Saltar navegación.
Inicio

Música

1º de ESO A en Intercentros

Hades - 1º de ESO A - Intercentros 2022Preme para descargar o vídeo

12/05/2022

Achegamos un vídeo con parte do alumnado de 1º de ESO A actuando no certame Intercentros 2022 (organizado polo Concello de Narón). Trátase dunha adaptación ao galego da canción Hades (que forma parte dunha serie de YouTube chamada Destripando la Historia), e foi preparada na materia Obradoiro musical.

Estes foron os participantes: Sabela Manso, Sabela Álvarez, Sabela Paz, Noa Pico, Mara Cabarcos, Amanda Díaz, Ángela Fernández, Laura Fraga, Zaida Gabarri, Brais López, Lorena Primoy, Sheila Ramos, Daniel Santos y Alazne Soto.

Percusión corporal en 1º de ESO

03/02/2022

O noso profe de Secundaria Julián Otero gravou recentemente tres vídeos en 1º de ESO (un con cada grupo), e aquí tedes a compilación. Trátase de actividades de introdución aos ritmos a través da percusión corporal, e dentro da materia "Obradoiro musical".

Estas actividades, traballáranse durante o primeiro trimestre deste curso en colaboración co departamento de inglés, e utilizaron músicas de Nadal.

4º de ESO baila con "Piece of you"

17/06/2021

O alumnado de 4º de ESO da materia de Música despídese deste curso tan especial, pero sobre todo, pecha etapa. Queremos compartir con vós o penúltimo "exercicio musical" que preparamos nas clases. Trátase dunha pequena coreografía de Santi Serratosa, que creou para celebrar o Musiqueando deste ano. O Musiqueando é unha celebración a nivel nacional que se fai tódolos anos e na que participan moitísimos centros de toda España. Trátase de dar visibilidade á materia de Música gravando exercicios de práctica musical feitos nas clases, e compartíndoos dixitalmente. Aínda queda outra pequena sorpresa, pero esa terá lugar na graduación de 4º de ESO. Como podedes comprobar, gravamos dúas veces (cos dous grupos de 4º de ESO de Música).

Parabéns ao alumnado que participou, polo traballado durante este curso na materia de Música e pola súa musicalidade. Moita sorte na nova etapa!! Ata sempre.

Alba Alonso

Panxoliñas tubulares

 

30/12/2020

Moi boas! Os últimos días do primeiro trimestre, o alumnado de 4º de ESO coa materia de Música gravou dúas cancións de Nadal. Como podedes ver, están interpretadas con boomwackers (uns tubos de plástico que están afinados coas notas musicais). Aquí tedes os vídeos (grazas a Ángel Carrera por cedernos a súa cámara).

Desexámosvos unhas felices festas, e coma sempre... que a música vos acompañe! Collede forzas que nos vemos á volta!

Alba Alonso

Novos vídeos de 4º de ESO na materia de Música

07/12/2020

O pasado 22 de novembro, celebrouse a festividade de Santa Cecilia (patroa dos músicos). Na clase de música, festexámolo interpretando dúas pequenas pezas musicais (non podería ser doutro xeito!). Deixámosvos aquí os vídeos que fixemos na materia de Música en 4º de ESO.

A familia Addams no Feal

01/11/2020

Chegou Halloween! Este ano dun xeito un pouco distinto, xa que non o celebraremos como nos gustaría. Mais siempre nos queda a música, así que collede un vaso de plástico e a gozar!

Moitas grazas ao alumnado de música de 4º de ESO, que como podedes comprobar fixo un gran traballo, e ao profesor de tecnoloxía Ángel Carrera, que editou o vídeo. Bo Halloween a todo@s!"

Alba Alonso

Exposición de instrumentos musicais prehistóricos

Instrumentos prehistóricos 2019Preme para ver máis fotos

11/12/2019

Estes días temos unha exposición de instrumentos musicais prehistóricos na nova biblioteca de Infantil e Primaria. Estes instrumentos (de percusión e vento) foron elaborados polo noso alumnado de 3º de ESO na materia de Música, con materiais da natureza (ósos, cunchas, ramas...). Os autores/as organizarán unha visita guiada para 6º de Primaria durante a próxima semana.

O alumnado de 4º de ESO ensina Música aos máis pequenos do Feal

4º de ESO cos pequenos en MúsicaFai clic para ver máis fotos

07/11/2019

Estes días, o alumnado do 1º de Primaria e de Infantil asistiu á representación dun conto musicado (A Casa encantada de Mickey Mouse), realizada por vari@s alumn@ de 4º de ESO, na sesión de Educación Musical.

Pasámolo xenial escoitando como @s alumn@s mais maiores do cole ambientaban o conto con sons de diferentes instrumentos musicais, como as cunchas, o piano, frautas, etc...

Moi bo traballo rapaces/as!!

Xurxo Souto no Feal

Xurxo Souto no Feal

02/06/2018

O pasado luns 28 de maio tivemos a visita do polifacético Xurxo Souto. O autor da Oda ó futbolín e tantas outras pezas festivas, ofreceu unha intensa charla ao alumnado de 2º de ESO A, centrada na historia do rock en galego.

Unha sesión non foi suficiente para o seu torrente verbal, pero quedámonos co seu entusiasmo contaxioso, e coa idea de que os adolescentes non deberían ser meros espectadores do mundo cultural, senón tamén protagonistas, creando música, vídeos, literatura, aparellos... e o que faga falta. Grazas, Xurxo!

Xurxo Souto no Feal

 

Álex López coa súa guitarra

22/12/2017

O noso alumno de 4º de ESO Alejandro López Yáñez, trouxo onte a súa guitarra eléctrica co seu ampli, e estivo tocando para os seus compañéir@s na aula de Música. No vídeo, podedes velo cunha peza de Sleeping with sirens ("If I'm James Dean, you're Audrey Hepburn"). Se no fondo só aparecen dúas compañeiras, é porque o resto prefería non verse en Internet. Moitas grazas a Álex pola súa iniciativa!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido