Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

O abuso do móbil

O abuso do móbilPreme para descargar o vídeo

15/06/2022

Achegamos un magnífico traballo audiovisual do alumnado de 4º de ESO B para a materia de Valores éticos, no que tratan de concienciarnos sobre o abuso do móbil.

A primeira voda no Feal?

21/02/2021

Non temos claro se esta foi a primeira voda celebrada no Feal, porque sabemos que hai moitos anos, na zona onde agora está a sala de profes, celebrábanse misas.

En calquera caso, desexamos unha fermosa lúa de mel a Lara e Ismael, e deixamos aquí algunhas imaxes da emotiva voda celebrada o pasado venres de Entroido, oficiada polo noso sacerdote Samuel (atención ás bágoas do pai da noiva).

A ecoloxía do Feal

14/10/2020

Non hai maneira. Á xente do Feal non lle gusta apagar todo cando unha aula queda baleira. Demasiado traballo. O vídeo sobre o tema que fixo parte do alumnado de 4º de ESO en 2018, será lembrado por ser o menos efectivo da Historia das campañas de concienciación, pero polo menos... pasámolo ben facéndoo. Unha aperta para os/as protas!!

Coidado co vento!

Tronco partidoFai clic para ampliar a foto

26/03/2019

Unha das árbores máis carismáticas do noso centro quedou partida esta tarde polo vento. Cantas fotos de fin de curso foron feitas alí! Afortunadamente, a esas horas xa non había actividade lectiva, e non houbo que lamentar danos persoais, pero... non deixa de dar pena a árbore, claro.

4º de ESO B - 15/05/2018

4º de ESO B, o 15 de maio de 2018

A Mesa da Paz do Feal

Mesa da Paz

22/03/2019

Baixo as escaleiras do edificio de Infantil e Primaria, temos unha novidosa Mesa da Paz para resolver conflitos internos dun so alumn@ ou entre dous, aínda que hai que destacar que desde que se instalou hai xa unhas semanas... aínda non foi necesaria!

Cando chegue alí alguén que a necesite, poderá coller algún dos obxectos da mesa para relaxarse, ou entrar na tenda... ou falar, tendo que facer soar unha campaíña cando considere que xa está ben. Nese momento, aparecerá un adulto que o felicitará e o tratará con agarimo.

Felicitacións

31/12/2018

Quero felicitar a elaboración do vídeo "Apagha iso!!".

Non sería necesario o recordatorio se todos fósemos conscientes de que é o noso centro de traballo, onde, suponse, convivimos persoas responsables e como tal teríamos que facer o mesmo que nas nosas casas, xa que o CPI do Feal forma parte da nosa vida diaria.

Unha aperta a todos os que formamos parte do Feal

Marisa

Antena nosa que estás no ceo... veñan a nós os teus megas

Antena nosa

28/11/2017

Si, amigos e amigas: xa temos a nosa antena diabólica... na súa nova ubicación, no máis alto do Feal. Sen embargo, teremos que adorala ata que lle pete enchernos de megas ata as orellas dunha vez.

Din por aí que en quince días un enviado virá para facer a migración de R a Orange, e entón... sucederá o milagre!

Simulacro de evacuación

05/05/2016

O simulacro de evacuación de hoxe non foi perfecto, pero o persoal de Protección Civil de Narón quedou satisfeito con el. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Libro de visitas 2016

Aquí quedarán gardadas todas as mensaxes publicadas no noveno ano do Libro.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido