Saltar navegación.
Inicio

Revista escolar (A Tribo)

A Tribo

A Tribo dixital

Nos artigos deste apartado, é posible ver a versión dixital dos números publicados de A Tribo premendo nas imaxes das portadas ou nos arquivos adxuntos.

Os arquivos están en formato pdf e tratouse de que tivesen todas as páxinas a cor sen baixar demasiado a calidade, de xeito que os números con máis páxinas están en arquivos bastante grandes. Polo tanto, sobre todo se non tes unha conexión a Internet rápida, recomendámosche que os descargues no teu equipo co botón dereito do rato ("Gardar destino ou enlace como..."), en lugar de abrilos directamente co botón esquerdo.

Por outra parte, hai que aclarar que moitos erros atopados nas edicións impresas foron corrixidos despois nas versións dixitais.

A Tribo 20 - 2023

A Tribo 20 - 2023

Este ano, a revista volve a publicarse exclusivamente en versión electrónica. A coordinación e o diseño estiveron a cargo de Rosalía Ferreiro García.

A Tribo 19 - 2022

A Tribo 19 - 2022

Este ano, a revista volve a publicarse exclusivamente en versión electrónica. A coordinación e o diseño seguen nas mans de Manuel Ángel López Sánchez.

A Tribo 18 - 2021

A Tribo 18 - 2021

Este ano, a revista volve a publicarse exclusivamente en versión electrónica. A coordinación e o diseño pasan ás mans de Manuel Ángel López Sánchez.

A Tribo 17 - 2020

A Tribo 17 - 2020

Raquel Zaplana Rodríguez continuou coa coordinación e deseño da revista, que por primeira vez non se publica en papel, debido á crise provocada polo coronavirus.

A Tribo 16 - 2019

A Tribo 16 - 2019

Esta vez, a nova coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Raquel Zaplana Rodríguez, encargouse tanto da coordinación da revista como do seu deseño. A portada é de Nerea Trigo Salgado.

A Tribo 15 - 2018

A Tribo 15 - 2018

Nesta ocasión, a maquetación da nosa revista repartiuse entre Paula Neira (artigos de Infantil e Primaria) e Sonia Álvarez (artigos de Secundaria).

A Tribo 14 - 2017

A Tribo 14 - 2017

Esta vez, a nova coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Paula Neira, encargouse tanto da coordinación da revista como do seu deseño. A portada é de Irene Mas, de 1º de ESO.

A Tribo 13 - 2016

A Tribo 12 - 2015

Sonia Álvarez dirixiu un ano máis o deseño, coa colaboración do seguinte alumnado do Obradoiro de Prensa de 4º de ESO: Lorena Basoa, Michelle de Gregorio, David Díaz, Laura Doce, Marta Doce, Sergio Riesgo e Vanesa Sequeiro. A portada é de Óscar Luaces (1º de ESO). Na coordinación, continuaron Ana Belén Martínez e María Anca, que despois de varios anos implicadas na nosa revista, deixan o noso centro. Esperamos que a pesar deste traslado e da desaparición do Obradoiro de Prensa (debido aos cambios da LOMCE), A Tribo siga contando cun grupo de persoas que a impulsen.

A Tribo 12 - 2015

A Tribo 12 - 2015

O deseño seguiu estando dirixido por Sonia Álvarez, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Prensa (4º A e 4º C de ESO). No caso concreto da portada, Sonia Álvarez contou coa axuda de Andrea Ramos, Silvia Felpete e Alexia Iglesias. Na coordinación, continuaron Ana Belén Martínez e María Anca.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido