Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

5º de Primaria

Easter Cards from Finland

Easter Cards from FinlandFai clic para ampliar a foto

04/04/2019

O alumnado de 5° B recibiu esta semana unha fantástica sorpresa: Easter Cards dende Finlandia!!

Este segundo trimestre comenzaron a traballar con alumnado dese e doutros dous países europeos a través de plataforma Etwinning, e esta é unha das recompensas que ten o facerse "internacional".

Moitas felicidades ao noso alumnado polo traballo, e thank you so much and Happy Easter to all our new Finnish friends.

Easter Cards from FinlandFai clic para ampliar a foto

Día Internacional de Concienciación do Autismo

Autismo 2018

17/04/2018

O pasado venres 6 de abril, celebrouse o Día Internacional de Concienciación do Autismo. Para conmemoralo, a asociación ASPANAES organizou unha andaina co obxectivo de facer visible e axudar a comprender ás persoas co trastorno do espectro autista.

O acto celebrouse o pasado 13 de abril, e por mor da chuvia trasladouse ao pavillón da Malata, onde nenos e nenas de moitas escolas da zona gozaron dunha mañá dedicada a romper barreiras, xa que este era o lema da celebración. A este acto, que contou tamén coa presencia de membros do concello de Ferrol, acudiron os nenos e nenas de 5º de Primaria.

Autismo 2018

Autismo 2018

Excursión á Coruña de 5º de Primaria

A Coruña 2016Fai clic para ampliar a foto

15/04/2016

O pasado martes 12 de abril, @s alumn@s de 5º de Primaria visitaron a cidade da Coruña acompañados dos seus titores (Jéssica, Roberto e Isabel).

Comezaron visitando as instalacións de La Voz de Galicia en Arteixo, así como o seu Museo. A continuación, achegáronse á Illa de Santa Cruz (Oleiros), onde observaron a natureza e a fermosa vista da Coruña, e ademais, coñeceron a historia do castelo grazas a monitores do CEIDA. Para rematar, visitaron a Torre de Hércules e subiron ao faro máis antigo que aínda está en funcionamento.

Un premiado do Feal no concurso de debuxo "Os nosos portos"

Os nosos portos - 2015

07/01/2016

O pasado mes de decembro, o noso alumno Alejandro Álvarez Permuy (5º A) conseguiu o terceiro premio no concurso de debuxo "Os nosos portos". Este concurso estaba convocado polo Porto de Ferrol para alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria, e foron presentados máis de 2.000 debuxos procedentes de colexios de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña. Na foto, podedes ver a Alejandro, a súa titora Isabel Derungs, e as outras dúas premiadas. Parabéns, Alejandro!

Nova charla do noso zoólogo de Primaria

Felipe Hermida Ameneiros

05/05/2015

Despois de que o gran afeccionado á zooloxía que temos en 5º A de Primaria fixese unha interesante charla sobre a cetrería para os seus compañeiros, tiña pendente outra sobre os animais dos bosques galegos.

Na foto podedes ver a Felipe Hermida Ameneiros con varias pezas de animais que trouxo hoxe para ilustrar a nova charla, entre elas unha pel curtida por el mesmo.

Moitas grazas, Felipe!

O noso experto en cetrería

Felipe Hermida Ameneiros

05/03/2015

O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu hoxe unha charla moi especial por dúas razóns: a primeira que o relator era un dos seus compañeiros (Felipe Hermida Ameneiros de 5º A), e a segunda que o tema non é nada habitual nas nosas aulas (a cetrería). Felipe ten previsto facer novas charlas a próxima semana, dedicadas esta vez aos animais dos bosques galegos. O noso agradecemento a este gran afeccionado á zooloxía pola interesante iniciativa.

Garras

Visita ao Museo da Natureza e Aquaciencia

5º de Primaria no Parque Raíña Sofía

Fai clic para ver máis fotos

01/05/2013

O pasado 25 de abril, o alumnado de 5º de Primaria achegouse a Ferrol con Ana Belén Martínez e José Manuel Timiraos para visitar o Museo da Natureza e Aquaciencia. Deixamos algunhas imaxes da saída na nosa Galería.

Miradas matemáticas no Feal

Feal fotomático

29/04/2013

José Manuel Timiraos envíanos esta bonita presentación na que o alumnado de 5º de Primaria fai un safari fotográfico polo Feal, cazando imaxes matemáticas. Curiosamente, a música de Coldplay tamén estará presente no noso próximo Festival Fin de Curso, aínda que con outra canción... e ata aquí podemos ler.

Montaxe de 5º de Primaria para o Día da Paz

Día da Paz 2013

30/01/2013

Deixamos aquí a montaxe elaborada por José Manuel Timiraos, con alumnos de 5º de Primaria, para o Día da Paz de 2013.

Presentacións dos grupos de 5º de Primaria 2012/13

5º A de Primaria 2012/13

14/01/2013

Aquí tedes dúas novas presentacións feitas por José Manuel Timiraos, neste caso con imaxes dos grupos de 5º de Primaria.

5º B de Primaria (decembro de 2012)

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido