro). Tedes máis información e un pequeno vídeo no blog de Paula Neira.

O outono dos máis novos do Feal

Click to play this Smilebox slideshow15/11/2017

Achegamos diverso material gráfico recollido por Paula Neira durante este outono en Infantil 3 anos.

Os máis novos do Feal

08/10/2017

A nosa compañeira Paula Neira está documentando no seu blog a aterraxe no Feal do noso alumnado máis pequerrecho. Destacamos aquí o vídeo que fixo sobre a primeira semana entre nós desta xeración. Nel seguro que atopades algunha outra xente coñecida...

Debuxando o noso mundo

Infantil Feal - 4 anosFai clic para ver máis fotos

23/02/2017

Un ano máis, dentro do proxecto "Debuxando o noso mundo", o alumnado de Infantil creou carautas de distintos pintores. Os pícaros de 3 anos e Freixeiro inspiráronse nos soños de Joan Miró, as nenas e nenos de 4 anos viaxaron ao pasado de Felipe IV disfrazados das Meninas de Velázquez, e os rapaces e raparigas de 5 anos navegaron entre cunchas polo maxín de Maruja Mallo.

Xogando con Arcimboldo

ArcimboldoFai clic para ampliar a foto

26/01/2017

O alumnado da aula de 5 anos de Educación Infantil, quixo participar no Museo do Feal que temos na Biblioteca. Mirade que fermosura de obras de arte inspiradas no Outono de Arcimboldo!!

Arcimboldo

Samaín infantil no Feal

Samaín 2016Fai clic para ver máis fotos

08/11/2016

Os nenos e nenas de Infantil do Feal e Freixeiro, celebraron o Samaín o venres 28 de outubro nas súas aulas, a través da realización de pequenos obradoiros de baleirado de cabazas e decoración das mesmas. Ademais, engalanaron o corredor de Infantil coas súas manualidades e adornos propios de Halloween. Para celebralo, viñeron ataviados con disfraces terroríficos.

Curtaprotexe e Sinforoso

06/05/2016

Publicamos dous novos traballos feitos polo noso alumnado de Infantil (coordinados por Paula Neira) para o proxecto "Pegadas no camiño", dentro do plan "Protexe aos animais".

Protexe os animais

Mural de mascotas

Fai clic para ampliar a foto

21/02/2016

Dentro das actividades propostas no proxecto “Protexe os animais” e coa colaboración das familias, as nenas e nenos do Feal e Freixeiro ensínannos as súas mascotas. Nótase o agarimo que se teñen entre eles. Podedes ver estas mascotas no mural do corredor de Infantil e na seguinte presentación:

Smilebox

Engadimos un vídeo de Izan (6º de Infantil) cos seus cabritiños:

Ademais, quixemos saber que animais eran os preferidos do noso alumnado e tamén que necesidades consideraban que tiñan:

Mascotas de InfantilFai clic para ver as respostas

Graciñas a tod@s @s que participastes!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido