Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Lingua Galega

Visita do escritor Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville

29/05/2019

O pasado xoves 25 de abril, o noso alumnado de 3º e 2º da ESO recibiu a visita do escritor Héctor Cajaraville, para falar do libro que leron ao longo destes últimos meses: “A caixiña dos rancores”.

Héctor Cajaraville

Visita do escritor Abraham Carreiro

Abraham Carreiro

29/05/2019

O pasado 27 de marzo, o alumnado de 1º da ESO, despois de ler  “Xoeliki, Os ordenadores secuestrados”, participou nunha charla - coloquio con Abraham Carreiro.

Ademais de gozar cos seus debuxos, o autor deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.

Abraham Carreiro

Obradoiro de regueifas

Lupe Blanco

29/05/2019

O  20 e o 21 de marzo, o alumnado de 1º da ESO asistiu a un obradoiro de regueifas impartido pola regueifeira Lupe Blanco.

Club de debate

Club de debate 2016Fai clic para ver máis fotos

21/01/2016

Un grupo formado por sete rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO vén de iniciar a súa andaina participando nunha nova edición do Club de Debate, un proxecto colaborativo promovido polos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos. O noso centro vai representar en solitario ao concello de Narón, competindo nunha primeira fase con centros de Ferrol e de Carballo. Poderemos manternos ao día do desenvolvemento desta iniciativa, a través da súa páxina de facebook.

Moitos ánimos a Israel, Lara, Gabriel, Paula, Tania, Rebeca e Estefanía!

Visita da escritora Andrea Maceiras

Andrea Maceiras

10/03/2014

Este luns, a petición do Departamento de Lingua Galega, Andrea Maceiras deu unha charla no noso centro aos alumnos de 2º de ESO. A súa visita débese a que estes alumnos escolleron como lectura obrigatoria o seu libro, Violeta Tamurana. Pareceunos interesante a súa visita non só porque podería explicar moi ben o proceso de creación da obra, senón tamén porque cremos que pode animar a todos os rapaces que teñan afección á lectura a escribir os seus propios textos, debido á xuventude e cercanía xeracional entre a escritora e o noso alumnado.

Despois das explicacións da escritora, os rapaces tiveron a oportunidade de facer preguntas ás que amablemente Andrea Maceiras respondeu e tamén foron moitos os que a ela se achegaron para que lles asinase o libro.

Moitas grazas, Andrea!!!

Lecturas para 1º e 2º de ESO. Curso 2013-2014

1º ESO

- As vacacións máxicas de John Liberty,  Xoán Babarro e Ana Mª Fernández, Ed. Alfaguara-Obradoiro.

- Cartas de inverno. Novela gráfica , Antonio Seijas. Ed. Xerais.

- Pel de lobo, Xosé Miranda, Ed. Xerais.

 

2º ESO

- ¡Maldito DNI!, Pepe Carballude, Ed. Xerais.

- Violeta tamurana, Andrea Maceiras, Baía Ed.

- Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais.

Mostra de teatro

16/11/2011

Un ano máis gozamos dunha xornada teatral no Auditorio e no Pazo da Cultura grazas á Mostra de Teatro  Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Os alumnos de Secundaria viron O Lazariño de Tormes do Teatro do Morcego e Trogloditas de Tanxarina.

Algúns de Primaria asistiron á representación de Teatro do Morcego coa obra O gato manchado e a andoriña señá.

E aínda falta algunha obra máis. Esperemos que lles gusten!

Visitando Santiago (3º e 4º ESO)

Á volta de Semana Santa, fomos de excursión cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega á Cidade da Cultura, ao Museo do Pobo Galego e á casa-museo de Rosalía en Padrón. Tivemos un día fabuloso e saíron unhas fotos ben chulas!

Aquí tedes un vídeo elaborado con elas por Ángel Soto de 4ºA.

excursión  a Santiago

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó 

14/05/2009

No marco da celebración do Día das Letras Galegas (este ano dedicado a Ramón Piñeiro), o Departamento de lingua e literatura galegas en colaboración con Normalización Lingüística, trouxemos ao noso centro ao contador de historias Cándido Pazó.

Este cómico vigués é coñecido polo seu traballo como autor teatral, director de escena, narrador oral e actor.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido