Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Prensa

A nosa auxiliar de conversación en inglés en La Voz de Galicia

Laura e Eli

16/04/2018

Laura González Ladicani, que é a auxiliar de conversación en inglés que temos este curso no Feal, apareceu en La Voz de Galicia do 15/04/2018 (xunto con outra compañeira que traballa noutro centro). Sen dúbida, a súa axuda fai que o noso alumnado teña unha educación máis completa.

Aprobado un proxecto para mellorar o edificio principal do CPI do Feal

Víctor, Ovidio e Marián

15/12/2017

Como recolle o Diario de Ferrol do 15/12/2017, onte recibimos a visita do delegado territorial da Xunta (Ovidio Rodeiro), o xefe territorial de Educación (Indalecio Cabana) e alcaldesa de Narón (Marián Ferreiro). Nesta visita, confirmouse unha importante reforma exterior do edificio principal do noso centro (tellados, paredes, ventás, canalizacións...). O principal obxectivo desta reforma é a mellora da nosa eficiencia enerxética, e está previsto que se realice ao longo de 2018. O CPI do Feal é un dos nove centros galegos seleccionados para esta quenda.

Aclaración sobre a información aparecida na prensa nos últimos días

30/09/2014

Dende o CPI do Feal, solicitouse en tempo e forma a presenza dun profesor máis de pedagoxía terapéutica no noso centro co correspondente informe do Departamento de Orientación, pero debido ás circunstancias da avaliación final do curso pasado, o que se obtivo finalmente por parte da Consellería foi o desdobre dun nivel co seu titor correspondente e a maiores un profesor de apoio a tempo parcial. Deste xeito quedan cubertas as necesidades do centro cara a este curso polo que non se entende por parte da Dirección a petición de máis profesorado por parte da ANPA nin a nova negando a existencia dunha petición que a día de hoxe xa foi solucionada.

O Director

Premios "Ponle freno"

Ponle freno 2014Fai clic para ampliar a foto

08/04/2014

O concello de Narón acaba de recibir o premio Ponle Freno (Atresmedia), polo seu programa municipal de Educación Vial. Varios centros educativos participaron nesta iniciativa, entre eles o CPI do Feal. Esta mañá, o alcalde José Manuel Blanco fixo entrega dunha réplica do galardón obtido aos representantes de cada colexio. Aroa, Vicky, Alba e Anxo (alumnos de 4º EP), acompañados por Juan Carlos Bedia, recolleron esta placa, que quedará exposta durante uns días na entrada do centro.

Publicouse un artigo sobre o acto na edición do 08/04/2014 de La Voz de Galicia.

Ponle Freno

A homenaxe a Manolo Corredoira e Alicia Trobajo no Diario de Ferrol

Manolo Corredoira e Alicia Trobajo

No suplemento Nordesía do Diario de Ferrol do 22/09/2013, publicouse unha reportaxe fotográfica da comida do 28 de xuño, na que se celebrou a xubilación dos mestres do Feal Manolo Corredoira e Alicia Trobajo. Aproveitamos para enviarlle un forte abrazo aos dous.

As piragüistas do Feal triunfan no Sor

Aldara CastroAldara Castro

O Diario de Ferrol do 2/10/2012 recolleu o éxito do Club de Piragüismo Narón no descenso do Sor deste ano. En concreto, temos que destacar os postos das nosas alumnas (de 2º de ESO A) Aldara Castro, Andrea Ramos e Silvia Felpete: primeira, terceira e cuarta respectivamente, na categoría infantil femenina. Parabéns!

Descenso do Sor 2012

A homenaxe á mestra Carmen Couce no Diario de Ferrol

Carmen Couce Amado

No suplemento Nordesía do Diario de Ferrol do 12/08/2012, publicouse unha reportaxe fotográfica da comida do 29 de xuño, na que se celebrou a xubilación da mestra do Feal Carmen Couce Amado. Aproveitamos para desexarlle unha nova etapa moi feliz.

O noso lipdub en La Voz de Galicia

15/07/2012

Tras unha chamada de La Voz de Galicia ao noso centro, interesándose pola historia do noso primeiro lipdub, publicouse un amplo artigo na edición de Ferrol do domingo 15/07/2012.

A apertura do novo comedor escolar do Feal no Diario de Ferrol

Apertura do comedor escolar do Feal

30/09/2010

O inicio das actividades do noso novo comedor escolar, que tivo lugar o pasado luns, foi recollido no Diario de Ferrol do martes 28 de setembro.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido