Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

2º de Primaria

Deles aprendín

12/06/2019

Remata o curso, pechamos as portas de 2º de Primaria. As vosas profes queremos que saibades que vós sodes a nosa inspiración diaria, os nosos heroes e que de vos aprendemos cada día!!!

Lembrádenos aínda que vos digamos adeus... porque como di a canción, durante un tempo fomos OHANA (familia).

Excursión de 2º de Primaria a Aldea Nova

2º de Primaria en Aldea Nova

18/03/2019

O pasado 14 de marzo, as nenas e nenos de 2º de Primaria foron o a Aldea Nova. Alí fixeron uns obradoiros relacionados coa reciclaxe, e aprenderon a importancia dos tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir. Pasárono xenial!!!

Maruxa

08/03/2019

Loitamos a diario, pero hoxe 8 de marzo, lembramos que esa loita é de todas e de todos. Unamos as forzas para acadar dende a escola a igualdade en todos os ámbitos. As barreiras poñémolas os adultos... sexamos exemplo para a nosa infancia. Pepiño cambiou sendo velliño. Maruxa pensou sendo maior. E chegaron a conclusión que as cousiñas feitas a medias saen mellor.

Nota: A canción (co seu correspondente video) fixérase no CEIP Coirón - Dena, con música de Juanes ("La camisa negra") e letra inspirada no conto de Eva Mejuto "Maruxa".

O muro

30/01/2019

Non fagamos máis muros, unamos as nosas forzas e traballemos unidos...Separar debilita, unir fortalece!

Os nosos peques inténtano todo os días... sexamos o seu exemplo!

Día da Paz 2019

Pasapalabra con deportistas españois

Pasapalabra con deportistasFai clic para descargar o PowerPoint

14/01/2018

As nenas e os nenos de 2º de Primaria fixemos este Pasapalabra con deportistas españois. Seredes capaces de facelo sen ningún erro? Intentádeo, veredes cantas cousas aprendedes!!!

Homenaxe ás avoas e aos avós

17/12/2018

2º de Primaria homenaxea ás avoas e aos avós con esta presentación de fotografías, que resume os momentos máxicos vividos con eles.

A estrela do Feal

16/12/2018

As nenas e nenos de 2º de Primaria do CPI do Feal elaboramos esta bonita canción para desexarvos un BO NADAL. Ollade que marcha temos!!!!

A porta violeta do Feal

25/11/2018

As alumnas e os alumnos de 2º de Primaria do noso centro realizaron este vídeo para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. É a nosa homenaxe a aquelas mulleres que sofren cada día.

Recadación final do noso Mercadiño Solidario

Mercadiño Solidario 2017

Fai clic para ampliar a foto

12/06/2017

O pasado venres 9 de xuño, recibimos aos representantes do Centro de Recursos Solidarios de Narón, para facerlles entrega dos cartos recadados no noso recente Mercadiño Solidario. En total foron 1.455,12 €.

Moitas grazas a todas as familias que colaboraron na venta, montaxe ou recollida dos artigos.

Laura Rodríguez

Diploma do Concello de Narón para 2º de Primaria

Diploma do Centro de Recursos de Narón

10/05/2017

O pasado venres 5 de maio, o alumnado e profesorado de 2º de Primaria foi convidado a un desfile benéfico organizado polo Centro de Recursos de Narón no Pazo da Cultura. O motivo foi a entrega dun diploma a estes grupos, pola súa doazón de alimentos recollidos antes do Nadal no Feal.

Lembramos que esta recollida de alimentos formaba parte do proxecto "E que podo facer eu?", que se está desenvolvendo durante o presente curso dentro do Plan Proxecta.

Grazas á toda a xente que participou na recollida, e ás familias que nos acompañaron nesta xornada.

Laura Rodríguez

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido