Saltar navegación.
Inicio

Dinamización da Lingua Galega

Nadal 2008/09

Aquí tedes as dúas postais e o calendario que levamos este ano á imprenta. O calendario pódese ampliar facendo clic nel.

Felices Festas 2008

Felices Festas 2008

Calendario 2009

Como vedes nas postais, os autores delas foron Sara Seijo (6º A de Primaria) e Mario Mouriz (5 anos), mentres que os autores do calendario foron:

Xaneiro Marco Rodríguez 1º de ESO A
Febreiro Ariadna Fraguela 1º de ESO B
Marzo Nekane Lechuga 2º de ESO A
Abril Sara Rey 2º de ESO B
Maio Laura Mosquera 3º de ESO A
Xuño J. Carlos Criado 3º de ESO B
Xullo Diego Grandal 4º de ESO A
Agosto Desirée Calderón 4º de ESO B
Setembro Wesley Octavio 3º Diver.
Outubro Cecilia Bernal 4º Diver.
Novembro Lauren López PCPI
Decembro Ywona Nakonieczna PT

Entre tantos debuxos que se fixeron non foi doado elixir. Grazas aos nenas e as nenas polo seu traballo, e aos titores e titoras porque sabemos que sen a súa colaboración isto non sería posible.

A Tribo 2008 xa está aquí!!

A Tribo 2008

17/06/2008

A espera mereceu a pena, moi poucos centros poden presumir dunha revista de tanto nivel.

A portada ten un fondo de Daniela Calderón de 4º de ESO e un logotipo da profesora de Plástica Sonia Álvarez.

Sonia foi a cociñeira deste número. En primeiro lugar xa custou reunir tódolos ingredientes, pero despois tamén houbo moito que cociñar, non vos podedes imaxinar. O traballo de Sonia foi descomunal, aínda que nalgúns momentos contara con pinches entre o alumnado ou o profesorado. Tódolos anos é así, pero nesta ocasión aínda houbo máis ambición posto que a revista chegou ás 56 páxinas (24 delas en cor) con gran cantidade de ilustracións.

Grazas polo teu esforzo Sonia, e felicidades polo fantástico resultado.

Entrega de premios de Intercentros

María Yáñez e 3º ESO - B

19/05/2008

O pasado venres entregáronse os premios de Intercentros 2008 no auditorio do Concello de Narón. Na foto podedes ver a María Yáñez entregando o 1º premio de Expresión Oral aos nosos alumnos/as de 3º de ESO - B, pero hai máis imaxes na Galería.

Lembramos que en 2009 tocaralle ao CPI do Feal organizar o XX Festival Intercentros do Concello de Narón. Unha vez máis, parabéns para os premiados!!

O CPI do Feal arrasa en Intercentros

07/05/2008

Recompilamos tódolos primeiros premios obtidos por alumnos/as do CPI do Feal no XIX Certame Intercentros de Narón:

  • Cómic: Cintia Saura Vázquez de 2ºde ESO – C, con “A festa do marisco”.
  • Narrativa: Tania Castro Fernández de 4º de ESO – A, con “Amigas para sempre”.
  • Reportaxe Xornalística: Cristóbal Vergara Vigo de 4º de ESO – C, con “Os rallys na comarca”.
  • Expresión Oral: alumnos/as de 3º de ESO - B dirixidos por Paloma García , cunha adaptación da obra de Núñez Singala “A comedia bífida”.

Recibimos un vídeo coas dúas obras teatrais que representaron ao noso centro no Certame: a premiada e a dos alumnos de 6º de Primaria dirixidos por Loli Abelleira e Eva Bouza, os cales representaron a obra “Colorín, colorado, esta guerra xa está rematada”. Na sala non había un equipo de son axeitado polo que é difícil entender os diálogos e ademais a cámara non estaba estable, pero fixemos dous pequenos resumos que podedes ver pinchando en cada unha das fotos. Ademais, recibimos algunhas fotos da obra de Infantil - Freixeiro que podedes ver na Galería.

Grazas a tódolos participantes por deixar tan alto o pavillón do Feal!!

Obra de Secundaria

Obra de Secundaria premiada

 

Obra de Primaria

Obra de Primaria

 

Freixeiro en Intercentros

Obra de Infantil - Freixeiro

Nadal 2007/08

Aquí tedes as dúas postais e o calendario que levamos este ano á imprenta. O calendario pódese ampliar facendo clic nel.

Postal     Postal

Calendario 2008

Como vedes nas postais, os autores delas foron Edgar Gómez e Ivan Ferreira, mentres que os autores do calendario foron:

Xaneiro Nuria Pardo
Febreiro Alejandro Basoa
Marzo Noelia Criado
Abril
Juan Carlos Leira
Maio
Fany Castro
Xuño Diego Piñeiro
Xullo Susana García
Agosto
Elma Rodríguez
Setembro
Susana García
Outubro
Diego Ferreira
Novembro
Nuria Pardo
Decembro Yolanda Candocia

Un millón de grazas a tod@s.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido