Saltar navegación.
Inicio

Foro de lectura

Marcabrú y la hoguera de hielo

Marcabrú

Esta novela de Emili Teixidor, foi publicada no 2006 pola editorial Oxford Planeta. Está ambientada no século XIII. Narra a historia de Marcabrú, un neno que viaxa polo leste da Península Ibérica  en busca de respostas sobre a súa enigmática biografía. No seu itinerario vai acompañado dun xuglar cego, dunha soldadeira e doutros peculiares personaxes. Sofrirán o ataque duns bandoleiros. Marcabrú consegue escapar e vivirá numerosas aventuras ata encontrar respostas aos seus interrogantes vitais. Ademais de aventuras e intrigas, o libro é un reflexo da sociedade estamental do medievo, e serve de ilustración para os lectores da forma de vida e dos costumes da época.

La mansión de las mil puertas

La mansión de las mil puertas

La mansión de las mil puertas é un libro escrito por Jordi Sierra i Fabra no ano 2000. A editorial Oxford inclúeo na súa colección Camaleón Azul, para lectores a partir de 12 anos. Foi a lectura que tiveron os alumnos de 1º da ESO no primeiro trimestre.

Trátase dun libro de fantasía, aventura e misterio. Recolle tres historias que amosan viaxes pola mente de distintas personaxes. A primeira, que da título ao libro, "La mansión de las mil puertas", conta a aventura de dous xemelgos que se adentran nunha mansión abandonada e teñen que solventar as cuestións que se lles presentan ante as mil portas que se atopan. No segundo relato, "Cambio de cerebro", un rapaz está esclavo das paranoias da súa mente, invadida por seres estranos que se levan os seus recordos, e debe ser sometido a un proceso de hipnose. A última historia, "Máquinas", relata o descubrimento que fai un adolescente sobre a súa familia, que non é tan "humana" como parece.

Presentación

Lectores

20 / 01 / 2009 

Abrimos este enlace coa intención de crear un lugar de intercambio de impresións sobre lecturas. Podes enviar o teu comentario sobre calquera libro que consideres interesante.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido