Dinamización da Lingua Galega
Calendario 2021 e postal de Nadal
Preme para ver o calendario completo
30/12/2020
O noso calendario de 2021 está dedicado ao Camiño de Santiago.
Dez dos meses veñen cun código QR que leva a un vídeo relacionado co lugar, e feito no Feal.
Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Primaria e Secundaria:
Bruna Felismina Maia |
1º de ESO A | Xaneiro |
Iván López Pazos |
1º de ESO B | Febreiro |
Laura Luaces Varela |
1º de ESO C | Marzo |
Irene Somorrostro Fornos |
1º de ESO D | Abril |
Celtia Bedia Martínez |
2º de ESO A | Maio |
Sabela Manso Rico |
6º de EP B | Xuño |
Nerea Trigo Salgado |
2º de ESO C | Xullo |
Candela López Pazos |
3º de ESO B | Agosto |
Candela Couce Ferreiro |
6º de EP C | Setembro |
Sara Cagiao Teijeiro |
6º de EP A | Outubro |
Hugo Guizán López |
3º de ESO C | Novembro |
Rubén Vilas Calderón |
4º de ESO B | Decembro |
Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:
Anne Ramírez Angulo |
5º de EI |
Mateo Pazo Díaz |
4º de EP B |
Preme para ver a postal completa
Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).
Boas festas e feliz 2021!
Despedimos o outono
18/12/2020
Agora que chegan os últimos días do outono, e que o inverno chama ás nosas portas... aproveitamos para ensinar unha proposta dos nosos compañeiros/as de 4ºA e 4ºC de Primaria sobre a orixe e historia do Samaín, así como as nosas costumes nesta estación do ano que chega ao seu fin. Agardamos que teñades gozado destes meses no cole e, xa sabedes, cargade as pilas no Nadal para volver con aínda máis ganas logo das vacacións.
Premio ao mellor relato de medo da Biblioteca de Infantil e Primaria
07/12/2020
Achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Lucía Alves Paz, de 6º A de Primaria. Parabéns!
Gañadores/as do concurso de debuxos de outono 2020
03/12/2020
Esta semana anunciamos os gañadores/as do concurso de debuxo de Outono!
Antes de nada, agradecemos a colaboración de todos os nenos/as dos distintos niveis de Primaria. Foi moi complicado elixir soamente tres, porque había moi bos traballos.
Nas imaxes pódense ver os gañadores/as das distintas categorías:
- Manuel Casal Yáñez (1º e 2º)
- Antía Paniagua Martínez (3º e 4º)
- Dani Froiz Blanco (5º e 6º)
Noraboa aos tres, e agardamos que gocedes dos merecidos premios.
Os/As que desexedes recuperar os vosos debuxos, podedes recollelos na aula de 6º A ata o 22 de decembro.
Xa podes descargar A Tribo 2020
17/06/2020
Debido as excepcionais circunstancias do curso 2019-2020, este ano non haberá revista escolar en papel, pero aquí a tedes en formato dixital. Grazas especiais a Raquel Zaplana, que mantivo vivo o proxecto a pesar das dificultades.
Club de Debate
12/03/2020
Por fin chegou o día: despois dun mes e medio traballando na preparación do debate, o grupo de alumnos de 4º ESO que vedes na imaxe, participou na fase de zona deste concurso autonómico, que pretende impulsar o uso oral da lingua galega, e potenciar o traballo dos recursos de habilidades comunicativas dos adolescentes, ademais de fomentar o seu espírito crítico e democrático.
O tema do debate, polémico onde os haxa, era É necesaria a Monarquía no século XXI?
A preparación do grupo correu a cargo das profesoras Conchi Parada e Mar González.
A competición celebrouse na Casa da Cultura de Outes, coa participación de oito equipos. Os gañadores foron os rapaces do IES Canido (Ferrol) que pasan á fase final que terá lugar o 16 de maio en Santiago.
Os rapaces de Feal defenderon moi ben o seu papel e merecen os nosos parabéns. Grazas a: Antón González, Clara López, Kevin Fonticoba, Irene Mas, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, Paula Somorrostro e tamén a Mónica Meizoso, aínda que no último momento non puido asistir.
Ademais das preparadoras, onte estiveron acompañados pola técnica de Normalización Lingüística do Concello de Narón, Adela Pita, e pola Concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.
Foi unha xornada intensa e moi frutífera. Grazas a este equipo pola súa implicación e ás súas familias por facilitar este traballo.
Club de Debate
20/01/2020
Este curso, o CPI do Feal participa no Club de Debate, un proxecto promovido polos Equipos de Dinamización da Lingua de diversos concellos de Galicia. Vai dirixido ao alumnado de 3º-4º ESO e 1º BAC (e equivalentes en Ciclos Formativos). O obxectivo é fomentar o uso oral da lingua galega, ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersonal e promover a reflexión e intercambio de opinións.
O noso equipo está formado por nove alumnos de 4º ESO: Kevin Fonticoba, Antón González, Irene Mas, Mónica Meizoso, Clara López, Alba Reche, Clara Rodríguez, Rocío Teijeiro, e Paula Somorrostro. As coordinadoras desta actividade son as profesoras Conchi Parada e Mar González.
Esta mañá todos asistiron a unha xornada formativa que se celebrou en Negreira, na que recibiron indicacións sobre a dinámica da competición, regulamento, e recursos para a mellora das intervencións orais.
A primeira fase celebrarase o próximo 11 de marzo no concello de Outes. O tema elixido foi unha proposta do noso equipo: É necesaria a Monarquía no século XXI? A polémica está servida, falta saber como resolven, dialecticamente, a defensa / ataque deste punto de debate.
Calendario do Feal 2020
Preme para ver o calendario completo
16/01/2020
O noso calendario de 2020 está dedicado a lendas de Galicia, Grecia e Holanda, debido a un proxecto eTwinning no que colabora:
- O alumnado de 6º de Primaria do noso centro (xunto coa profesora de Inglés, Montse Fernández)
- O alumnado de Groen Van Printererschool (Dinteloord, Netherlands), coa súa profesora Ellen Brasz Van Dijke
- O alumnado de 8th Primary School (Thessaloniki, Greece), coa súa profesora Laskaridou Chryssa
Thanks to you all!!
Os traballos seleccionados do noso alumnado son os seguintes:
Gema Díaz González |
6º de EP A | Febreiro |
Alexandra Precedo Varela |
2º de ESO B | Maio |
Irene Santalla Casal |
2º de ESO B | Agosto |
Irene Mas López |
4º de ESO B | Decembro |
Fe de errata na versión impresa:
No mes de agosto, a autora é Irene Santalla Casal.
Postal de Nadal 2019
15/12/2019
Aquí tedes as imaxes elixidas para a nosa postal de Nadal 2019. Son de Marcos Pita Costa (Infantil - 3 anos) e Tania López Pazos (5º B de Primaria).
Ingredientes para celebrar o Nadal á galega:
Comer sen poñerse como un Pepe.
Pasar tempo coa familia, pero... con sentidiño!
Ilusionarse con cada aperta e agasallo.
Felicidade todo o día! E se chove, que chova!
Esforzarse en non poñerse como un toxo con curmáns e curmás!
Amodiño cos patinetes e bicicletas, non vaia ser o demo.
Lembrar que en xaneiro hai que volver (eche o que hai!).
Xa podes descargar a versión dixital de A Tribo 2019
15/12/2019
Cuns meses de retraso, polos que pedimos desculpas, publicamos xa a versión dixital de A Tribo 2019 (con algúns erros corrixidos). Grazas especiais a Raquel Zaplana, que se encargou tanto da coordinación como do deseño da revista.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
