Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Foro de lectura

A Celestina


Celestina vista por Pablo Picasso

A Celestina, obra teatral firmada por Fernando de Rojas no ano 1499, supuxo unha revolución na literatura do seu tempo, pois rompía con moitas das regras da literatura medieval. O argumento conta os amores ilícitos entre Calisto e Melibea, propiciados pola intervención da alcahueta Celestina. Paralela a esta historia amorosa transcorren as vivencias dos criados. Rojas ofrécenos unha galería de personaxes diferenciadas, que parecen ter vida propia. Sentimentos como o amor, a avaricia, a envexa o sufrimento chegan ao lector desde cada escena. Esta obra quedou convertida nun clásico da nosa literatura.

Lazarillo de Tormes

 

Esta novela anónima inaugurou a corrente picaresca da literatura renacentista española. Relata as andanzas de Lázaro de Tormes, que nunha carta autobiográfica vai dando conta da súa vida para xustificar "o caso" no que se atopa na súa madurez. Ao longo das súas aventuras e desventuras o autor quixo facer un retrato de temas sociais e humanos da súa época, nun relato cheo de sentimentos e ironía, especialmente crítica con algúns estamentos. A editorial Almadraba ofrécenos unha edición especial para adolescentes, onde sintetiza a historia de Lázaro, pero sen perder a esencia da edición clásica.

Manolito Gafotas

 

Manolito García Moreno é o protagonista desta historia, pero todos o coñecen como Manolito Gafotas. É un neno que vive en Carabanchel e observa o mundo dende o seu barrio, e conta o que veo coas palabras que atopa no seu entorno. Co seu avó Nicolás, co seu irmán "El imbécil" e cos seus amigos, familia e veciños, é capaz de vivir historias cotiás coma se fosen auténticas aventuras. Trátase dun libro cheo de humor e inocencia, de mirada tenra que nos fará disfrutar dun bo rato. Inaugura toda unha colección ao redor desta personaxe creada por Elvira Lindo.

Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar

 

Este libro conta as aventuras de Zorbas, un gato "grande, negro e gordo" que ten un inquebrantable sentido da honra que lle leva a comprometerse na crianza dunha gaivota porque llo pide a súa nai antes de morrer afundida nun mar tiznado de petróleo. A súa misión será ensinarlle a voar. Para esta difícil tarefa contará coa axuda dos seus amigos. Esta novela está narrada con maestría e consegue despertar a imaxinación dos lectores.Indicada para nenos.

El capitán Alatriste

 

Este libro de Pérez Reverte, publicado no ano 1996, inicia a saga protagonizada por este personaxe. Nesta primeira entrega, atopamos a presentación deste soldado veterano nos tercios de Flandes que malvive como espadachín no Madrid do século XVII. Somos testemuñas da súa arriscada aventura e podemos coñecer as intrigas da Corte nun periodo da historia de España marcada pola corrupción e a decadencia. As emboscadas nos calexóns oscuros, as tabernas onde Quevedo compón sonetos entre pendencias e viño, os corrais de comedias onde as representacións de Lope de Vega rematan a coiteladas. Todo isto é o fondo no que se move a vida de personaxes entrañables que complementan as andanzas do capitán: Íñigo Balboa, o inquisidor fray Emilio Bocanegra, o perigoso asasino Gualterio Malatesta e o diabólico secretario do rei, Luis de Alquézar. Trátase dun libro marcado pola acción, a historia e as aventuras.

Momo

Momo

 

Momo é unha nena que posee a marabillosa cualidade de saber escoitar aos demais e que desexa axudar a todos a humanizar as súas vidas, sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun ben moi preciado: o tempo. Este clásico de Michael Ende foi a lectura obrigatoria dos alumnos de 1º ESO no segundo trimestre.

Harry potter y las reliquias de la muerte

 

Este libro cerra a serie sobre o personaxe de Harry Potter, que iniciou hai dez anos a autora J.K. Rowling. Neste libro presenciamos o enfrontamento final entre Harry Potter e os seus aliados, fronte ao mago escuro, Lord Woldemort e os seus servintes, os Mortífagos.

Campos de fresas

Campos de fresas 

Novela do escritor Jordi Sierra i Fabra que trata un tema moi actual: as consecuencias das drogas nos adolescentes. A historia comenza un día ao amanecer. Nun hospital, Luci está en coma, porque sufriu un golpe de calor debido a unha pastilla de éxtasis, a droga de diseño que está de moda. Os seus amigos comenzan a reflexionar sobre o sucedido o día anterior. A súa mellor amiga, bulímica, enfréntase ao seu propio problema ante o que lle está pasando a Luci. O rapaz que está namorado de Luci busca ao camello que lle suministrou a droga coa esperanza de salvar a vida da moza. A policía abre a súa investigación. Un periodista trata de destapar todo o dramatismo desta historia. En poucas horas, todo se descontrola neste mundo, tan realista, e todos os que coñecen a Luci loitan por ela, pero tamén por mellorar as súas propias vidas e recuperar o tempo perdido. 

Memorias de Idhún

 

 

 

Memorias de Idhún é unha triloxía de libros de fantasía e aventura, escrita pola autora valenciana Laura Gallego García. A historia trata de tres xóvenes: Jack, Victoria e Kirstash, predestinados a cambiar o destino de Idhún (mundo ficticio) para sempre.

  • No primeiro libro, as personaxes desenvolven lazos sentimentais moi complexos e loitan na Terra, metras van descubrindo a súa verdadeira natureza e saben máis acerca de Idhún, e a profecía. O obxectivo é encontrar ao último unicornio e ao último dragón.
  • No segundo libro, as personaxes deben aprender a convivir e continúa o desenrolo emocional, xa en Idhún. Deben xestar a rebelión e o unicornio e o dragón deben derrotar a Ashran. Sen embargo, pronto se descubre que todo isto non é máis que unha mínima batalla dentro dunha gran guerra divina que ameaza con destruilo todo. A relación das personaxes vaise facendo máis intensa, pois van madurando
  • O terceiro libro explora a relación dos deuses coa historia. A acción transcorre en Idhún e na Terra. Neste libro, a relación sentimental este libro la relación sentimental das personaxes queda consolidada.

Unha estrela no vento

Unha estrela no vento

Esta historia de Ledicia Costas, publicada no ano 99 en Xerais é un dos libros da colección Fóra de Xogo. Cóntanos como un rapaz vigués de dezasete anos (Miguel) vive importantes cambios que van revirar a súa vida. Recibe unha malleira que o deixa fóra de combate por uns días e con isto ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que rematará de maneira bastante inesperada. Conta co amor e a solidariedade dos máis próximos, entre eles Reina e Abel. Xunto a eles aprenderá moito sobre a vida.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido