Saltar navegación.
Inicio

Televisión

Saída de 3º e 4º de ESO ao teatro en inglés en TVE

14/01/2023

Deixamos aquí a reportaxe emitida onte no Telexornal de TVE sobre a obra de teatro en inglés á que asistiu o noso alumnado de 3º e 4º de ESO. Grazas especiais ao alumnado que participou saíndo a escena e incluso respondendo ás preguntas de TVE (que tamén abordou a súa profe Irene).

A odisea irlandesa do Feal en televisión

Unidade móbil da TVG

Unha unidade móbil da TVG no Feal o pasado domingo

23/04/2010

A directora do Feal, Mª Dolores Vizoso, estivo toda a fin de semana do 17 e 18 de abril de garda no centro, e cansa de non acadar unha solución rápida para o problema irlandés/islandés, decidiu convocar a todas as familias dos afectados para unha rolda de prensa que tivo lugar o domingo ás 18:30 no noso centro. As imaxes foron emitidas nos informativos da TVG e de Tele 5:

Nota: a TVG non atopou as imaxes de Dublín en YouTube, se non na nosa web; a lástima foi que non tivéramos un vídeo con máis calidade.

Unidades móbiles

TVE

O día seguinte (19 de abril), unha morea de medios apostouse na entrada do centro para cubrir a noticia. Sería imposible recoller aquí todo o emitido por televisión.

Por último, o grupo chegou ao Feal  o venres 23 de abril, unha hora e media antes do previsto. Só a TVG chegou  cedo, aínda que despois da chegada aparecerían máis cámaras, entre elas a da web do Feal :-(

A Biblioteca Exipcia do Feal na Televisión de Ferrol

Loli Abelleira

29/03/2010

O pasado 26 de marzo, a canle 31 de Ferrol (que de momento non entrou na TDT) emitiu unha reportaxe sobre a nosa biblioteca exipcia dentro do seu programa cultural Caleidoscopio. Podes ver o vídeo:

  1. en YouTube (tamaño grande)
  2. na Galería do Feal (tamaño pequeno)

A TVG ilustra a folga do plurilingüismo co CPI do Feal

Telexornal 21-01-2010
Fai clic para ver o vídeo

24/01/2010

O noso centro xa levaba un tempo sen saír na tele. O Feal apareceu no telexornal do mediodía do pasado 21 de xaneiro, con motivo da folga no ensino contra o borrador do novo decreto do galego. O pequeno vídeo que achegamos inclúe os dous fragmentos que houbo con imaxes do Feal (separados por unha cortiniña da TVG); o primeiro foi na cabeceira e o segundo algo máis adiante. Nos dous fragmentos, a TVG cometeu o erro de presentar ao presidente da nosa ANPA como mestre.

Un ex-alumno traballando en Afganistán

Eloy en Afganistán
Fai clic para ver o vídeo

31/05/2009

Este domingo levamos unha sorpresa vendo o Telediario: Eloy Castro, un ex-alumno que aínda estaba en 4º de Diversificación hai dous cursos, apareceu falando dende Afganistán onde está pasando unha temporada como militar. Esperamos que á volta da operación pase polo Feal para contarnos a súa experiencia.

A visita do alcalde de Narón ao Feal no Canal 31

Clausura da exposición filatélica
Fai clic para ver o vídeo

26/04/2009

O pasado venres 24 de abril, o alcalde de Narón xunto coa Concelleira de Educación visitaron o noso centro.

En primeiro lugar, comunicaron ao equipo directivo e a ANPA as melloras que o Concello ten previstas a curto prazo no recinto do Feal (valado, aparcadoiro, parque infantil e zonas verdes).

A continuación, en compañía de representantes da Federación Española de Sociedades Filatélicas, Correos e a nosa comunidade educativa, pasaron a clausurar a exposición de selos que estivo con nós durante esta semana. Achegamos o vídeo emitido no Canal 31 de Ferrol o mesmo venres, e tamén podedes ver algunha imaxe adicional na Galería. Foi este un acto máis solemne e protocolario do que estamos acostumados no Feal.

Clausura da exposición filatélica

A visita do Feal ao "V encontro coa zanfona contemporánea" na Televisión de Galicia

28/03/2009

Xa faláramos nesta web do "V Encontro coa Zanfona Contemporánea" que tivo lugar en Narón a mediados de marzo. O que non sabiamos é que a Televisión de Galicia transmitira en directo a visita do noso alumnado de Primaria a Aldea Nova durante estas actividades. Foi no programa "A revista" do venres 13 de marzo. Unha vez máis, un tirón de orellas a toda a xente que o sabía e non avisou a esta web.

No vídeo que podedes ver pinchando na foto, a protagonista é a nosa alumna Uxía Muíño, pero hai máis caras coñecidas. Houbo outra conexión con menos protagonismo do noso alumnado. Tamén podedes ver algunhas fotos adicionais na Galería.

Adrián Carballo na Televisión de Galicia

Adrián Carballo e o burro ZapateroAdrián Carballo e o burro Zapatero

06/03/2009

Unha das persoaxes máis carismáticas do Feal, o alumno de 3º de ESO Adrián Carballo, apareceu no programa "Criaturas" da Televisión de Galicia do pasado 4 de marzo.

Achegamos un vídeo que concentra todas as partes do programa relacionadas con Adrián, aínda que segue sendo bastante longo. Tamén está dispoñible nos "Vídeos 2009" da Galería.

Ademais, podedes ver o programa enteiro na web da TVG. Neste caso, as intervencións de Adrián están repartidas nos seguintes tempos:

  • 00:57
  • 04:27
  • 10:37
  • 18:03
  • 24:38

O presidente da ANPA en Localia TV

Salvador en Localia

12/05/2008

No programa "Plató abierto" de Localia Ferrol do 12 de maio, emitiuse unha longa entrevista con Salvador Basoa para tratar o problema da admisión de alumnado en Infantil. Achegamos un vídeo cun fragmento da mesma que podedes ver facendo clic na foto. Unha vez máis, temos que agradecer o gran compromiso do presidente da ANPA co noso centro.

Tele Feal

Salvador e Eva na TVG

15/02/2008 

A este paso teremos que poñer en marcha un canal temático de televisión dedicado íntegramente ao Feal. A Televisión de Galicia entrevistou ao presidente da nosa ANPA Salvador Basoa e á nosa xefa de estudos de Primaria Eva Bouza para coñecer a situación real do noso centro. As imaxes foron emitidas o 15 de febreiro en Galicia Noticias ás 20:15 e son como unha segunda parte de estas outras.

Foi unha lástima que cando chegaron os periodistas non houbera actividade no Feal, pero hai que agradecer moito aos dous entrevistados a súa valentía e soltura ante as cámaras. Tamén felicitamos ao cámara polo ben que retratou O Feal. Só tedes que facer clic nas fotos para ver o vídeo.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido