Saltar navegación.
Inicio

Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

Aportación de material

08/11/2010

Lembrámosvos que esta semana espéranos moito choio (a esfolla o mércores, o teatro o xoves e o magosto o venres) e para elo necesitamos que as familias aporten o seguinte material:

  • ESFOLLA: Espiga (a poder ser con follas).
  • TEATRO: 2€ para a entrada ó teatro.
  • MAGOSTO: un cartón de leite limpo (para facer o cestiño das castañas), unha culler de plástico, un tubo de cartón (do papel do baño) e un puñadiño de castañas (3 ou 4).

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

O blog de Infantil do CPI do Feal

03/11/2010

O mestre Roberto estivo a traballar moito e creou este blog para que todos poidades seguir de cerca as nosas andainas:

http://infantilcpidofeal.blogspot.com

Esperamos que sexa do voso agrado e que poidamos compartir moitas experiencias ó longo deste curso.

Happy Halloween!!!

03/11/2010

Durante a semana pasada todos e todas os nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI O Feal estiveron a traballar o Halloween coas mestras Montse e Sesé de Inglés. Cos seus traballos fixeron unha exposición, a cal fomos visitar e que nos gustou moito.

De rúa en rúa...

De rúa en rúa...
Fai clic para ver o vídeo

Natalia Villar, 12/06/2009

Os membros do grupo de traballo "De rúa en rúa...", na nosa despedida, queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade escolar e do Concello de Narón na elaboración e participación nas distintas actividades. Nos próximos días, pasaremos polas aulas de Primaria e Infantil a entregarvos un pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume o noso traballo. MOITAS GRAZAS A TODOS e recordade: de rúa en rúa...seguros é mellor!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido