Saltar navegación.
Inicio

Lingua Galega

Mostra de teatro

16/11/2011

Un ano máis gozamos dunha xornada teatral no Auditorio e no Pazo da Cultura grazas á Mostra de Teatro  Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Os alumnos de Secundaria viron O Lazariño de Tormes do Teatro do Morcego e Trogloditas de Tanxarina.

Algúns de Primaria asistiron á representación de Teatro do Morcego coa obra O gato manchado e a andoriña señá.

E aínda falta algunha obra máis. Esperemos que lles gusten!

Visitando Santiago (3º e 4º ESO)

Á volta de Semana Santa, fomos de excursión cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega á Cidade da Cultura, ao Museo do Pobo Galego e á casa-museo de Rosalía en Padrón. Tivemos un día fabuloso e saíron unhas fotos ben chulas!

Aquí tedes un vídeo elaborado con elas por Ángel Soto de 4ºA.

excursión  a Santiago

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó no Feal

Cándido Pazó 

14/05/2009

No marco da celebración do Día das Letras Galegas (este ano dedicado a Ramón Piñeiro), o Departamento de lingua e literatura galegas en colaboración con Normalización Lingüística, trouxemos ao noso centro ao contador de historias Cándido Pazó.

Este cómico vigués é coñecido polo seu traballo como autor teatral, director de escena, narrador oral e actor.

Igualdade de dereitos para o galego

María Anca, 27/04/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística propón na súa páxina o envío de adhesións particulares solicitando ao novo goberno que non incumpra a lexislación con respecto á nosa lingua e manteña a defensa da oficialidade do galego.

Podedes atopar información en:

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Lecturas propostas para 4º de ESO

Curso 2015-2016

- Reencontro, Fred Uhlman, Ed. Galaxia.

- A música dos seres vivos, María Reimóndez, Ed. Xerais

- O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Ed. Xerais.

- O porco de pé, Vicente Risco, Ed. Galaxia.

- Europa express, Andrea Maceiras, Ed. Xerais.

- Agosto do 36, Manuel Fdz. Ferreiro, Ed. Xerais.

Os vellos non deben de namorarse, A.Rdz.Castelao,  Ed.  Galaxia.

- Unha estrela no vento, Ledicia Costas, Ed. Xerais.

- O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, Ed. Xerais.

- Rúa Carbón,  Marilar Aleixandre, Ed. Xerais.

- A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre, Ed. Xerais.

- As luces de setembro, Carlos Ruíz Zafón, Ed. Rodeira.

- O can dos Baskerville, Arthur Conan Doyle, Ed. Xerais.

- Chamando ás portas do ceo, Jordi Sierra i Fabra, Ed. Rodeira.

- O diario da outra maniática, Ann McPherson e Aidan Macfarlane, Ed. Xerais. 

- Todos somos, Marcos Calveiro, Ed. Xerais.

- A praia dos afogados, Domingo Villar, Ed. Xerais.

- O espírito do cabaleiro, Cornelia Funke, Ed. Xerais.

- Sete caveiras, Elena Gallego Abad, Ed. Xerais.

- O neno do pixama a raias, John Boyne, Ed. Factoría K. 

Lecturas propostas para 3º de ESO

Curso 2015-2016

Vapor , Tobery, Lea, Ed. Xerais.

 

- Europa express, Maceiras, Andrea, Ed. Xerais.

O pintor do sombreiro de malvas, Calveiro, Marcos,, Ed. Xerais.

- Todo vai ir ben, Gómez Xurxo, S., Ed. Xerais. 

- A neve interminable, Agustín Fdz. Paz, Ed.Xerais. 

- O faro de Arealonga, Casal, Uxía, Ed. Xerais. 

Aire negro, Fernández Paz, Agustín, Ed. Xerais. 

A fractura  do miocardio, Fansten, J. , Ed. Xerais. 

Dragal (I,II,III,IV), Elena Gallego Abad, Ed.Xerais.

- A ovella negra, Alapont, P. , Ed. Rodeira-Edebé. 

A banda sen futuro, Aleixandre, M., Ed. Xerais.

- A tripulación do pánico, Hernández, Pau Joan,  Ed. Rodeira. 

- Vento galerno, Yáñez Casal, Antonio, Ed. Xerais. 

- Alfagann é Flanagan, Martín, A.-Ribera, J., Ed. Xerais.

- Recinto gris, Ledicia Costas, J.D., Ed. Xerais. 

Diario cruzado de Xoán e Xohana, Magalhães-Alçada, Ed. Alfaguara. 

- Poderosa, Sergio Klein, Ed. Xerais. 

- Diario vermello de Flanagan, Ribera, Jaume, Ed. Galaxia 

- As lágrimas de Shiva, Mallorquí, C., Ed. Rodeira.

- Tristes armas, Marina Mayoral, Ed. Xerais.

- Quen matou a Inmaculada de Silva , Mayoral, M, Ed. Xerais.  

O contador de estrelas, Jaureguízar, Ed. Obradoiro- Santillana. 

 

Teatro para 3º e 4º de ESO

Bicos con Lingua

15/11/2008

Os alumnos de 3º e 4º ESO acudiron onte ao auditorio de Narón para asistir á representación de Bicos con lingua, da compañía ceense Talía.

Esta obra foi estreada en 2003 e o seu director é Avelino González. Interpretada por Artur Trillo e Toño Casais, esta montaxe recibiu o premio María Casares ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal, que foi elaborado polos escritores Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lema, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría. O obxectivo da peza é ofrecer ao espectador unha experiencia de redescubrimento da lingua galega.

Xa temos algún comentario do alumnado:

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido